Traducións da Biblia ao galego

traducións da Biblia á lingua galega

A primeira tradución da Biblia á lingua galega empezou en 1968 liderado pola editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos de Vigo), e publicouse en 1989.[1][2]

Historia das traducións editar

No século XIX, Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón, fixo traducir a varias linguas o Evanxeo de Mateu, e encargou unha tradución ao galego ao xornalista Vicente Turnes, mais o resultado considerouse demasiado castelán e encargouse unha segunda versión a un tradutor doutro xeito descoñecido, un galego residente en Londres, José Sánchez de Santa María.[3] A segunda versión está feita sobre a tradución castelá de Félix Torres Amat, e non sobre o texto grego. O libro leva un prólogo do príncipe editor titulado Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa.[4] Abondan na tradución galega os castelanismos morfolóxicos e sintácticos.[5]

Tralo Concilio Vaticano II comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia completa en lingua galega, e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, do que formaban parte Martín María Díaz, Xesús Ferro Ruibal, Anxo González Núñez, Emilio Losada Castiñeiras, Xosé Antón Miguélez Díaz, Francisco Pérez Santalices, Manuel Regal Ledo, Xosé Rodríguez Carballo, Xoán Carlos Rodríguez Herranz, Xosé Manuel Rodríguez Pampín e Xosé Antonio Salgado Agromartín.

En 1980 saíu a tradución do Novo Testamento, e a edición completa da Biblia en galego apareceu en 1989, tomada directamente do hebreo, arameo e o grego. En 1990 acadou o Premio Nacional de Tradución de España.[6]

No ano 2022 presentouse a cuarta edición da Biblia en galego.[7]

Notas editar

  1. Harald Kittel Ubersetzung, Translation, Traduction: Ein Internationales Handbuch 2011 Page 2015 "The aim of this 'Xeración' was to translate avant-garde texts that could help link an independent Galician culture with the wider European content. ... The Galician translation of the Bible was begun in 1968 and published in 1989. "
  2. Mouton De Gruyter Bilingualism and Linguistic Conflict in Trends in Romance linguistics and philology - Volume 5 - Page 167 Rebecca Posner, John N. Green - 1982 -"As a result, the first official version of the Roman Missal was published only in 1987, and a complete authorized version of the Bible in Galician appeared only in 1989. For instance, in popular Galician the Castilian words Dios 'God', iglesia 'church', pueblo 'people', arrodillarse 'to kneel' and (la) serial (de la Cruz) '(the) sign (of the Cross)' have almost completely replaced the traditional Galician forms Deus, ..."
  3. Vivacité et diversité de la variation linguistique - Page 62 Verlag Max Niemeyer, Walter De Gruyter Incorporated - 2000 Pre-Rexurdimento (S. XIX) El « Evangelio de San Mateo » traducido al dialecto gallego de la versión castellana de don Felix Torres Amat, por don José Sánchez de Santa María, fue un encargo del príncipelingüista Luís Luciano Bonaparte.
  4. Actes del I Conceyu Internacional de Lliteratura Asturiana Academia de la llingua asturiana (Oviedo, Espagne). 2003 Page 31 "El resultado es evidente: Bonaparte parece desconfiar del traductor y de la traducción, y en 1861 se publica una versión traducida por un desconocido, José Sánchez de Santa María, probablemente un gallego residente en Londres, versión ..."
  5. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7. 
  6. Víctor Freixanes (26 de outubro de 2014). "A Biblia en galego". La Voz de Galicia. 
  7. "Sae a cuarta edición da biblia en galego, con revisión lingüística". El Correo Gallego. 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar