Rebecca Posner
Rebecca Posner, nada o 17 agosto de 1929 e finada o 19 xullo de 2018,[1] foi unha filóloga, lingüista e académica británica especializada en linguas románicas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1929 |
Morte | 19 de xullo de 2018 (88 anos) |
Educación | Somerville College |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, lingüista, filóloga |
Empregador | Universidade de Oxford |
Traxectoria
editarRebecca Posner comezou os seus estudos universitarios no Somerville College da Universidade de Oxford en 1949. En 1958, na mesma universidade, defendeu a súa tese de doutoramento sobre fonética histórica baixo o título Consonantal Dissimilation in the Romance Languages e dirección do profesor Alfred Ewert. No curso 1956-1957 trasladouse a París, onde coñeceu a André Martinet e André-Georges Haudricourt, e dous anos despois á universidade de Yale, onde completou a súa formación universitaria.
Formada en filoloxía e lingüística, especializouse no estudo e investigación das variedades románicas. Foi no ámbito académico da Universidade de Oxford [2] onde desenvolveu como catedrática a parte máis importante da súa carreira académica. Profesora, editora dos 5 volumes de "Trends in Romance Linguistics and Philology", recensionista de máis dun cento de títulos, e animadora dos estudos lingüísticos e sociolingüísticos de corte estrutural, fíxose merecedora dunha distinguida posición dentro do campo da Romanística.
Os inicios da súa carreira estiveron ligados a varias outras institucións universitarias. Posner foi profesora asociada no Girton College, Cambridge, (1960–1963), na Universidade de Ghana (1963–1965), e na Universidade de York (1965–1978). En 1978, con 49 anos, gañou a cátedra de Linguas Románicas da Universidade de Oxford, desempeñándose como 'fellow' do St Hugh's College, Oxford, desde ese ano ata 1996. Durante todo este tempo foi investigadora do Oxford University Centre for Linguistics & Philology e dirixiu o Seminario de Lingüística Románica. Realizou estadías como profesora visitante na Columbia University (1971-1972); e na Princeton University, (1983-1984). Tras a xubilación en 1997, pasou a ser profesora emérita da Universidade de Oxford e honoraria do St Hugh's College.
Foi homenaxeada cun volume de contribucións académicas editado por dous dos seus antigos colegas, John N. Green e Wendy Ayres-Bennett: Variation and Change in French: essays presented to Rebecca Posner on the occasion of her sixtieth birthday (London, Routledge, 1990) e ocupou o cargo de presidenta da Philological Society de 1996 a 2000.
Vida persoal
editarReynolds é o apelido de solteira de Rebecca Posner. Casou en 1953 co economista Michael Posner (morto en 2006). Xuntos tiveron dous nenos: un fillo, Christopher, e unha filla, Barbara.
Obras selectas
editarLibros, monografías individuais e en colaboración
editar- Posner, Rebecca (1961). Consonantal Dissimilation in the Romance Languages. Oxford: The Philological Society. ISBN 978-0631062608.
- Posner, Rebecca (1966). The Romance Languages. A Linguistic Introduction. New York: Anchor Books, Double-Day.
- Posner, Rebecca; Iordan, Iorgu; & Orr, John (1970). An introduction to Romance linguistics. Its schools and scholars, with a supplement: Thirty years on, by Rebecca Posner. Oxford: Basil Blackwell.
- Posner, Rebecca & Green, John N. (Eds) (1980). Romance comparative and historical linguistics (Trends in Romance linguistics and philology 1). The Hague: Mouton de Gruyter Publishers.
- Posner, Rebecca & Green, John N. (Eds) (1981). Synchronic Romance linguistics.(Trends in Romance linguistics and philology 2). The Hague: Mouton de Gruyter.
- Posner, Rebecca & Green, John N. (Eds) (1982). Language and philology in Romance.(Trends in Romance linguistics and philology 3). The Hague: Mouton.
- Posner, Rebecca & Green, John N. (Eds) (1982). National and regional trends in Romance linguistics and philology.(Trends in Romance linguistics and philology 4). The Hague: Mouton.
- Posner, Rebecca & Green, John N. (Eds) (1993). Bilingualism and linguistic conflict in Romance.(Trends in Romance linguistics and philology 5). Berlin, New York: Mouton de Gruyter. ISBN 978-3-11-011724-0.
- Posner, Rebecca (1996). The Romance Languages. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0521236546.[3]
- Posner, Rebecca (1997). Linguistic Change in French. Oxford: Clarendon Press. ISBN 978-0198240365.
Artigos, capítulos de libros, recensións
editarEste artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: Os nomes de artigos deben ir entre aspas, segundo o Wikipedia:Libro de estilo#Títulos. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Posner, Rebecca (1957). A Note on the Concept of Neutralisation in Morphology. Travaux de l’Institut de Linguistique, 2, pp. 98–101.
- Posner, Rebecca (1965). Romance Imperfect and Conditional Endings — A Further Contribution. Studia Neophilologica, 37, pp. 3–10.
- Posner, Rebecca (1971). On Synchronic and Diachronic Rules: French Nasalisation. Lingua, 27, pp. 184–197.
- Posner, Rebecca (1973). Homonymy, Polysemy, and Semantic Change.Language Sciences, 27, pp. 1–8.
- Posner, Rebecca (1974). Ordering of Historical Phonological Rules in Romance. Transactions of the Philological Society, pp. 98–127.
- Posner, Rebecca (1975). Semantic Change or Lexical Change? In Diachronic Studies in Romance Linguistics. (pp. 177–182). The Hague: Mouton.
- Posner, Rebecca (1977). What Does Romance Linguistics Need? Linguistics, 197, pp. 67–72.
- Posner, Rebecca (1981). Lexical Gaps and How to Plug Them. In Language, Meaning and Style. Essays in Memory of Stephen Ullmann, (pp. 117–135). Leeds: Leeds University Press.
- Posner, Rebecca (1983). The Origins and Affinities of French Creoles: New Perspectives. Language and Communication, 3, pp. 191–201.
- Posner, Rebecca (1984). Creolization or Linguistic Change. The Behavioral and Brain Sciences, 7, pp. 204–205.
- Posner, Rebecca (1985). Creolization as Typological Change. Some Examples from Romance Syntax.” Diachronica, 2, pp. 167–188.
- Posner, Rebecca (1988). Linguistic Variation, Change and Typology in Romance.” In Energeia und Ergon. Studia in honorem Eugenio Coseriu, (vol 3, pp. 161–166). Tübingen: Narr.
- Posner, Rebecca (1989). Histoire de la linguistique romane: questions de méthodologie. In Actes du XVIII ème congrès de linguistique et philologie romanes, (vol 7, pp. 35–36). Tübingen: Niemeyer.
- Posner, Rebecca (1991). Linguistic Conflict between Romance Languages — and How to Resolve it. Journal of the Institute of Romance Studies, vol. 1, pp. 17–26.
- Posner, Rebecca (1993). Language Conflict or Language Symbiosis? Contact of other Romance Varieties with Castilian. In Hispanic Linguistic Studies in Honour of F. W. Hodcroft (pp. 89–106). Oxford: Dolphin Books.
- Posner, Rebecca (1994). Historical Linguistics, Language Change, and the History of French. Journal of French Language Studies, 4, pp. 75–97.
- Posner, Rebecca (1994). Romance Linguistics in Oxford 1840–1940, in: Lingua et Traditio. Geschichte der Sprachwissenschaft und der neueren Philologien. Festschrift für Hans Helmut Christmann zum 65. Geburtstag, hrsg. von Richard Baum, Klaus Böckle, Franz Josef Hausmann und Franz Lebsanft. (pp. 375–383). Tübingen: Narr. ISBN 3823341375 ISBN 978-3823341376.
- Posner, Rebecca (1996). Les théories du langage et la linguistique romane. In Actas do XIX congreso internacional de lingüística e filoloxía románicas,(vol. 8, pp. 335–421). A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
- Posner, Rebecca (1997). Galician within Romance and Europe. In Proceedings of the 4th International Conference on Galician Studies. University of Oxford, 26-28 September 1994. (vol I, pp. 23–36). Oxford: Oxford Centre for Galician Studies. ISBN 190-1393-01-1 / ISBN 190-1393-02-X
- Posner, Rebecca (2000). Modern Languages and Linguistics. In The History of the University of Oxford. Nineteenth-Century Oxford, (vol vii, part 2, pp. 413–427). Oxford: Clarendon Press.
- Posner, Rebecca (2001). Geschichte der vergleichenden romanischen Grammatiken / Histoire des grammaires romanes comparées.” In Lexikon der Romanistischen Linguistik, (1.1: Geschichte des Faches Romanistik, pp, 532–543). Tübingen: Niemeyer.
- Posner, Rebecca (2002). Review of La psychomécanique aujourd’hui. Actes du 8e colloque international de psychomécanique du langage, edd. Paolo de Carvalho, Nigel Quayle, Laurence Rosier, and Olivier Soutet (Paris: Champion, 2001). French Studies, 56, pp. 560–561.
- Posner, Rebecca (2004). Review of Béatrice Coffen, Histoire culturelle des pronoms d’adresse: vers une typologie des systèmes allocutoires dans les langues romanes (Paris: Champion, 2002). The Modern Language Review, 99, pp. 1066.
Notas
editar- ↑ "Rebecca Posner". Philological Society. 28 de xullo do 2018. Consultado o 16 de maio do 2019.
- ↑ Rebecca Posner, former Fellow of the College, has died at 88 Arquivado 14 de outubro de 2018 en Wayback Machine.. Publicada o 31 de xullo do 2018 por St Hugh's College, Oxford.|Consultado o 14 de maio do 2019.
- ↑ Rebecca Posner (5 de setembro de 1996). The Romance Languages. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-28139-3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Green, John N. & Ayres-Bennett, Wendy (1990). Variation and change in French : essays presented to Rebecca Posner on the occasion of her sixtieth birthday. London: Routledge. ISBN 0415046831. OCLC 203186902.
- Posner, Rebecca (1991). Je ne regrette rien. In: Wege in der Sprachwissenschaft. Vierundvierzig autobiographische Berichte. Festschrift für Mario Wandruszka. (pp. 187–191). Tübingen: Narr Francke Attempto. ISBN 978-3-823-34217-5.