Castelanismos morfosintácticos

Os castelanismos morfosintácticos no galego poden ser clasificados segundo a clase ou subclase de palabra á que afecten:

Castelanismos no substantivo

editar
  1. no xénero:*a legume por o legume, *o análise por a análise.
  2. no número:*ies por is, *tabúes por tabús

Castelanismos no artigo

editar
  1. emprego dos singulares *tódolo e *tódala.
  2. utilización da forma plena das preposición por e con no canto da crase: *por o camiño, *con a axuda
  3. alteracións no uso: antropónimos, posesivos,...
  4. emprego da forma masculina cos substantivos femininos: *o auga
  5. non usar o artigo cando corresponde: ás veces, de todas as formas, por todos os lados

Castelanismos no pronome persoal

editar
  1. utilización da forma plena das preposicións de e en cos pronomes el/es, ela/s.
  2. emprego de eu no canto de min, sobre todo en función oblicua (é máis alto ca *eu, por é máis alto ca min)
  3. substitución sistemática de si polas formas analíticas e non reflexivas (para el, con el, canda el).
  4. uso do pronome *elo.
  5. ausencia de connosco, convosco.
  6. desaparición dos valores de el (el pleonástico, reforzo interrogativo...).
  7. desuso de nosoutros, vosoutros, nosoutras, vosoutras.
  8. emprego da forma reflexiva co verbo afogar cando é unha acción fortuíta: *afogouse a consecuencia dunha cambra.
  9. emprego da forma reflexiva do verbo marchar cando non indica unha longa ausencia: *marchouse pola mañá e volveu pola tarde.
  10. uso do pronome reflexivo con verbo que porta o.d.: *laveime as mans.
  11. uso pronominal de verbos que non o son: rinse moito
  12. confusión te/che.
  13. emprego de lle, lles no canto de o, os.
  14. aparición dun reflexivo de interese inexistente: *non me creo o que contas, *non te merecías ese trato.
  15. uso de verbos de movemento como reflexivos cando non admiten a forma reflexiva: *caeuse da bicicleta, *subinme, *baixouse.
  16. casar, beber, comer, morrer, etc. non admiten nunca a forma reflexiva.
  17. ausencia do pronome de solidariedade.
  18. colocación falsa do pronome.

Castelanismos no demostrativo

editar
  1. non utilización das contraccións do demostrativo. En especial co indefinido outro.
  2. non utilización sistemática dos usos e valores especiais do demostrativo.
  3. *estos, *esos, *aquelos por estes, eses, aqueles
  4. non emprego dos valores de daquela
  5. ausencia de secuencias feitas tradicionais: con estas, nestas...

Castelanismos no posesivo

editar
  1. non utilización do artigo cando é de regra: este é o meu coche, o seu é esoutro
  2. desaparición do posesivo distributivo cadanseu(s), cadansúa(s): colleron cadansúa bicicleta, os partidos A e B conseguiron cadanseus cinco concelleiros
  3. utilización do posesivo e non do pronome persoal átono correspondente: reservou a nosa viaxe por reservounos a viaxe.

Castelanismos no indefinido

editar
  1. Emprego de *calquer, *calqueira, *quenqueira, *alguien
  2. emprego de algún/s, algunha/s en oracións negativas (*non me causou problema algún).
  3. O emprego de unhos ou unhes é unha forma correcta en galego, especialmente no bloque central. Fóra deses casos e deses usos patrimoniais, pode ser considerado castelanismo.

Castelanismos no relativo e interrogativo

editar
  1. emprego de *cuyo ou *cuio no canto de cuxo
  2. emprego de *quenes (non ten plural)

Castelanismos no verbo

editar
  1. substitución de paradigmas de tempos verbais polos do castelán: dea/*de, deas/*des,...; estea/*esté,...
  2. desaparición das alternancias do radical do tipo durmo, dormes, dorme..., sirvo, serves, serve.
  3. desaparición das alternancias do radical do tipo bebo, bEbes, bEbe... e como, cOmes, cOme...
  4. variacións na vogal temática: bater, combater, debater, concorrer, discorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, transcorrer, render, rexer, converter, xemer...
  5. castelanismos no presente e no perfecto dos verbos en -ecer e -ucir: *conduxen, *obedezca.
  6. castelanismo no presente dos verbos en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír: *traigo, *intuio
  7. alteración da 4ª persoa do perfecto dos verbos do segundo grupo: comemos / *comimos
  8. castelanismos nos temas de perfecto dos verbos irregulares
  9. castelanismo nos verbos en -er (<eer), e -ir (<iir): *lees, *ríes.
  10. alteracións na conxugación irregular: *cupo, *estuvo, *valdrei, *vades, *valga
  11. uso da cuarta persoa do presente do indicativo de vamos (imperativo) per imos.
  12. uso da perífrase ter + participio como forma composta de antepresente
  13. uso da perífrase haber + participio, especialmente en pluscuamperfecto.
  14. utilización da perífrase houbese + participio máis alá das súas posibilidades.
  15. redución do riquísimo sistema do galego de perífrases verbais
  16. uso da preposición a en construcións perifrásticas do tipo ir + infinitivo.
  17. desuso do infinitivo conxugado, mesmo en casos en que é obrigatorio.
  18. alteracións da natureza funcional do verbo:
  19. Recoméndase o emprego de recorrer como verbo intransitivo, coa preposición contra: *recorreu a sentenza.
  20. Uso reflexivo dos verbos rabuñar, calzar, cravar, lavar, afeitar... cando van acompañados de o.d. : *fíxenme un pantalón na costureira.
  21. Determinados verbos son empregados como transitivos cando, nun correcto galego, deberían empregarse como intransitivos: *cesaron o director, *foron cesados
  22. Informar é intransitivo cando significa ‘emitir un informe’ e está acompañado da preposición sobre: *informaron negativamente a petición. O mesmo acontece con dictaminar.
  23. Algúns verbos só son reflexivos nalgunha das súas acepcións (cerrar, coidar, correr, curar, endurecer, romper, saber... : *a tenda cerrouse por falta de clientes.
  24. Uso reflexivo de verbos que non o son en ningún caso: *morreuse o seu home.

Castelanismos no adverbio

editar
  1. redución do número de adverbios. Utilización exclusiva dos que existen en español.
  2. emprego de *mentras, *ahora.

Castelanismos na preposición

editar
  1. segundo termo da comparación, con nomes de parentesco, e con nomes propios de persoa: *vin teu irmán no cine, *matou ó gato.
  2. igualación de ata e deica e de sobre e encol de
  3. redución do sistema de preposicións. Empréganse exclusivamente as que se asemellan ó español ou teñen tradución directa e non outras como canda, onda, perante, malia,...
  4. aparición da preposición a na perífrase a + infinitivo
  5. aparición da preposición a indebidamente co o.d. en liñas xerais debe empregarse cando o o.d. é un pronome persoal tónico, o
  6. emprego de *hasta, *hastra, *sin, *según,...

Castelanismos nos nexos

editar
  1. uso da realización i da conxunción e ante consoante, o ou u: *i despois.
  2. uso erróneo de como e coma e de ca, que: é tan alto *como ti. Gasta máis *ca gaña.

Castelanismos na interxección

editar
  1. substitución das interxeccións polas castelás

Véxase tamén

editar