Timmy Mayer

piloto de automobilismo estadounidense

Timothy Andrew Mayer, nado en Scranton (Pensilvania) o 22 de febreiro de 1938 e finado en Longford (Australia) o 28 de febreiro de 1964 foi un piloto de carreiras estadounidense. Participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o 7 de outubro de 1962. Retirouse a causa dun fallo de ignición e non obtivo puntos de campionato.[1]

Modelo:BiografíaTimmy Mayer
Biografía
Nacemento(en) Timothy Andrew Mayer Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Dalton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Longford, Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata

Discogs: 590913 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu irmán máis vello, Teddy Mayer, foi un dos fundadores do equipo McLaren, con Bruce McLaren. Ambos irmáns viaxaron desde os Estados Unidos a Europa a comezos de 1960 co futuro gañador de dous grandes premios Peter Revson. As primeiras participacións nos campionatos de serie de McLaren foron nas Tasman Series de 1964, pilotando Timmy Mayer e o líder do equipo McLaren coches personalizados Cooper T70. Con todo, Mayer morreu na práctica da carreira final da serie, en Longford, Tasmania, cando perdeu o control a máis de 160 km/h fixo un trompo e golpeou contra unha árbore ao lado da pista. O seu coche desintegrouse, e faltou pouco para que os restos mataran a uns nenos pequenos que eran espectadores. Mayer morreu ao instante polo impacto. Houbo unha lápida na súa memoria situada a un costado da estrada onde morreu Mayer, pero trasladouse e agora vese, xunto co seu casco, no Country Club Hotel de Longford.

Rexistro de carreiras

editar

Campionato Nacional de SCCA

editar
Ano Pista Coche Motor Clase Final Saída Status
1962 Cooper Fórmula Júnior 1

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1962 Cooper Car Company Cooper T53 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA
Ret
RSA NC 0
Fonte:[1]

Resultados completos nas Tasman Series

editar
Ano Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 Ranq. Puntos
1964 Cooper T70 LEV
2
PUK
3
WIG
8
TER
2
SAN
4
WAR
3
LAK
Ret
LON
DNS
23
  1. 1,0 1,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 251. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

editar