Thomas Andrews (construtor naval)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Thomas Andrews Jr., nado o 7 de febreiro de 1873 en Comber, no condado de Down, finado o 15 de abril de 1912, foi un deseñador e construtor de barcos irlandés-británico.
Thomas Andrews | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1873 |
Lugar de nacemento | Comber, ![]() |
Falecemento | 15 de abril de 1912 |
Lugar de falecemento | RMS Titanic |
Causa | afogamento |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Royal Belfast Academical Institution |
Ocupación | arquitecto naval, empresario |
Pai | Thomas Andrews |
Nai | Eliza Pirrie |
Cónxuxe | Helen Reilly Barbour |
Fillos | Elizabeth Law Barbour Andrews |
Irmáns | J. M. Andrews |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Foi o director e xefe do departamento de construción de barcos da compañía Harland and Wolff en Belfast, Irlanda do Norte. Andrews e outro enxeñeiro chamado Alexander Carlisle foron os encargados do plan e da construción do famoso transatlántico RMS Titanic, ademais dos seus dous irmáns, propiedade da compañía White Star Line: o RMS Olympic e o HMHS Britannic. Cando Carlisle se retirou en 1910, Andrews ficou á cargo de rematar os deseños do Titanic e o Britannic. Viaxaba a bordo do Titanic durante a viaxe inaugural cando chocou contra un iceberg o 14 de abril de 1912 ás 23:40 e foi unha das 1.517 persoas que perderon a vida no naufraxio. Foi visto por última vez mirando unha pintura no cuarto de fumar de primeira clase, sen facer ningún intento para salvarse a si mesmo.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Andrews |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |