Tesouro de Frome
Moedas procedentes do tesouro de Frome.

· Data do depósito: finais do século XVII

· País: Estados Unidos.

· Descubridores: Stephen e Samuel Grindle.

· Lugar de aparición: Castine, Maine.

· Data do achado: principios da década de 1840.

· Composición: moedas europeas e coloniais.

· Materiais: ouro e prata.

· Conservación: Museo de Somerset.

O tesouro de Frome é un conxunto de 52.503 moedas do baixo Imperio Romano achado en abril de 2010 por Dave Crisp co seu detector de metais preto de Frome, en Somerset, Inglaterra.[1] As moedas estaban contidas nunha vasilla de cerámica de 45 cm de diámetro,[2] e datan dos anos 253 a 305 d.C. A maioría son de bronce e hai tamén algunhas de prata de baixa lei.[1]

Trátase dun dos tesouros máis grandes achados en Gran Bretaña, e tamén é salientable por ser o que contén o maior grupo de moedas emitidas durante o reinado de Carausio, que gobernou en Gran Bretaña de xeito independente desde 286 ata 293 e foi o primeiro emperador romano en cuñar moedas nas Illas Británicas.[1]

O Museo de Somerset en Taunton, utilizando unha subvención do Fondo Conmemorativo do Patrimonio Nacional (NHMF), adquiriu o tesouro en 2011 por un valor de 320.250 libras.[3]

Descuberta

editar

O tesouro foi descuberto o 11 de abril de 2010 en tanto que Crisp realizaba unha busca de metais nun campo próximo a Frome, onde xa achara outras moedas de prata do baixo Imperio Romano.[4] Inicialmente atopou 62 moedas soltas, probablemente provenientes dos restos dun tesouro disperso; no mesmo terreo agrícola xa se atoparan 111 pezas en 1867.[5]

 
Debuxo en sección da vasilla in situ, co oco onde esta se colocou, a vasilla pequena utilizada para formar unha tapa sobre a boca da máis grande, a materia orgánica e o pequeno furado escavado por Crisp.

Mentres buscaba máis moedas do tesouro disperso, o seu buscador de metais emitiu un sinal que el considerou como estraño e, ao escavar uns 35 cm, achou un pequeno antoniniano radiado e a parte superior dunha pequena vasilla.[2] Ao se decatar de que se trataba dun tesouro de moedas intacto, deixou de escavar e cubriu de terra o burato que fixera.[5] En 22 anos como afeccionado á procura con detector de metais, Crisp nunca fixera un achado tan rechamante.[6]

Escavación

editar

O 15 de abril, Crisp notificoulle o descubrimento a Katie Hinds, responsable de achados do programa gobernamental Portable Antiquities Scheme en Wiltshire.[7] O día 22 do mesmo mes, Hinds, xunto con Anna Booth —responsable de achados de Somerset— e Alan Graham —un arqueólogo independente contratado polo Consello do Condado de Somerset—, visitaron o lugar para levar a cabo unha escavación de emerxencia.[8] Esta escavación, desenvolveuse durante tres días, do 23 ao 25 de abril, e estivo dirixida por Graham e asistida por Hinds, Booth, Crisp e membros da familia do propietario dos terreos.[8][9][10][11][12][13]

 
O tesouro de Frome exposto no Museo de Somerset.

Graham escavou inicialmente unha gabia de 1,5 metros arredor do pequeno furado que Crisp cavara o primeiro día e identificou o foxo no que se depositara no seu momento a vasilla.[8] Primeiro escavou o recheo do foxo arredor do exterior do recipiente, e identificou materia orgánica que puido representar un material de embalaxe para o protexer cando foi depositado. Nese momento puido determinar que a vasilla rompera in situ moito antes da súa descuberta.[1]

A seguir, centrou a súa escavación na vasilla propiamente dita. Por mor do elevado peso do seu contido, da necesidade dunha escavación rápida por motivos de seguridade e da dificultade de levantar a vasilla rota co contido no seu interior —que sería o método arqueolóxico preferente, para poder acceder ao seu contido en condicións controladas de laboratorio—, tomouse a decisión de escavar as moedas sobre o terreo. As moedas extraéronse por capas, método co que se esperaba determinar se existía algún padrón cronolóxico na súa disposición, é dicir, se as moedas máis antigas estaban na parte inferior e as máis recentes na superior.[1] As moedas recolléronse en 66 bolsas etiquetadas, e en total pesaron aproximadamente 160 kg.[5] Graham escavou e rexistrou os achados, e os demais embolsaron as moedas á medida que Graham as ía sacando. Por mor do peso das moedas, crese que non tería sido posible transportar a vasilla chea, xa que esta racharía con toda probabilidade e as moedas acabarían esparexidas.[9]

Logo do levantamento do tesouro, contratouse un equipo de xeofísica arqueolóxica para que investigase a zona circundante, pero non se atoparon indicios de asentamento.[14]

Orixe do depósito

editar

Tradicionalmente, crese que a maioría dos tesouros romanos foron soterrados polos seus propietarios orixinais para a súa custodia,coa intención de seren recuperados nalgún momento posteriormente.[15] Con todo, o arqueólogo e numismático Sam Moorhead, do Portable Antiquities Scheme, suxeriu que neste caso a vasilla era tan grande e fráxil que non podería ter sido recuperada doadamente sen rompela, polo que o tesouro podería representar máis ben unhas ofrendas votivas comunais aos deuses.[16][17]

Contido

editar
 
Reverso dun denario de prata de Carausio procedente do tesouro, que amosa dúas mans unidas, símbolo da unión do gobernante e o exército.

As moedas, de 67 tipos distintos, datan do período abranguido entre os anos 253 e 305. A gran maioría son de bronce, e unicamente cinco son de prata maciza.[18]

Das 52.503 moedas achadas identificáronse 44.245, e as restantes clasificáronse provisoriamente como "ilexibles", pendentes de que se completase o seu proceso de limpeza conservación. Das moedas identificables, 14.788 foron cuñadas baixo o Imperio Romano central, 28.377 baixo o Imperio Galo escindido, e 766 baixo o Imperio Británico de Carausio, como se amosa na táboa que segue.[1]

Arredor do 5 % das moedas identificadas son do período de Carausio, que gobernou Britania desde 286 ata 293,[1] e o tesouro inclúe cinco denarios de prata emitidos tamén por Carausio, que eran o único tipo de moeda de prata que se cuñaba no Imperio Romano naquela época.[16]

Táboa das moedas do tesouro
Reinado Datas Cantidade Imperio
Valeriano e Galieno (conxunto) 253-260 46 Imperio Central
Galieno (só) 260-268 6.091 Imperio Central
Salonina (muller de Galieno) 260-268 404 Imperio Central
Claudio II 268-270 5.421 Imperio Central
Claudio II (Divus Claudius) 270-271 1.227 Imperio Central
Quintilo 270 333 Imperio Central
Aureliano 270-275 266 Imperio Central
Severina (muller de Aureliano) 270-275 13 Imperio Central
Tácito 275-276 252 Imperio Central
Floriano 276 10 Imperio Central
Probo 276-282 619 Imperio Central
Caro 282-283 8 Imperio Central
Caro (Divus Carus) 283 5 Imperio Central
Magnia Urbica (Muller de Caro) 282-283 2 Imperio Central
Carino 282-285 19 Imperio Central
Numeriano 283-284 12 Imperio Central
Diocleciano 285-305 38 Imperio Central
Maximiano 286-305 22 Imperio Central
Póstumo 260-269 257 Imperio Galo
Laeliano 269 4 Imperio Galo
Mario 269 35 Imperio Galo
Vitorino 269-271 7.494 Imperio Galo
Vitorino (Divus Victorinus) 271 14 Imperio Galo
Tétrico 271-274 12.416 Imperio Galo
Tétrico II 272-274 5.203 Imperio Galo
[Incerto] 2.954 Imperio Galo
Carausio 286-293 766 Imperio da Britania

Conservación

editar
 
Roger Bland, Dave Crisp e Sam Moorhead.

O 26 de abril, Sam Moorhead, na súa condición de asesor de achados de moedas romanas e da Idade de Ferro do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e Roger Bland, xefe do Departamento de Antigüidades e Tesouros Portátiles desa mesma institución, desprazáronse a Frome para recoller as moedas escavadas e leváronas ao Museo Británico, en Londres.[5]

Durante as seis semanas seguintes, a conservadora de metais desa institución, Pippa Pearce, lavou e secou todas as moedas para as estabilizar, mais non realizou unha conservación completa, que tería custado 35.000 libras máis.[4][5]

Investigación e valoración

editar

O 22 de xullo de 2010 tivo lugar unha investigación forense sobre o tesouro, que concluíu que o achado se trataba efectivamente dun tesouro e, xa que logo, propiedade da Coroa.[17] Malia iso, en virtude da Lei do Tesouro de 1996, un museo podía adquirir o tesouro a un prezo determinado oficialmente, e a metade dos ingresos destinaríase ao descubridor e a outra metade ao propietario do terreo. o Servizo de Patrimonio do Consello do Condado de Somerset indicou que desexaba adquirir o tesouro e expor as moedas no novo Museo de Somerset en Taunton, cando se reabrise en 2011.[19]

En outubro de 2010, o tesouro foi valorado polo Comité de Valoración de Tesouros en 320.250 libras esterlinas, e o Fondo de Arte lanzou un chamamento público. O propio Fondo de Arte achegou 40.250 libras esterlinas iniciais, en tanto que o Museo Británico doou 50 peniques por cada exemplar vendido do seu libro sobre o tesouro.[20][21] Finalmente, coa axuda dunha subvención do Fondo Conmemorativo do Patrimonio Nacional, que incluía 105.000 libras esterlinas para traballos de conservación,[22] o Museo de Somerset en Taunton adquiriu o tesouro en 2011.[3]

Exposición ao público

editar
 
Dave Crisp na Biblioteca de Frome o 22 de xullo de 2010, sostendo unha bandexa con moedas do seu achado.

Inicialmente expúxose unha selección das moedas no Museo Británico o 8 de xullo de 2010 para un photocall de prensa,[1] e o tesouro completo foi exposto posteriormente no propio Museo Británico entre o 15 de xullo e o 31 de agosto de 2010.[23] Algunhas das moedas expuxéronse tamén na Biblioteca de Frome o 22 de xullo de 2010,[24] e novamente o 23 de outubro de 2010.[21]

O achado incluíuse no programa de televisión da BBC Two Digging for Britain, presentado por Alice Roberts, en agosto de 2010.[6]

O tesouro pasou a estar exposto de xeito permanente no Museo de Somerset cando este reabriu as súas portas o 29 de setembro de 2011.[25]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Booth, A. (2010). "The Frome Hoard". Portable Antiquities Scheme. 18 de outubro.
  2. 2,0 2,1 "Huge Roman coin find for hobbyist". En BBC. 8 de xullo de 2010.
  3. 3,0 3,1 "Frome Hoard of Roman coins to stay in Somerset". En BBC. 21 de marzo de 2011.
  4. 4,0 4,1 "£320,250 needed to save Frome Hoard for Somerset". Portable Antiquities Scheme. 17 de outubro de 2010.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Moorhead, S. (2010). "The Frome Hoard – The largest pot of Roman coins ever found in Britain". British Museum Book club. 30 de setembro.
  6. 6,0 6,1 "Roman hoard of coins, The Romans, Series 1, Digging for Britain - BBC Two". En BBC. 16 de setembro de 2010.
  7. Hinds, K. (2010). "The phonecall". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo.
  8. 8,0 8,1 8,2 Booth, A. (2010). "Anna – Day one". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo.
  9. 9,0 9,1 Booth, A. (2010). "Anna – Day three". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo.
  10. "Katie - Day one". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo de 2010.
  11. "Katie - Day two". Portable Antiquities Scheme.
  12. "Anna - Day two". Portable Antiquities Scheme. 5 de xullo de 2010.
  13. "Katie - Day three". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo de 2010.
  14. Booth, A. "The Frome Hoard: Geophys". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo de 2010.
  15. Galestin, M. (2001). "Interpretations of Roman Coin Hoards". En A. J. Nijboer (ed.). Interpreting Deposits: linking ritual with economy: papers on Mediterranean archaeology. Caecvlvs IV. Peeters Publishers. Páxinas 81-98. ISBN 978-90-367-1297-2
  16. 16,0 16,1 Booth, A. (2010). "Metal-detectorist finds largest pot of Roman coins from Britain". Portable Antiquities Scheme. 8 de xullo.
  17. 17,0 17,1 "Coroner decides Frome Roman coin hoard is treasure". En BBC News. 22 de xullo de 2010.
  18. Adams, S. (2010). "Roman coin hoard found, the weight of two men". En The Telegraph. 8 de xullo.
  19. "Hoard of Roman coins unearthed". En Somerset County Gazette. 8 de xullo de 2010.
  20. Moorhead, S.; Booth, A.; Bland, R. (2010). The Frome Hoard. British Museum Press. ISBN 978-0-7141-2334-9
  21. 21,0 21,1 Kennedy, M. (2010). "Roman coin hoard valued at £320,250". En The Guardian. 17 de outubro.
  22. Kennedy, M. (2011). "Somerset and Edinburgh Museums to keep archaeological treasure". En The Guardian. 21 de marzo.
  23. Booth, A. (2010). "Frome coins on display and a gallery talk". 15 de xullo.
  24. "Coin hoard goes on public display at Frome Library". En BBC News. 15 de xullo de 2010.
  25. "Frome Hoard goes on display at Museum of Somerset". En BBC News. 29 de setembro de 2011

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar