Abrir o menú principal

Caius Pius Esuvius Tetricus, mellor coñecido como Tétrico II, era o fillo de Tétrico I, emperador do Imperio das Galias (270-274). No ano 273 foi elevado ao rango de César co título de princeps iuventutis, e en xaneiro de 274 comezou o seu primeiro consulado. Logo da derrota e deposición de seu pai, no outono de 274, apareceu como prisioneiro no triunfo de Aureliano.

Tétrico II
TetricusIIanton(CNG).jpg
Moeda co rostro de Tétrico II
Nacementoséculo III
NacionalidadeRoma Antiga
OcupaciónRoman usurper
PaiTétrico
editar datos en Wikidata ]