Unha ofrenda votiva é un obxecto deixado nun lugar sagrado por motivos rituais. Estes obxectos son unha característica de sociedades modernas e antigas, e adoitan facerse para gañar o favor de forzas sobrenaturais, como testemuñan as fontes históricas gregas e romanas, se ben actos semellantes seguen a facerse na actualidade,[cando?] como os pozos dos desexos ou as chamas votivas.

Coroa votiva do rei visigodo Recesvinto († 672), parte do Tesouro de Guarrazar. Museo Arqueolóxico Nacional de España (Madrid).

Ofrendas en Europa

editar

As ofrendas máis antigas datan do neolítico, con tesouros de machados puídos, e acadaron o seu apoxeo a finais da Idade de Bronce. Artefactos valiosos como espadas e puntas de lanza eran soterrados ou guindados en masas de auga, de xeito que non puidesen ser recuperados.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.