Anatema

condena relixiosa

Anatema é a condena ou excomuñón formal, pola cal o acusado é considerado herexe e apartado da Igrexa.[1] Estes significados veñen do Novo Testamento,[2] onde un anatema era unha persoa ou cousa maldita ou condenada por Deus.[3] No Antigo Testamento, un anatema era algo ou alguén dedicado a Deus como sacrificio,[4] ou maldito e separado de Deus por mor do pecado.[5] Estes representan dous tipos de separación, un para a devoción, o outro para a destrución.

Unha mención de anatema no Códice Southwick, un texto medieval en inglés antigo.

Por extensión, este termo tamén é usado na actualidade para condenar o comportamento de alguén, sen ser por motivos relixiosos.

Etimoloxía editar

Anatema deriva do grego antigo : ἀνάθεμα ,[6]  anáthema , que significa "unha ofrenda" ou "calquera cousa dedicada",[7] deriva en si do verbo ἀνατίθημι , anatíthēmi , que significa "ofrecer". No Antigo Testamento, חֵרֶם ( chērem ) referíase tanto aos obxectos consagrados ao uso divino como aos dedicados á destrución en nome do Señor, como os inimigos e as súas armas durante as guerras relixiosas. Dado que as armas do inimigo eran consideradas profanas, o significado converteuse en "calquera cousa dedicada ao mal" ou "unha maldición".

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "anatema". academia.gal. Consultado o 2024. 
  2. "Bible Gateway passage: 1 Corinthians 16:22 - Douay-Rheims 1899 American Edition". biblegateway.com. Consultado o 2023. 
  3. "Anathema". biblestudytools.com. Consultado o 2023. 
  4. "Bible Gateway passage: Leviticus 27:28 - English Standard Version". biblegateway.co. Consultado o 2023. 
  5. "Bible Gateway passage: Deuteronomy 7:26 - Douay-Rheims 1899 American Edition". biblegateway.com. Consultado o 2023. 
  6. "ἀνάθεμα". perseus.tufts.edu. Consultado o 2017. 
  7. "anathema". merriam-webster.com. Consultado o 2016.