Marco Claudio Tácito

emperador romano entre 275 e 276

Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.

Marco Claudio Tácito
Nacemento200
Lugar de nacementoTerni
Falecementoxuño de 276
Lugar de falecementoTyana
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
IrmánsMarco Ânio Floriano
Na rede
Find a Grave: 36965568 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Moeda romana (antoniniano) coa representación do emperador

Ó morrer este, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.

Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M. Annio Floriano, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a volver de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres, segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares, segundo outros. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, que foi aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, quen, vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Imperio Romano

Segue a:
Aureliano
Marco Claudio Tácito
Precede a:
Probo
Emperadores Ilirios