Vitorino
Marcus Piavonnius Victorinus foi emperador do Imperio Galo entre os anos 268 ao 271. Fixo toda a súa carreira militar baixo o mandato de Póstumo, do cal chegou a ser tribunus preaetorianun.
Vitorino | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século III |
Lugar de nacemento | Galia |
Falecemento | 271 |
Lugar de falecemento | Colonia Claudia Ara Agrippinensium |
Nacionalidade | Roma Antiga e Império das Gálias |
Ocupación | político |
Nai | Vitória |
Fillos | Victorinus Junior |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Morto Póstumo, o nomeado foi Mario, pero foi asasinado os poucos días da súa elección, e as tropas elixiron entón a Victorino en Augusta Treverorun(Tréveris), a capital de Póstumo.
Logra ser recoñecido na Galia e na Britania, pero non así en Hispania, que pasa de novo as mans de Roma. Claudio II o Gótico, emperador en Roma trata de tomar o control da Galia, pero Victorino defende o seu territorio rexeitando todos os intentos de anexión. Traslada a súa capital a Colonia, cidade onde foi asasinado por Atiliano, mais por cousas persoais que por unha loita polo poder, xa que o acusaba de ter seducido a súa dona.
A súa nai Victorina aínda conservaba certa influencia, e consegue mediante subornos que deifiquen o seu fillo e que Tetrico I sexa elixido como novo emperador galo.