Santiago Cazorla

futbolista español

Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Oviedo, da Segunda División.

Modelo:BiografíaSantiago Cazorla

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Santi Cazorla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Santiago Cazorla González Editar o valor en Wikidata
13 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Q113674844 Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Peso66 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2004   Villarreal CF B 40(4)
2003–2006   Villarreal Club de Fútbol 54(2)
2006–2007 cesión   Recreativo de Huelva 34(7)
2007–2011   Villarreal Club de Fútbol 127(23)
2011–2012 Málaga Club de Fútbol 38(9)
2012–2018 Arsenal F.C. 129(25)
2018–2020   Villarreal Club de Fútbol 70(15)
2020–2023 Al-Sadd Sports Club 55(23)
2023–   Real Oviedo
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2006   España sub-21 7(0)
2008–2019   España 81(15)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm5521981 Twitter: 19SCazorla FIFA: 297705 UEFA: 72644 Editar o valor en Wikidata

Foi 81 veces internacional coa selección española, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012.[1]

Traxectoria

editar

Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.

No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.

No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.

No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.[2]

Selección nacional

editar

Foi 7 veces internacional coa selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa selección absoluta para a Eurocopa 2008 disputada en Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañou a Alemaña con gol de Fernando Torres.

Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.

Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.

Palmarés

editar
Villarreal
Arsenal
Al Sadd
Selección española

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar