Abrir o menú principal

Acre, Israel

(Redirixido desde "San Xoán de Acre")

Coordenadas: 32°55′40″N 35°4′54″L / 32.92778, -35.08167

Acre, Israel
עַכּוֹ
عكّا
Coat of arms of Acre, Israel.svg
Akkon hafen altstadt israel datafox.jpg
Cidade Vella dende o porto
Localización
Acre en Israel
Acre
Acre
PaísFlag of Israel.svg Israel
DistritoDistrito Norte
Xeografía
Superficie10,3 km²
Demografía
Poboación47 200 hab. (2012)
Densidade4 446,6 hab/km²
Outros datos
AlcaldeShimon Lankri
Páxina oficial

Acre[1] (en hebreo: עכו, "Akko"; en árabe: عكّا, "Akkā") é unha cidade de Israel, situada no Distrito do Norte, na beira do mar Mediterráneo. En 2003 tiña 45 600 habitantes, 75 % de xudeus e 25% árabes. Acre é a sede do xefe da Fe Bahá'í.

HistoriaEditar

Véxase tamén: Cerco de Acre de 1291.

Acre identifícase coa Aak, cidade tributaria de Thutmose III e coa Akka dos rexistros de Amarna. No Antigo Testamento aparece unha vez co nome de Acco. No ano 700 a.C. a cidade caeu en poder dos asirios. No 332 a.C. conquistouna Alexandre Magno, e no século III a.C. Tolomeo II.

En 638 os árabes fixéronse co control da cidade ata que os cruzados a conquistaron no 26 de maio de 1104, dándolle o nome de San Xoán de Acre. Reconquistada por Saladino no 1187, cercada sen éxito por Guy de Lusignan no 1189, e de novo conquistada por Ricardo Corazón de León no 1191. Convertida en capital do que quedaba do Reino de Xerusalén. En 1229 foi posta baixo o control dos Cabaleiros Hospitalarios. No ano 1291 os mamelucos conquistan a cidade.

En 1517 captúraa Selim I para o Imperio Otomán, e a cidade entrou nun período de decadencia. A fins do século XVIII comeza a se recuperar baixo o goberno de Daher El-Omar, o sheikh local, o seu sucesor Jezzar Pasha, gobernador de Damasco, fortificouna. Napoleón cercou a cidade no ano 1799 durante dous ata que foi expulsado polos turcos, axudados por unha forza naval británica.

Dende 1918 os británicos gobernaron a cidade ata que en 1948 se integrou en Israel.

Cidade vella de Acre
 
Torre de Acre
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Israel
TipoCultural
CriteriosII, III, IV
Inscrición2001 (25ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1042

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. «Acre». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 44. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.