Robert W. Woolley

político estadounidense, director da US Mint


Robert Wickliffe Woolley, nado en Lexington, Kentucky, o 29 de abril de 1871 e finado en Frankfort, no mesmo Estado, o 15 de decembro de 1958, foi un político demócrata estadounidense que ocupou a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1915 e 1916.

Infotaula de personaRobert W. Woolley

Robert W. Woolley en 1917
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1915-1916)

Biografía
Nacemento29 de abril de 1871
Lexington.
Kentucky.
Morte15 de decembro de 1958 (87 anos)
Frankfort.
Kentucky.
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Kentucky.
Universidade de Fordham.
Actividade
OcupaciónPolítico e alto funcionario.
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 20008721 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Woolley naceu en Lexington, no condado de Fayette, Kentucky, o 29 de abril de 1871,[1] fillo de Lucy McCaw e de Franklin Waters Woolley, nunha familia de tradición política.[2]

Cursou estudos superiores na Universidade de Kentucky entre 1886 e 1887, e na Universidade de Fordham entre 1887 e 1889.[1][2]

Carreira xornalística editar

Posteriormente traballou como reporteiro en diversos xornais, como o Lexington Leader (1893), o Chicago Trubune (1896-1897) e o New York Word (1897-1905 e 1907-1909),[1] e colaborou na fundación do Club Nacional de Prensa.[2]

Carreira política editar

Woolley era un membro activo do Partido Demócrata e exerceu como director de publicidade da Convención Nacional Demócrata en 1912. Entre 1913 e 1915 foi auditor do Tesouro no Departamento de Interior.[1][2]

 
Medalla da Casa da Moeda dos Estados Unidos dedicda ao seu director, Robert W. Woolley, deseñada por George T. Morgan (1916).

En 1915 foi nomeado polo presidente Woodrow Wilson director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e dirixiu o proceso de emisión das moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, en San Francisco.[2] En 1916 renunciou a este cargo para participar na campaña de reelección do presidente Wilson, durante a que presidiu a Oficina de Publicidade do Comité Nacional Demócrata.[1] A el atribúeselle o éxito do slogan "Con honra, mantívonos fóra da guerra".[2]

En 1916 foi membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[3]

En 1911 Woolley foi o investigador xefe do Comité Stanley, que investigou o asunto da U.S. Steel Corporation e amosouse crítico coa política enerxética dos EEUU.[4] Tamén foi membro do Comité Interestatal de Comercio entre 1917 e 1921.[1][2]

Posteriormente exerceu a avogacía no despacho Esch, Kerr, Woolley & Shipe, entre 1929 e 1934, e participou como delegado nas Convencións Nacionais Demócratas de 1936 e de 1940.[1][5]

Vida familiar editar

Robert W. Woolley casou o 20 de abril de 1900 con Marguerite Holmes Trenholm (1878-1936), con quen tivo catro fillas;[1] unha delas, Frances (1914-2003) foi a nai do futuro gobernador de Virxinia Charles S. Robb.[6]

Woolley morreu en Frankfort, Kentucky, e foi soterrado no cemiterio de Fairfax, Virxinia.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Smith, P. (2012).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.
  3. The Numismatist. Maio de 1916. Páxina 226.
  4. Woolley, R. W. (1920). "What Fuel Conservation Means to America". En The Annals of the American Academy of Political and Social Science. Vol. 87. Xaneiro. Páxinas 112-117.
  5. "Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.
  6. 6,0 6,1 "Robert Wickliffe Woolley". Findagrave.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
George E. Roberts
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1915-1916
Sucesor:
F. H. von Engelken