O slogan[1] é unha frase simple, curta, orixinal e impactante que acompaña ao logotipo ou á marca, dando a coñecer o atractivo desta mediante numerosos recursos estilísticos como a onomatopea. Este, debe mostrar os beneficios principais que o diferencian doutras marcas ou produtos e crear no consumidor unha necesidade de compra.

A finalidade principal do slogan é perdurar o máximo tempo posible na mente do consumidor.

Características formaisEditar

  1. Economía linguística[2]: Debe ser unha frase curta, sinxela e directa. Debe resumir o significado do que se quere transmitir na mínima expresión posibel, para desta forma favorecer a memorabilidade.
  2. Estética:[2] Deben ser atractivos non unicamente desde o sentido semántico, senón tamén desde o formal. Empregando diferentes recursos estilísticos, debe ser apegadiza para que se fixe na mente do consumidor.
  3. Concisión:[2] Debido a importancia da selección das palabras adecuadas en función dos obxectivos, para así mostrar os beneficios do produto, marca ou servizo, mostrando a súa efectividade fronte os seus competidores e crear unha necesidade de compra.
  4. Sonoridade: [2]Para facilitar o recordo, pode acompañarse de imaxes, ritmos...

Tipos de sloganEditar

DescritivoEditar

Os slogans descritivos[3] levan a cabo unha descrición das características ou vantaxes dun produto, servizo ou marca.

En forma de ordeEditar

Este tipo de slogans adoitan ser moi útiles debido ao seu carácter de transmisión dunha orde directa e concreta.

EmocionalEditar

Os slogans emocionais[3], tamén coñecidos como "slogans persuasivos", buscan conmover ao espectador e encamiñalo á compra dun ben ou servizo guiado polos seus sentimentos e emocións.

A súa finalidade é que o público cree un lazo ou asociación sentimental coa marca.

Co nome da marcaEditar

Este tipo de slogans contribúen a reforzar o recordo da marca na mente do consumidor debido á súa alusión expresa, unha característica que aumenta a efectividade do mesmo.

NotasEditar

  1. "Slogan: 67 eslóganes famosos y creativos para inspirarte a hacer uno". Rock Content - ES (en castelán). 2019-03-30. Consultado o 2022-01-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gualda, M. V. R., & Romero, M. V. (2005). Lenguaje publicitario. Ariel.
  3. 3,0 3,1 Sordo, Ana Isabel. "Los 69 eslóganes más creativos (y lo que tienen en común)". blog.hubspot.es (en castelán). Consultado o 2022-01-22.