The Numismatist
The Numismatist é unha revista numismática estadounidense de periodicidade mensual editada pola American Numismatic Association (ANA). A revista contén artigos acerca das moedas, as medallas, as fichas comerciais, os billetes e outras cuestións relacionadas coa numismática. Todos os membros da ANA reciben The Numismatist como parte dos beneficios da súa afiliación.
The Numismatist | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lugar | Colorado Springs, Colorado. |
Lingua | Inglés. |
Especialidade | Numismática |
Fundación | 1888. |
Fundador | George F. Heath. |
Última edición | Vixente. |
Desenvolvemento | |
Editor | Caleb P. Noel. |
Editorial | American Numismatic Association |
Publicador | American Numismatic Association. |
Circulación | |
Frecuencia | Mensual. |
ISSN | 0029-6090 |
OCLC | 01713845 |
Na rede | |
http://www.money.org/communications/the-numismatist.aspx e https://reader.exacteditions.com/magazines/21950/issues/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO primeiro exemplar da revista foi un folleto de catro páxinas publicado en 1888 polo coleccionista de moedas George F. Heath en Monroe, Míchigan, baixo o título orixinario de The American Numismatist,[1] aínda que xa no segundo número, publicado en marzo de 1890, se lle reduciu o nome ao actual The Numismatist [2] (durante unha breve época posterior titulouse tamén simplemente Numismatist).[3]
O 16 de xuño de 1908 Heath morreu repentinamente e o que daquela era presidente da American Numismatic Association, Farran Zerbe, asumiu o empeño de seguir editando The Numismatist, e de camiño lles comprou aos herdeiros de Heath a cabeceira, que era da súa propiedade. En 1911, o canadense de Montreal W. C. C. Wilson mercoulle ao novo propietario a titularidade de The Numismatist e púxoa ao dispor da ANA. Desde esa data a revista é propiedade da asociación e publícase con periodicidade mensual.[3][4]
En decembro de 2015, a ANA anunciou que concluíu a dixitalización de todos os números anteriores de The Numismatist desde o primeiro en 1888, o que supón un total de 110.000 páxinas.[5]
Á parte da súa difusión entre os socios da ANA, en outubro de 2019, a cadea de librarías Barnes & Noble anunciou que The Numismatist se vendería en máis de 600 dos seus establecementos por todo o país, para aumentar a súa circulación.[6]
En abril de 2020, a súa editora xefa Barbara J. Gregory retirouse logo de 32 anos no cargo e 39 anos como membro do equipo de dirección da revista, e foi sucedida por Caleb Noel.[7]
Contido
editarThe Numismatist componse de varias seccións centradas nunha ampla variedade de temas, que se complementan coas cartas do presidente da ANA e do editor, e cun obituario dos membros da asociación finados nese período. Estas son algunhas das súas seccións fixas:[8]
- USA Coin Album: a cargo de David W. Lange, centrada nas series vixentes de moedas dos EEUU.
- American Classics: versa sobre series de moedas xa fóra da circulación.
- Auctions: acerca das poxas numismáticas máis salientables ao longo da historia.
- News & Notes: centrada nas novas emisións da US Mint e doutras casas de moeda do mundo.
- ANA News: novas e acontecementos relevantes para a American Numismatic Association.
- Money Museum: céntrase na actualidade do museo numismático Edward C. Rochette.[9]
- Bookmarks: recensións de novidades editoriais do ámbito numismático.
- Counterfeit Detection: a cargo da Numismatic Guaranty Corporation, acerca da detección de falsificacións de moedas.
- Coins and Collectors: sección de Q. David Bowers sobre historia numismática.
- Around the World: un repaso das principais convencións comerciais celebradas en todo o mundo.
- Early American Money: a cargo de Ray Williams, centrada na moeda estadounidense dos períodos colonial, poscolonial e dos primeiros tempos da unión.
- Numismatic Chronicles: a cargo de Nancy Oliver e Richard Kelly, sobre series de moedas históricas e tesouros monetarios.
- Getting Started: sección dedicada aos que se inician no coleccionismo numismático.
- Quiz Quarters: variedades, xogos e pasatempos.
- Humor: sección a cargo de Jerry Cestkowski
Notas
editar- ↑ Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 1 (setembro-outubro 1888).
- ↑ Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 2 (marzo 1990).
- ↑ 3,0 3,1 Klinger, D. (2011). "The American Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 14. Nº 2. 9 de xaneiro.
- ↑ "ANA History. 125 Years of Collecting with the American Numismatic Association". No sitio web da ANA.
- ↑ "ANA puts ‘The Numismatist’ issues online". En Numismatic News. 30 de novembro de 2015.
- ↑ "Barnes & Noble to sell The Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 38. 22 de setembro de 2019.
- ↑ "Longest-Running Editor-in-Chief of ANA’s Numismatist Retires Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Week. 25 de marzo de 2020.
- ↑ Acceso en liña ao número actual: prema aquí.
- ↑ "Edward C. Rochette Money Museum". American Numismatic Association.