David W. Lange

numismático estadounidense
Non confundir con David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (1984-1989).



David Walter Lange, nado en San Francisco, California, o 29 de agosto de 1958 e finado en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, foi un numismático estadounidense.

Infotaula de personaDavid W. Lange
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1958
San Francisco, California.
Morte16 de xaneiro de 2023
Bradenton, Florida.
Lugar de sepulturaCemiterio de Greenwood. 
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónCollege of San Mateo.
Actividade
OcupaciónNumismático.

Traxectoria editar

Lange cursou os seus estudos no College of San Mateo, en San Mateo, California, e entre 1980 e 1994 traballou como delineante nunha compañía de instalacións de gas e electricidade.[1][2]

Mais o verdadeiro interese de Lang foi a numismática, afección que desenvolveu xa desde a súa infancia, cando se iniciou no coleccionismo. Os seus estudos posteriores levárono a ser un dos maiores coñecedores da historia da moeda estadounidense, aspecto ao que dedicou varias publicacións.[2]

Lange colaborou durante décadas na revista The Numismatist, coas súas columnas Back to Basics e No Worse for Wear entre 1988 e 1992 e, logo dunha pausa, coas columnas From One to 70, de 1996 a 2002, e USA Coin Album, a partir de de 2002. Tamén foron habituais as súas colaboracións con outras publicacións numismáticas, como The E-Sylum, Coin World ou Numismatic News. No ámbito editorial, tamén o foi editor de The Bulletin of the Pacific Coast Numismatic Society (1984-1986) e de The Journal of the Pacific Coast Numismatic Society (1986-1988).[1][2]

Ademais, Lange foi deseñador de medallas conmemorativas para a Liberty Numismatic Society (1987-1990).[2]

Entre outras sociedades eruditas e entidades asociativas, David W. Lange foi presidente da Pacific Coast Numismatic Society (1988-1989), da Liberty Numismatic Society (1988-1989), da California State Numismatic Association (1993-1994) e da New Jersey Numismatic Society (2000-2001).[1] Ademais, desde 1978 foi membro da American Numismatic Association, entidade que en 2009 lle concedeu o seu Premio á Traxectoria e en 2017 o nomeou Numismático do Ano.[2][3][4] En varias ocasións, Lange exerceu como docente nos seminarios de verán desta última institución, impartindo un curso sobre os tipos na moeda estadounidense.[1][4]

En 1994 formou parte do comité creado pola alcaldía de San Francisco para preservar o Museo da Antiga Casa da Moeda de San Francisco. A partir do 16 de novembro dese mesmo ano, Lange exerceu como director de investigación numismática da compañía Numismatic Guaranty Company, en Nova Jersey.[1][2][3][4][5]

En 2018, o Gremio Literario Numismático concedeulle a súa máis alta honra, o premio Clemy.[1][6] En 2021 foi incluído pola revista Coin World na lista das persoas máis influentes da numismática no período 1960-2020.[1][2][4][7]

Vida persoal editar

O 18 de agosto de 2001 casou con Alba Iris Acosta, de quen se divorciou en 2012.[1][2]

David Walter Lange finou en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, como consecuencia do cancro que padecía nos tres últimos anos.[1][3][4]

Publicacións editar

Estes son os principais traballos monográficos publicados por David W. Lange ao longo da súa traxectoria:[2][8]

  • (2007). Coin Collecting Boards of the 1930s & 1940s. PennyBoard Press.
  • (2013-2020). Coin Collecting Albums. A Complete History and Catalog. PennyBoard Press.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar