Farran Zerbe
Joseph Farran Zerbe, nado o 16 de abril de 1871 en Tyrone, Pensilvania, e finado o 25 de decembro de 1949 en Nova York, foi un numismático estadounidense que presidiu a American Numismatic Association entre 1908 e 1910.[1]
Farran Zerbe ca. 1905-1906 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1871 Tyrone, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de decembro de 1949 (78 anos) Nova York. Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Bessie Garner Knox (1908). Julia Gertrude Mahoney (1932). |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarFarran Zerbe naceu en Tyrone, Pensilvania, o 16 de abril de 1871, fillo de James Albert Zerbe (1842-1880) e de Bridget Mary McAvoy (1852-1926). Entre 1880 e 1889 foi repartidor do xornal Tyrone Daily Herald e o feito de que un cliente lle pagara cunha moeda francesa de 50 céntimos de franco (similar á de 10 cents de dólar) fixo que se espertase nel a curiosidade polas moedas doutros países.[2] Nese momento comezou a súa incipiente colección de moedas e de selos de todo o mundo.[3][4]
Comerciante numismático
editarCoñécese que en 1889 xa rexentaba un establecemento comercial en Tyrone chamado Zerbe Cycle Co., onde vendía desde papelaría ata xoguetes, instrumentos musicais, material artístico ou bicicletas, e tamén selos e moedas. Nese mesmo ano entrou a formar parte, como socio propietario, do xornal local Tyrone Gazette, editado por Scott Wilson, e tamén dirixiu, entre 1889 e 1890, unha axencia de noticias chamada The Farran Zerbe News Agency, con sede en Altoona, Pensilvania.[3][4]
En 1890 deu o seu primeiro paso na súa especialización no comercio numismático, cando o 28 de maio puxo un anuncio no Tyrone Daily Herald que rezaba: "Farran Zarbe compra, dá información e paga unha prima por moedas antigas, curiosas e estranxeiras, billetes, selos etc.".[3]
En setembro de 1900 declarou a creba do seu primeiro establecemento, Zerbe Cycle Co., e decidiu probar fortuna dedicándose integramente ao comercio numismático, publicando anuncios en medios como The Numismatist e especializándose en moedas raras. Un ano despois anunciou a posta á venda dun exemplar do mítico dólar de 1804.[3]
As grandes exposicións
editarEn 1893 fixo unha primeira exposición da súa colección de moedas do mundo na Exposición Colombina de Chicago e a el encomendóuselle tamén a exposición de moedas estadounidenses emitidas pola US Mint para esa ocasión (cuarto dólar isabelino e medio dólar colombino)[6][7]. Segundo varios autores, tamén se encargou da súa promoción e da súa venda.[3][4][8]
En 1904 foi nomeado polo Goberno dos EEUU comisario numismático da exposición dedicada ao centenario da compra da Luisiana (Louisiana Purchase Exposition), que tivo lugar en San Luís, Missouri,e encargouse da comercialización dos souvenirs creados para a ocasión, entre eles senllas moedas dun dólar de ouro deseñadas por Charles E. Barber e cuñadas pola Casa da Moeda dos EEUU, cos bustos de Jefferson e de McKinley.[3][4][8][10][11][12]
De xeito similar, o Goberno encomendoulle tamén a xestión numismática da American Pacific Exposition en Portland, Oregón, dos anos 1905 e 1906, polo centésimo aniversario da expedición de Lewis e Clark. Aí encargouse tamén da comercialización das moedas conmemorativas que se cuñaron.[3][4][8][11][12][13][14]
A derradeira das grandes exposicións nas que Zerbe dirixiu a sección numismática foi a Exposición Universal de San Francisco (Panama-Pacific) de 1915-1916, para a que a Casa da Moeda dos EEUU cuñou cinco moedas conmemorativas.[3][4][8][11][12][15]
Erudito numismático
editarEn paralelo á súa faceta como comerciante, xa en 1902 comezou a participar cunha serie de artigos sobre numismática na publicación periódica de carácter filatélico Philatelic West, e entre 1903 e 1904 exerceu como editor da sección de numismática da revista MeKeel's Stamp Collector.[3]
En 1906 foi o conferenciante invitado na primeira convención anual da Sociedade Numismática de Ohio, celebrada en Coulumbus.[3][4]
Membro a American Numismatic Association desde o 25 de xullo de 1900, en 1904 foi elixido vicepresidente da entidade e en 1908 presidente, cargo que exerceu ata 1910.[12][16] Tamén foi membro da Royal Numismatic Society, de Londres, da American Philatelic Association e da American Numismatic Society (1906-1911). En 1915 fundou a Sociedade Numismática da Costa do Pacífico en San Francisco, entidade que presidiu de 1918 a 1923.[4][17] Tamén foi membro fundador do Club Numismático de Nova York en 1908 e da Asociación Numismática de Cincinnati en 1930.[3][11]
En 1908 adquiriu o xornal numismático The Numismatist, que fora propiedade do recentemente falecido George Heath, e converteuse no seu editor entre 1909 e 1910 ademais de continuar como colaborador habitual cos seus artigos.[12] O 12 de outubro dese último ano, Zerbe vendeulle o xornal ao canadense William Walter Coulthard Wilson e este dooullo á American Numismatic Association (presidida por Zerbe naquel momento), converténdose así no órgano de expresión desa entidade ata os nosos días.[3][4][11][18][19]
En 1909 foi nomeado membro do Comité de Ensaios dos Estados Unidos e en 1923 foi renovado no cargo.[12] En tal condición, foi o promotor da creación do coñecido como "dólar da Paz" (Peace Dollar), que comezou a cuñarse en 1921, para conmemorar o armisticio logo da primeira guerra mundial.[3][4]
O Chase Manhattan Money Museum
editar- Artigo principal: Chase Manhattan Money Museum.
Nos períodos 1907 e 1920-1928 levou a cabo unha exposición itinerante na que actuaba tamén como conferenciante titulada Money of the World, que ía circulando por diversios bancos e outras institucións dos EEUU.[21] Finalmente, a exposición e a biblioteca que a acompañaba foron adquiridas polo Chase National Bank, de Nova York, en 1928.[3][4][12][22]
A partir desta adquisición, organizouse o Chase National Bank Collection of Money of the World Museum, do que o propio Ferbe foi o primeiro conservador, posto do que se retirou en 1939.[8][11] Entre as pezas que conformaban o museo estaban algunhas das máis singulares e raras da primeira época dos EEUU. A partir de 1955, cando o banco se fundiu co Bank of Manhattan para formar o Chase Manhattan Bank, o museo pasou a denominarse Chase Manhattan Money Museum.[3][4][23][24]
Legado e recoñecementos
editarEn 1944 foi nomeado membro de honra pola American Numismatic Association (ANA) pola súa dedicación, as súas contribucións e o seu servizo ao campo da numismática, e en agosto de 1950 recoñeceuno tamén polos seus 50 anos de pertenza á asociación. Así mesmo, en 1969 foi incluído no salón da fama (Numismatic Hall of Fame) da ANA.[3][4][11][25]
Antigo premio Farran Zerbe Memorial
editarNa súa memoria, a Amarican Numismatic Association (ANA) estableceu en 1950 o premio anual Farran Zerbe Memorial (Farran Zerbe Memorial Award), como o maior recoñecemento da entidade, outorgado aos membros destacados polos seus anos de dedicación tanto á asociación como á numismática.[3][4][26] En 2021, a ANA votou para retirar o nome de Farran Zerbe deste galardón ao coñecerse a súa actuación fraudulenta na comercialización dos dólares de ouro da Exposición da Compra de Luisiana e outras mostras de desleldade coa entidade, e o premio pasou a denominarse Premio Chester L. Krause Memorial, en memoria doutro destacado membro da ANA.[27][28]
Vida persoal
editarO 6 de maio de 1908, Zerbe casou con Bessie Garner Knox (1862-1935), de Nova Jersey, a quen coñecera durante a Exposición da Compra da Luisiana. Logo do seu divorcio, Farran Zerbe casou en segundas nupcias o 10 de setembro de 1932 con Julia Gertrude Mahoney (1886-1957), de Massachusetts.[3][12]
Zerbe quedou prostrado na cama en outubro de 1949 como consecuencia dunha doenza, ata que faleceu en Nova York o día de Nadal dese mesmo ano, aos 78 anos.[3][4][29]
Escolma de artigos en The Numismatist
editar- Artigo principal: The Numismatist.
Estes son algúns dos artigos publicados por Farran Zerbe na publicación peródica The Numismatist, órgano de expresión da American Numismatic Association desde 1910:
- (1905). "A “coin” that is not a coin". Vol. XVIII. Nº 2. Febreiro. Páxinas 47-48.
- (1905). "Louisiana Purchase Exposition". Vol. XVIII. Nº 2. Febreiro. Páxina 49.
- (1905). "The passing of the silver dollar". Vol. XVIII. Nº 3. Marzo. 76-81.
- (1906). "Medal to Captain Robert Gray". Vol. IXX. Nº 6. Xuño. Páxina 208.
- (1907). "McKinley Memorial Medal". Vol. XX. Nº 10-11. Outubro-novembro. Páxina 298.
- (1917). "National gold bank notes". Vol. XXX. Nº 4. Abril. Páxinas 158-159.
- (1926). "Bryan money". Vol. XXXIX. Nº 7. Xullo. Páxinas 313-382.
- (1943). "Still more about the Sprinkle Dollar". Vol. LVI. Nº 8. Agosto. Páxinas 614-615.
- (1944). "False rare coins". Vol. LVII. Nº 3. Marzo. Páxinas 198-200.
- (1944). "Novelties relating to coins". Vol. LVII. Nº 8. Agosto. Páxinas 674-675.
Notas
editar- ↑ "Zerbe, Farran, 1871-1949". American Numismatic Society.
- ↑ Todd, F. M. (1921). The Story of the Exposition. Vol. IV. Putman, Nova York. Páxina 114.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 Lupia, J. N. "Zerbe, Joseph Farran Arquivado 31 de agosto de 2021 en Wayback Machine.". Encyclopedic Dictionary of Numismatic Biographies.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Dodson, O. H. (1969).
- ↑ Todd, F. M. (1921). The Story of the Exposition. Vol. IV. Putman, Nova York. Páxina 114-115.
- ↑ "¼ Dollar "Isabella Quarter" Columbian Exposition". Numista.com.
- ↑ "½ Dollar Columbian Exposition". Numista.com
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Alexander, D. (2016) Arquivado 03 de xuño de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ The Numismatist. Vol XVIII. Nº 8. Agosto de 1905. Páxina 239.
- ↑ "1 Dollar Thomas Jefferson" e "1 Dollar William McKinley". Numista.com
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Ogilvie, J. W. (1950).
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 Smith, P. (2012).
- ↑ "1 Dollar Lewis and Clark". Numista.com
- ↑ Hunt, J.; Wells, J. (2004). "Numismatics of the Lewis and Clark Expedition". En The Numismatist. Marzo. Páxinas 41-43.
- ↑ Gilkes, P. (1995). "Panama-Pacific Expo Commemorative Coins Legacy of Zerbe's Persuasiveness in Congress". En Coin World. Vol. 36. Nº 1842. Xullo. Páxinas 72-73.
- ↑ "ANA Presidents 1891 to the Present". No sitio web da ANA.
- ↑ Wallis, O. L. (1981). "Farran Zerbe, Founder, PCNS". En Calcoin News. Vol. 35. Nº 1. Páxinas 4-6.
- ↑ Klinger, D. (2011). "The American Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 14. Nº 2. 9 de xaneiro.
- ↑ "ANA History. 125 Years of Collecting with the American Numismatic Association". No sitio web da ANA.
- ↑ The Numismatist. Vol. LII. Nº 11. Novembro de 1939. Páxina 925.
- ↑ Smith, P. (1998). "Zerbe Took His Collection on The Road". En The Numismatist. Vol. 111. Nº 8. Agosto. Páxinas 898-899.
- ↑ Brand, H. A. (1958). "Incident in the Life of Farran Zerbe". En The Numismatist. Maio. Páxina 545.
- ↑ Obojski, R. (1960). "The Chase Manhattan Bank Museum of Money of the World". En Seaby Coin and Medal Bulletin. Nº 507. Agosto. Páxinas 314-315.
- ↑ "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.
- ↑ "Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association.
- ↑ The Numismatist. Febreiro de 1952. Páxinas 150-152.
- ↑ "New Name for ANA Accolade". American Numismatic Association. 21 de setembro de 2021.
- ↑ Jewett, L. (2021). "ANA’s highest honor to get a new name after 70 years". En Coin World. 24 de setembro.
- ↑ 29,0 29,1 The Numismatist. Vol. LXIII. Nº 2. Febreiro de 1950. Páxina 87.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Farran Zerbe |
Bibliografía
editar- Alexander, D. T. (2016). "Farran Zerbe: Numismatist, Promoter, Hustler Arquivado 03 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Week. 27 de setembro.
- Dodson, O. H. (1969). "The Legendary Farren Zerbe". En The Numismatist. Vol. 82. Nº 9. Setembro Páxinas 1195-1206.
- Giedroyc, R. (2020). "Coin Clinic: Who is Farran Zerbe?". En Numismatic News. 13 de abril.
- Ogilvie, J. W. (1950). "Farran Zerbe. Honorary Member of the ANA". En The Numismatist. Xuño. Páxinas 351-352
- Smith, P. (2012). "Zerbe, (Joseph) Farran". En American Numismatic Biographies. Páxina 384-385.