F. H. von Engelken

empresario estadounidense, director da US Mint


Friedrich Johannes Hugo von Engelken, nado en Schleswig-Holstein o 26 de abril de 1881 e finado en East Palatka, Florida, o 12 de febreiro de 1963, foi un home de negocios e banqueiro estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1916 e 1917.

Infotaula de personaF. H. von Engelken

F. H. von Engelken
nunha medalla da US Mint obra por G. T. Morgan

Biografía
Nacemento26 de abril de 1881
Schleswig-HolsteinAlemaña Alemaña
Morte12 de febreiro de 1963 (81 anos)
East Palatka.
Florida
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemá.
Estadounidense
Actividade
OcupaciónAlto funcionario.
Notes

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Von Engelken naceu no Estado alemán de Schleswig-Holstein o 28 de abril de 1881,[1] fillo de Amelia Deorderlin e do médico Ludwig Herman von Engelken.[2]

A súa familia emigrou aos Estados Unidos e Friedrich cursou o seu ensino primario en escolas de St. Louis, Missouri, e Grand Island, Nebrasca, e o ensino secundario en Winona, Minnesota.[2]

Negocios e servizo público editar

Nos Estados Unidos desenvolveu inicialmente labores de enxeñaría na liña de ferrocarril do noroeste de Chicago.[1][2]

En 1900 trasladouse a Hong Kong como axente xeral da compañía Portland & Asiatic Steamship Co., e de alí marchou en 1902 a Kobe, Xapón, onde exerceu de supervisor portuario.[2]

En 1904 regresou aos Estados Unidos, onde se dedicou ao negocios de agricultura e gandaría en East Palatka, Florida,[1] ata 1908, cando se asociou coa compañía Gulf, Colorado & Santa Fe Railroad, en Galveston, Texas, e posteriormente con outras compañías do ferrocarril.[2]

En 1913 formou parte dunha comisión creada polo Senado dos Estados Unidos para estudar os métodos europeos para os créditos agrarios, motivo polo que pasou varios meses viaxando por Europa, e Von Engelken redactou un informe que se converteu na base para a creación do Sistema Federal de Bancos Agrarios.[2][3]

Ao seu regreso de Europa, o presidente Woodrow Wilson recoñeceu os seus méritos nomeándoo director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que ocupou desde o 20 de setembro de 2016 ata o 20 de febreiro de 1917, data na que presentou a súa dimisión para se facer cargo da presidencia do Federal Land Bank en Columbia, Carolina do Sur.[4]

En 1919 viaxou a Francia como representante dos banqueiros estadounidenses.[3]

Vida familiar editar

O 2 de febreiro de 1906 casou con Lonisiana Breekenridge Hart Gibson e, logo de divorciarse, en 1952 casou en segundas nupcias coa fiscal Kate Lee Walton.[1][3]

A partir de 1947, Von Engelken viviu retirado na súa residencia de East Oalatka, en Florida, onde, xunto coa súa segunda muller, mantivo unha vida social moi activa, ata o seu pasamento o día 12 de febreiro de 1963.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Smith, P. (2012). Páxina 373.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 154.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 155.
  4. Smith, P. (2012). Páxina 374.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Robert W. Woolley
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1916-1917
Sucesor:
Raymond T. Baker