Robert Downey, Jr.
Robert John Downey, Jr., nado o 4 de abril de 1965 en Nova York, é un actor, produtor, guionista e cantautor estadounidense gañador de dous Globos de Ouro e un BAFTA. Con 26 anos no mundo do espectáculo, filmou máis de 80 películas. Foi nomeado dúas veces aos Oscar: a primeira vez no 1993 polo seu papel en Chaplin e a segunda no 2009 por Tropic Thunder.
Vida persoal
editarO actor tivo unha longa relación de sete anos con Sarah Jessica Parker, á quen coñeceu en 1984, pero a relación terminou por mor de problemas coas drogas de Downey. Máis tarde casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio durou doce anos (1992-2004) e foi con Deborah Falconer, con quen tivo un fillo, Indio Downey.[1] Mentres filmaba Gothika, en 2003, coñeceu a muller que se converteu na súa segunda esposa, a produtora executiva Susan Levin, con quen casou o 27 de agosto de 2005.[2] Ela é vicepresidenta executiva de produción Joel Silver, en Silver Pictures e directora de desenvolvemento da Dark Castle Entertainment, unha división de Silver Pictures. A parella tivo o seu primeiro fillo, Exton Elias Downey, o 7 de febreiro de 2012. O 4 de novembro de 2014, Downey converteuse en pai por terceira vez, cando a súa muller deu a luz á súa filla Avri Roel Downey.[3]
Traxectoria
editarDowney principiou a súa carreira no cinema en 1970, á idade de cinco anos, cando apareceu no filme de seu pai, Pound, e desde aquela non deixou de traballar no cinema e na televisión. Durante a década de 1980 traballou en filmes para adolescentes e mozos asociados cos Brat Pack. Less Than Zero (1987) foi o primeiro no que a súa actuación foi recoñecida pola crítica, e logo comezou a interpretar papeis protagonistas en filmes de máis presuposto como Air America (1990), Soapdish (1991) ou Asasinos natos (1994), polo seu papel de Charlie Chaplin en Chaplin (1992) foi nomeado para o Oscar ao mellor actor.
Entre 1996 e 2001, Downey foi frecuentemente arrestado por consumo e posesión de drogas e estivo en varios programas para o tratamento da súa dependencia. Despois de saír de prisión en 2000, Downey uniuse ao elenco da serie Ally McBeal, interpretando ao novo amor da protagonista, e gañou un Globo de Ouro pero o seu personaxe retirouse da serie logo de dous arrestos por drogas a finais de 2000 e comezos de 2001. Downey pasou unha vez máis por un programa de desintoxicación que resultou exitoso e volveu á súa carreira profesional, aparecendo en filmes semiindependentes como O detective cantante (2003), Kiss Kiss Bang Bang (2005), e A Scanner Darkly (2006), e papeis secundarios en filmes dos grandes estudios como Gothika (2003) e Zodiac (2007). En 2004, Downey lanzou o seu primeiro álbum, The Futurist.
En 2007, Downey foi elixido para facer o personaxe de Iron Man na adaptación cinematográfica que tivo a súa estrea en 2008, recadando case 100 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá na primeira semana; nese ano tamén estreou Charlie Bartlett e Tropic Thunder, recibindo o seu segundo nomeamento por este filme, na categoría de actor secundario. En 2009 interpretou a Sherlock Holmes na adaptación cinematográfica de Guy Ritchie, polo que gañou un Globo de Ouro.[4]. En 2010 protagonizou Iron Man 2.
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas | |
---|---|---|---|---|
1970 | Pound | Puppy | ||
1972 | Greaser's Palace | Non sae nos créditos | ||
1975 | Moment to Moment | Non sae nos créditos | ||
1980 | Up the Academy | Caleb Yoon | ||
1983 | Baby It's You | Stewart | ||
1984 | Firstborn | Lee | ||
1985 | Deadwait | |||
Tuff Turf | Jimmy Parker | |||
Weird Science | Ian | |||
1986 | Back to School | Derek Lutz | ||
America | Paulie Hackley | |||
1987 | The Pick-up Artist | Jack Jericho | ||
Less Than Zero | Julian Wells | |||
1988 | Johnny Be Good | Leo Wiggins | ||
Rented Lips | Wolf Dangler | |||
1969 | Ralph Carr | |||
Indio | ||||
1989 | That's Adequate | Albert Einstein | ||
True Believer | Roger Baron | |||
Chances Are | Alex Finch | |||
1990 | Air America | Billy Covington | ||
1991 | Too Much Sun | Reed Richmond | ||
Soapdish | David Seton Barnes | |||
1992 | Chaplin | Charles Chaplin | BAFTA ao mellor actor
Nomeamento − Oscar ao mellor actor Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor dramático | |
1993 | Luck, Trust & Ketchup: Robert Altman in Carver Country | Documental | ||
Heart and Souls | Thomas Reilly | |||
The Last Party | Robert Downey Jr. | |||
Vides encreuades | Bill Bush | Globos de Ouro especial ao mellor elenco
Copa Volpi ao mellor elenco | ||
1994 | Hail Caesar | Jerry | ||
A Century of Cinema | Documental | |||
Natural Born Killers | Wayne Gale | |||
Only You | Peter Wright | |||
1995 | Richard III | Earl Rivers | ||
Home for the Holidays | Tommy Larson | |||
Restoration | Robert Merivel | |||
Mr. Willowby's Christmas Tree | Mr. Willowby | Telefilm | ||
1997 | Danger Zone | Jim Scott | ||
One Night Stand | Charlie | |||
Two Girls and a Guy | Blake Allen | |||
Hugo Pool | Franz Mazur | |||
1998 | The Gingerbread Man | Clyde Pell | ||
U.S. Marshals | Axente especial John Royce | |||
1999 | In Dreams | Vivian Thompson | ||
Amigos e amantes | Hans | |||
Bowfinger | Jerry Renfro | |||
Black and White | Terry Donager | |||
2000 | Wonder Boys | Terry Crabtree | ||
Auto Motives | Rob | |||
2000-2002 | Ally McBeal | Larry Paul | Serie de televisión; 15 episodios
Globos de Ouro ao mellor actor secundario en serie, miniserie ou telefilm (2001) Nomeamento − Primetime Emmy ao mellor actor secundario en serie cómica (2001) | |
2002 | Lethargy | Terapeuta animal | ||
2003 | Whatever We Do | Bobby | ||
O detective cantante | Dan Dark | |||
Charlie: The Life and Art of Charles Chaplin | Robert Downey Jr. | Documental | ||
Gothika | Pete Graham | |||
2004 | Eros | Nick Penrose | ||
2005 | Game 6 | Steven Schwimmer | ||
The Outsider | Documental | |||
Kiss Kiss Bang Bang | Harry Lockhart | |||
Good Night, and Good Luck | Joseph Wershba | |||
Hubert Selby Jr: It/ll Be Better Tomorrow | Documental | |||
Family Guy | Patrick Pewterschmidt | Serie de televisión; 1 episodio | ||
2006 | The Shaggy Dog | Dr. Kozak | ||
A Scanner Darkly | James Barris | |||
A Guide to Recognizing Your Saints | Dito Montiel | |||
Fur: An Imaginary Portrait of Diane Arbus | Lionel Sweeney | |||
2007 | Zodiac | Paul Avery | ||
Lucky You | Telephone Jack | Cameo | ||
2008 | Charlie Bartlett | Principal Nathan Gardner | ||
Iron Man | Tony Stark/Iron Man | |||
The Incredible Hulk | Tony Stark | Cameo | ||
Tropic Thunder | Kirk Lazarus | Nomeamento − Oscar ao mellor actor secundario
Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor secundario Nomeamento − BAFTA ao mellor actor secundario | ||
2009 | The Soloist | Steve Lopez | ||
Sherlock Holmes | Sherlock Holmes | Globos de Ouro ao mellor actor de comedia ou musical | ||
2010 | Iron Man 2 | Tony Stark / Iron Man | ||
Love & Distrust | Rob | |||
Saídos de contas | Peter Highman | |||
2011 | Sherlock Holmes: Xogo de sombras | Sherlock Holmes | ||
The Consultant | Tony Stark / Iron Man | Curtametraxe | ||
2012 | The Avengers | Tony Stark / Iron Man | ||
2013 | Iron Man 3 | Tony Stark / Iron Man | ||
2014 | Chef | Marvin | ||
O xuíz | Henry "Hank" Palmer | |||
2015 | Avengers: Age of Ultron | Tony Stark / Iron Man | ||
2016 | Captain América: Civil War | Tony Stark / Iron Man | ||
The Nice Guys | Sid Shattuck | Cameo | ||
2017 | Spider-man: Homecoming | Tony Stark / Iron Man | ||
2018 | Avengers: Infinity War | Tony Stark / Iron Man | ||
2019 | Avengers: Endgame | Tony Stark / Iron Man |
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1992 | Mellor actor | Chaplin | Nomeado |
2008 | Mellor actor secundario | Tropic Thunder | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
1992 | Mellor actor | Chaplin | Gañador |
2009 | Mellor actor secundario | Tropic Thunder | Nomeado |
Premios do Sindicato de Actores:
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor secundario | Good Night, and Good Luck | Nomeado |
2009 | Mellor actor secundario | Tropic Thunder | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor - comedia ou musical | Kiss Kiss, Bang Bang | Nomeado |
2008 | Mellor actor secundario | Tropic Thunder | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Mellor actor secundario - serie de comedia | Ally McBeal | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Actor de cine favorito | The Avengers | Gañador |
Estrela de película de acción favorita | The Avengers | Nomeado | |
Superheroe favorito de película | The Avengers /Iron Man | Ganador | |
2014 | Actor de acción favorito | Iron Man 3 | Gañador |
2017 | Actor de acción favorito | Captain America: Civil War | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Actor de Ciencia Ficción/Fantasía | The Avengers | Nomeado |
Estrela de Película do Verán: Home | The Avengers | Nomeado |
Notas
editar- ↑ "Downey, Falconer to divorce after 12 years". USA Today (en inglés). 27 de abril de 2004.
- ↑ "Robert Downey Jr. Marries Girlfriend". People (en inglés). 27 de agosto de 2005.
- ↑ "Robert Downey Jr. da la bienvenida a su hija con este mensaje". El espectador (en castelán). 5 de novembro de 2015.
- ↑ "HFPA – Nominations and Winners". Goldenglobes.org. January 14, 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o March 8, 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Downey, Jr. |