Ally McBeal
serie de televisión norteamericana
Ally McBeal é unha serie estadounidense creada por David E. Kelley e protagonizada por Calista Flockhart. A serie emitiuse entre 1997 e 2002 por FOX.
Sinopse
editarÓs seus 27 anos, Ally McBeal (Calista Flockhart) é despedida do seu traballo por denunciar un acoso sexual por parte dun dos principais socios da firma. Todo cambia cando se atopa cun antigo compañeiro de carreira e consegue un posto no bufete Cage & Fish. Alí é onde estabelecerá unha amizade cos seus compañeiros, atoparase cunha sorpresa: o seu ex-noivo Billy (Gil Bellows), que agora está casado, vai ser o seu compañeiro de traballo, e peor aínda, reencontrarase con Georgia Thomas (Courtney Thorne-Smith), a muller de Billy.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ally McBeal na IMDb (en inglés).