Abrir o menú principal

Vonda Shepard

cantante estadounidense

Vonda Shepard, nada en Nova York o 7 de xullo de 1963, é unha cantante estadounidense de rock/pop.

Vonda Shepard
Vondashepard czarnob.jpg
Nacemento7 de xullo de 1963
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantante, cantautora, guitarrista, compositora, actriz e actriz de televisión
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

A súa familia mudouse para California cando ela era bastante nova. Desde nova foi unha boa pianista e durante anos despois tivo varios traballos como cantante de apoio, conseguindo finalmente o seu propio contrato de gravación.

En 1987 gravou un dueto con Dan Hill titulado "Can't We Try". Lanzou o seu primeiro álbum en 1989. Acadou sona polas súas aparicións na serie de televisión Ally McBeal, na que interpretou o papel dunha música residente dun bar onde os personaxes do show normalmente bebían despois do traballo. Adoptou os papeis de pianista, guitarrista e baixista.

Mentres estivo na serie gravou dous álbums máis, amais de dúas seleccións de bandas sonoras de Ally McBeal. Logo Vonda lanzou dous álbums máis en estudo e máis recentemente un álbum ao vivo Live: A Retrospective (2005).

Vonda está casada co produtor musical Mitchell Froom, co que tivo o seu primeiro fillo o 15 de abril de 2006.

ÁlbumsEditar

ColecciónsEditar

Sinxelos de Ally McBealEditar

  • "Searchin' My Soul" #1 España
  • "Hooked On A Feeling" #7 España
  • "Maryland"
  • "Tell Him" #29 España
  • "Read Your Mind"
  • "This Old Heart Of Mine"
  • "Baby Don't You Break My Heart Slow" (canda Emily Saliers de Indigo Girls)
  • "Someday We'll Be Together"
  • "Confetti"
  • "Love Is Alive" (canda Anastacia)
  • "Chances Are" (canda Robert Downey Jr.)

Véxase taménEditar