The Soloist

filme de 2009 dirixido por Joe Wright

The Soloist é un filme británico-estadounidense dirixido por Joe Wright que se estreou en 2009. Está protagonizado por Jamie Foxx e Robert Downey, Jr. e baséase na historia real de Nathaniel Ayers, un músico brillante que desenvolveu esquizofrenia e se converteu nun sen teito. O guión é obra de Susannah Grant e baséase no libro The Soloist de Steve Lopez.

The Soloist
Ficha técnica
Título orixinalThe Soloist
DirectorJoe Wright
ProdutorGary Foster
Russ Krasnoff
GuiónSusannah Grant
Baseado enThe Soloist: A Lost Dream, an Unlikely Friendship, and the Redemptive Power of Music de Steve Lopez
IntérpretesJamie Foxx
Robert Downey, Jr.
Catherine Keener
Tom Hollander
Lisa Gay Hamilton
MúsicaDario Marianelli
FotografíaSeamus McGarvey
MontaxePaul Tothill
EstudioDreamWorks Pictures
StudioCanal
Participant Media
Working Title Films
DistribuidoraParamount Pictures (América do Norte)
Universal Pictures (international)
Estrea 24 de abril de 2009
11 de setembro de 2009
Duración117 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Francia
XéneroDrama
Orzamento$60 000 000[1]
Recadación$38 300 000[2]
Na rede
http://www.soloistmovie.com/
IMDB: tt0821642 Filmaffinity: 777491 Allocine: 130540 Rottentomatoes: m/soloist Mojo: soloist Allmovie: v414388 TCM: 736405 Metacritic: movie/the-soloist TV.com: movies/the-soloist Netlix: 70104341Editar o valor em Wikidata

Foxx interpreta a Ayers, que está considerado un violoncellista prodixioso, e Downey interpreta a Lopez, un xornalista de Los Angeles Times que descobre a Ayers e escribe sobre el no seu xornal. Foi estreado nos cines o 24 de abril de 2009[3] e en DVD e Blu-ray o 5 de agosto dese mesmo ano.

Personaxes editar

Notas editar

  1. Child, Ben (28 de setembro de 2009). "You review: The Soloist". theguardian.com. Consultado o 4 de outubro de 2013. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "The Soloist". Internet Movie Database. Consultado o 4 de outubro de 2013. 
  3. Thompson, Anne (19 de outubro de 2008). Variety, ed. "Wright's 'Soloist' won't play holiday". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar