Asasinos natos
Asasinos natos (en inglés: Natural Born Killers) é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por Woody Harrelson, Juliette Lewis, Robert Downey Jr., Tom Sizemore e Tommy Lee Jones. Conta a historia de dúas vítimas dunha infancia traumática que se converten en amantes e asasinos de masas, e que son irresponsablemente glorificados polos medios de comunicación de masas. Baséase nun guión orixinal de Quentin Tarantino que foi revisado polo escritor David Veloz, o produtor asociado Richard Rutowski e o propio Stone. Tarantino recibiu o crédito da historia. Jane Hamsher, Don Murphy e Clayton Townsend produciron o filme, con Arnon Milchan, Thom Mount e Stone como produtores executivos.
Asasinos natos | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Natural Born Killers |
Director | Oliver Stone |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | Historia de Quentin Tarantino |
Intérpretes | |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | |
Estudio | Regency Enterprises |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 26 de agosto de 1994 2 de setembro de 1998 (TVG) |
Duración | 119 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia negra |
Orzamento | $34 000 000[2] |
Recadación | $50 300 000[2] |
Na rede | |
Foi estreado o 26 de agosto de 1994 nos Estados Unidos, e no Festival Internacional de Cine de Venecia o 29 de agosto de 1994. Tivo un certo éxito de recadación, conseguindo uns $50 millóns sobre un orzamento de produción de $34 millóns, e recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que alabou as interpretacións dos actores, o humor, o argumento e a mestura de acción e romance, mais atoparon o filme demasiado violento e gráfico. Salientable polo seu contido violento e por ter inspirado crimes por imitación, foi considerado un dos máis controvertidos filmes da historia por Entertainment Weekly en 2006.[3]
Estreouse en galego o 2 de setembro de 1998 a través da TVG.[4]
Personaxes
editar- Woody Harrelson como Mickey Knox
- Juliette Lewis como Mallory Wilson Knox
- Robert Downey, Jr. como Wayne Gale
- Tom Sizemore como Detective Jack Scagnetti
- Tommy Lee Jones como Warden Dwight McClusky
- Rodney Dangerfield como Ed Wilson
- Edie McClurg como Mrs. Wilson
- Sean Stone como Kevin Wilson
- Russell Means como Warren Red Cloud, Sr.
- Lanny Flaherty como Earl
- Evan Handler como David
- Balthazar Getty como home da gasolineira
- Richard Lineback como Sonny
- Kirk Baltz como Roger
- Steven Wright como Dr. Emil Reingold
- Pruitt Taylor Vince como Warden Kavanaugh
- Joe Grifasi como Sheriff Duncan Homolka
- Everett Quinton como Wurlitzer
- Marshall Bell como Deputy
- Peter Crombie como Intense cop
- Grand L. Bush como Prison inmate
- Louis Lombardi como Deputy "Sparky"
- Dale Dye como Dale Wrigley
- Corey Everson como Mallory Knox
- O-Lan Jones como Mabel
- James Gammon (sen acreditar) como pailán
- Mark Harmon (sen acreditar) como Mickey Knox
- Adrien Brody e David Pasquesi (sen acreditar) como camareiros de Gale
- Arliss Howard (sen acreditar) como Owen Traft
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (20 de decembro de 1994). "NATURAL BORN KILLERS (18)". Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo, ed. (18 de outubro de 1994). "Natural Born Killers (1994)". Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
- ↑ 25 Most Controversial Movies Ever, Entertainment Weekly, 9 de xuño de 2006
- ↑ Versión en galego (ed.). "Programación da TVG". Consultado o 2 de setembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hamsher, Jane (1998). Killer Instinct. Broadway.
- Hanley, Jason. (2001) “Natural Born Killers: Music and Image in Postmodern Film,” in Postmodern Music/ Postmodern Thought, Routledge. ed. Joseph Auner e Judy Lochhead, pp. 335–359.
Ligazóns externas
editar- Asasinos natos na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)