Abrir o menú principal

Ribeirá (Muiñeira)

(Redirixido desde "Ribeirana")

A ribeirá ou ribeirana, tamén denominada empuñada, é a denominación xenérica que recibe a muiñeira vella nalgunhas zonas costeiras do territorio galego. En especial na costa da morte[1].

Índice

CaracterísticasEditar

A interpretación musical sempre vai acompañada de canto, nunca é exclusivamente instrumental[2]. No baile o home elabora puntos moi enérxicos con saltos, castañolas e pateados, movéndose cos brazos en alto mentres a muller adopta unha actitude submisa ollando cara o chan cos brazos baixos e desplazándose lateralmente, en círculo, ou deseñando oitos sobre o chan. A súa estrutura da danza é fixa, con descanso, punto e volta, na volta o home adoita apoiar o brazo nas costas da muller mentres desenvolve pasos de marcha[1].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Camafeita, Olga (2001). "Muiñeira Vella". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  2. Enciclopedia Galega Universal 12. Ir Indo. 2002. p. 268. 

Véxase taménEditar