A copla é unha composición poética de catro versos de arte menor xeralmente con rima asonante nos versos pares (esquema: -a-a).

O termo utilízase sobre todo para designar un tipo de estrofa e o tipo verso de tradición popular composta por tres ou catro versos de arte menor, xeralmente octosílabos, dispostos en forma de romance ou tirana (8- 8a 8- 8a), de seguidilla (7- 5a 7- 5a) ou de redondilla (8a 8b 8b 8a), con rima asonante ou consonante.[1]

Aínda que esta forma é característica da tradición popular anónima, foi cultivada tamén por escritores como Rafael Alberti ou Federico García Lorca. A influencia entre a corrente anónima da copla e os seus cultivadores na literatura foi mutua: os poetas inspiráronse no modelo popular para construír coplas que, á súa vez, a miúdo foron recollidas pola tradición e incorporadas ao seu caudal, con esquecemento do seu autor. Como escribe Manuel Machado:

Hasta que el pueblo las canta,
las coplas, coplas no son,
y cuando las canta el pueblo
ya nadie sabe el autor.
Tal es la gloria, Guillén,
de los que escriben cantares:
oír decir a la gente
que no los ha escrito nadie.
Procura tú que tus coplas
vayan al pueblo a parar,
aunque dejen de ser tuyas
para ser de los demás.
Que, al fundir el corazón
en el alma popular,
lo que se pierde de nombre
se gana de eternidad.


A linguaxe das coplas é coloquial e directa, aínda que se recorre a miúdo ao dobre sentido para conseguir efectos cómicos, sobre todo rítmicos. Algo esencial é que ten conexión coa música.

Diferentes tipos de coplasEditar

-Copla de romance: esta copla está composta por versos octosílabos, co primeiro e o terceiro libres, e o segundo e cuarto con rima asonante.[2]
-Seguidilla: ten o primeiro e o terceiro verso, heptasílabos con rima libre. O segundo e o cuarto son pentasílabos con rima asonante.
-Redondilla: ten versos octosílabos, co primeiro e o cuarto que riman entre si, e o segundo e o terceiro, rimando entre si.
-Copla de arte maior: son as coplas compostas por oito versos con doce sílabas cada un (dodecasílabos). Destes versos, riman entre si: o primeiro co cuarto, quinto e oitavo; o segundo co terceiro; o sexto co sétimo.
-Copla de pé crebado: As coplas de pé crebado ou coplas manriqueñas son coplas compostas de dúas sextillas (estrofas de seis versos), os dous primeiros versos, o cuarto e o quinto son versos octosílabos, e o terceiro e o sexto tetrasílabos. Este modelo de copla foi introducido por Jorge Manrique a mediados do século XV na obra Coplas a la Muerte de su Padre.

NotasEditar

  1. Ayuso de Vicente, María Victoria (1990). "Diccionario de términos literarios". Madrid: Akal: 80. 
  2. Domínguez 2004, p. 512.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Domínguez Caparrós, José (2016). Diccionario de métrica española. Madrid: Alianza editorial 3º ed. ISBN 978-84-9104-421-5. 

Outros artigosEditar