Reino de Trinacria

antigo reino da illa de Sicilia e Italia meridional entre 1282 e 1442

O Reino de Trinacria, tamén coñecido como Reino da Sicilia insular ou mesmo como Reino de Sicilia, constiuíuse en 1282, ano da coronación de Pedro III de Aragón, e consolidouse en 1302, ano da paz de Caltabellotta cando, á conclusión da primeira fase da guerra das Vésperas sicilianas, o Reino de Sicilia foi oficialmente dividido en dúas partes: a illa de Sicilia, denominada oficialmente como Reino de Trinacria, pero informalmente como Reino de Sicilia.

Modelo:Xeografía políticaReino de Trinacria

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalPalermo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1282 Editar o valor em Wikidata
Disolución1442 Editar o valor em Wikidata

Bandeira das Vésperas sicilianas.
Constanza II de Sicilia.

Ao mesmo tempo, a parte continental do Reino de Sicilia asumía a denominación de Reino da Sicilia citerior máis comunmente coñecido como Reino de Nápoles (e informalmente tamén como Reino de Sicilia), baixo a coroa do rei Carlos II de Anjou.

O nome "Trinacria" foi escollido en honor ao antigo símbolo da illa, o tríscele, termo derivado do grego τρισκέλιον triskélion, de τρισκελής triskelís, "con tres pernas", un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.

Orixe do conflito editar

Ao subir ao trono do Reino de Sicilia Manfredo o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexítimo de Frederico II emperador do Sacro Imperio, da casa de Hohenstaufen, devolvendo o Reino ao papado.

Pero en 1262, Constanza II de Sicilia, filla de Manferdo, casou con Pedro III o Grande, rei de Aragón, de Valencia e conde de Barcelona e dos demais Condados cataláns.

Esta situación provocou un enfrontamento entre a dinastía Hohenstaufen e a Casa de Aragón, xa que sendo Constanza a herdeira de Manfredo, provocou a antipatía do papa francés Clemente IV, que buscou a axuda en Carlos de Anjou, irmán máis novo do seu aliado Lois IX de Francia, san Lois.

As tropas de Carlos de Anjou entraron na illa e loitaron con Manfredo I Hohenstaufen e vencérono na batalla de Benevento, e Carlos foi coroado rei de Sicilia en Roma en 1266, como Calos I de Sicilia, inaugurando así a dinastía Anxevina.

Baixo o reinado de Carlos de Anjou e, posteriormente, o do seu fillo Carlos II, o norte do terrotorio foi moi favorecido en detrimento do sur, e así, entre outras cousas, a capital do Reino foi trasladada de Palermo a Nápoles. Esta situación de dominación anxevina concluiría coas chamadas Vésperas sicilianas,[1] que conduciron á división do Reino de Sicilia, en 1282, no Reino da Sicilia peninsular (coñecido como reino de Nápoles), baixo dominio anxevino, e o reino de Sicilia insular, ou Reino de Trinacria, baixo dominio aragonés.

Constanza e Pedro III editar

 
Pedro III de Aragón chega a Trapani.

Co matrimonio da herdeira legal de Manfredo I, Constanza II de Sicilia, con Pedro III o Grande, o Reino de Sicilia convértese nun dos principais intereses do rei aragonés, debido a que alegaba os dereitos da súa esposa ao trono do reino insular.

Cando Pedro III se dispoñía a facer valer o poder da súa frota no Mediterráneo, os sicilianos rebeláronse contra os Anjou (entre outras causas debido ás cargas impositivas que soportaban). A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomía política e conseguiu expulsar á dinastía anxevina. Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da súa esposa e, segregándose de Nápoles, entregáronlle a Pedro III o Reino.

División do Reino de Sicilia editar

Tras o falecemento de Carlos I en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragón en novembro dese mesmo ano, o Reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (Regnum Siciliae ultra farum, Sicilia, e Regnum Siciliae citra farum, Nápoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como rei de Sicilia, para distinguilos na historiografía emprégase rei de Nápoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamén coñecido como rei de Trinacria.[2][3][4]

Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e de Nápoles foron constantes até que foi elixido papa Benedito XII en 1334, que tiña relacións de amizade con Frederico II de Sicilia, e lle prometeu respecto na Santa Sé en Trinacria.

En ningún momento os nobres sicilianos aceptaron a vinculación da illa co resto dos dominios da coroa de Aragón, fóra da unión persoal co soberano. Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoán II de Aragón, duque de Peñafiel, nomeado en 1415. Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoán como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a súa corte en Sicilia, convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada unión persoal de Sicilia ao rei, non á coroa de Aragón. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Fin da separación dos Reinos editar

 
Afonso V o Magnánimo.

Os dous reinos resultantes estiveron separados até 1442, cando o rei de Aragón Afonso V o Magnánimo conquistou o Reino de Nápoles e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da casa de Anjou e constitíuse en dominio dos reis de Aragón, non da Corte nin do Reino de Aragón, senón do propio rei e a título individual.

En ningún momento as forzas políticas quixeron ir máis alá, rexeitando toda vinculación co resto dos dominios da coroa de Aragón, fóra da unión persoal co soberano, como demostra o Parlamento de 1413, que exixiu que o rei ou, no seu defecto, o príncipe herdeiro, puidese ser coroado en Palermo "como rei principal e afastado sen ter dependencia de ningunha outra parte" ("comu re princhipali et appartatu senza haviri dependencia de altra parte").

Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoán II de Aragón, duque de Peñafiel, nomeado en 1415. Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoán como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a súa corte en Sicilia, convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada unión persoal de Sicilia ao rei, non á Coroa de Aragón. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Notas editar

  1. I Vespri siciliani
  2. José María de Francisco Olmos (2003): El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística. Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Revista General de Información y Documentación, Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.
  3. John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged.... Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.
  4. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Vol. XLV, páx. 199.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Indro Montanelli e Roberto Gervaso (1967): "L'Italia dei secoli d'oro. Il Medio Evo dal 1250 al 1492", en Storia d'Italia. Milán: Rizzoli Editore.
  • Santi Correnti (1999): Storia della Sicilia. Roma: Newton & Compton. ISBN 88-8289-264-6.
  • Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier. Col. Università/Storia. ISBN 88-00-20474-0.
  • Hubert Houben (2009): Federico II. Imperatore, uomo, mito. Bologna: il Mulino. ISBN 978-88-15-13338-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Regno di Sicilia en Treccani.it – Enciclopedie on line, Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 15 de marzo de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2016 (en italiano).