Rebeca (nome)
Rebeca é un nome feminino galego de orixe hebraica.

A primeira mención ao nome atópase no Antigo Testamento (véxase Rebeca), coma dona de Isaac (fillo do patriarca Abraham), e nai de Xacob e mais de Esaú.
Rebeca é un dos nomes máis populares para as raparigas nos Estados Unidos, Australia, Canadá, Irlanda, Reino Unido e Suecia. En Galiza non é un dos nomes máis populares, con todo 2.879 mulleres levan este nome nas catro provincias[1]. Ningunha das parroquias galegas leva o nome de Rebeca como padroeiro, logo non era un nome común en Galiza.
Etimoloxía Editar
O seu significado máis probábel é ‘fascinante’. Pode ser de orixe aramea, aínda que isto é controvertido. W. F. Albright sostivo que significa ‘terra’, e que era o nome dunha deusa-terra. En grego tamén pode significar ‘fertilidade’.
Onomástica Editar
- 23 de marzo: Rebeca de Himlaia (Santa Rebeca de Himlaia - Rafka Choboq Ar-Rayes) nada en Himlaia, o 29 de xuño de 1832 e finada en Batroun o 23 de marzo de 1914. Foi unha relixiosa maronita libanesa, o seu nome real era Petra Choboq Ar-Rayes, descendía dunha familia campesiña.
Personaxes Editar
Históricas Editar
- Rebeca, muller da Biblia do Antigo Testamento.
Galegas Editar
- Rebeca Montero, actriz galega (n. 1967);
- Rebeca Baceiredo, filósofa e escritora galega (n. 1979);
Doutras nacionalidades Editar
- Rebecca Mader, actriz inglesa (n. 1977);
- Rebecca Romijn, actriz e modelo estadounidense (n. 1972);
- Rebecca West, escritora e xornalista de orixe irlandesa (n. 1892);
- Rebecca Latimer Felton, escritora, profesora, reformista estadounidense (n. 1835);
- Rebeca Clarke, compositora e violista inglesa (n. 1866);
- Rebeca Correa, poeta e tradutora neerlandesa-portuguesa en lingua castelá (n. 1655);
- Rebeca Acevedo, profesora e botánica chilena (n. 1902);
- Rebeca Matte Bello, escultora chilena (n. 1875);
- Rebecca Hall, actriz británica de cinema e televisión (n. 1982);
Variantes noutras linguas Editar
- alemán: Rebekka, Rebekah, Rebecka, Rebecca, Rebeccah, Rebeca, Becka, Becke, Beke
- árabe: هفيفار (Rafiq)
- búlgaro: Ребека (Rebeka)
- castelán: Rebeca, Rebe, Beca
- dinamarqués: Rebekka
- francés: Rebecca, Rebèque
- galego: Rebeca, Beca
- grego: Ρεβέκκα (Revekka)
- hebraico: רִבְקָה ,רבקה אמנו (Rivqa, Riḇqāh)
- hebraico estándar: Rivqa
- hebraico tiberiano: Riḇqāh
- húngaro: Rebeka, Baka
- inglés: Rebecca, Rebekah, Rebeccah, Becky, Bekah, Reba
- neerlandés: Rebecca, Rebekka
- polonés: Rebeka
- romanés: Rebeca
- ruso: Ревекка (Revekka)
- sueco: Rebecka
Notas Editar
- ↑ Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?L=0&vista=1&orig=ine&cmb4=99&cmb6=Rebeca&cmb7=6&x=14&y=8