Ramón Vilar Landeira

xornalista e escritor galego

Ramón Vilar Landeira, nado en Rodís (Cerceda) en 1973, é un xornalista, profesor e escritor galego.

Infotaula de personaRamón Vilar Landeira
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Rodís, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciatura en Filoloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 494 Dialnet: 4983388

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, onde mantivo ao longo de máis de dous anos unha columna de opinión diaria titulada Radiografías, logo pasaría a encargarse de cubrir as noticias da bisbarra de Ordes para a edición de Santiago de Compostela. Dende finais de 2004 ata outubro de 2006 formou parte da redacción do xornal Faro de Vigo en Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foi o último director de Vieiros, dende finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010.

Premios editar

Como xornalista conseguiu en 2006 o segundo premio na segunda edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo polo artigo Un idioma na cetaria, que analiza o problema da diglosia.

Como escritor obtivo o Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà e o Premio Valle-Inclán de Relato Curto en 2006, na súa quinta edición, coa obra Arrítmicos eran os corazóns, do que salienta o seu retrato do ambiente dos suburbios na cidade da Coruña, así como a figuración duns personaxes ben reflectidos e unha interesante carga erótica. En 2015 obtivo o Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela do concello da Estrada.[1]

Obra literaria editar

Narrativa editar

Obras colectivas editar

Notas editar

  1. "Ramón Vilar recibe el Premio Manuel Reimóndez Portela". Faro de Vigo (en castelán). 26 de setembro de 2015. 
  2. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  3. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar