Rícino
Rícino | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rícino (Ricinus communis) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Ricinus communis L., Sp. Pl., 2, p. 1007, 1753 [1] |
O rícino[1], Ricinus communis, é a única especie aceptada do xénero: Ricinus, planta arbustiva da familia Euphorbiaceae, de follas moi grandes, pecioladas, e froito capsular. Das súas sementes extráese un aceite purgante[2].
Descrición
editarO rícino é un arbusto de talo groso e lígneo, oco que, ao igual que os pecíolos, nervios e incluso as propias follas nalgunhas variedades, pode tomar unha cor púrpura escura e adoita estar cuberto dunha voaxa abrancazada, semellante á cera.
As follas son moi grandes, de nervación palmada e fendidas de 5 a 9 lobos, de bordos irregularmente dentados; as follas son alternas, con pecíolo moi longo, unido pola súa parte inferior.
As flores están dispostas en grandes inflorescencias, ergueitas, que, cando son novas, abrollan dunha espata nos nós entre o talo e os pedúnculos das follas; na parte inferior de ditas inflorescencias áchanse as flores masculinas, cun cáliz, con cinco pezas lanceoladas/triangulares e múltiples estames soldados, con forma de columna, ramificada en forma de coliflor. As flores femininas atópanse na parte superior da panícula, con ovario, formado por tres follas carpelares e rematado por un pistilo trifurcado, con papilas destinadas a captar o pole. Florea case todo o ano.
O froito é globuloso, trilobado, case sempre cuberto por abundantes pugas, que lle dan aspecto de ourizo; ten tres cavidades, cada unha cunha semente, grande e xaspeada, de superficie lisa e brillante, rematada por unha excrecencia e que contén unha toxina chamada de ricina.[3] Cando os froitos secan, a codia espiñenta ténsase aos poucos producindo finalmente un efecto de resorte que guinda a sementa a distancias superiores aos dez metros, sendo este o xeito de se espallaren.
Hábitat e distribución
editarCómpre dun clima cálido sen xeadas, está espallado por case todas as rexións cálidas do globo, téndose naturalizado por ser unha planta cultivada dende a antigüidade. Semella ser orixinaria do corno de África (Abisinia).
Toxicidade e usos
editarAs sementes son mou tóxicas, pola presenza dunha albumina chamada ricina, xa que abonda a inxestión dunhas poucas, mastigadas ou engolidas, para produciren un cadro de intensa gastroenterite con deshidratación; pode danar seriamente o fígado e mailo ril e incluso producir a morte. É unha das toxinas biolóxicas máis potentes que se coñecen.
O aceite de rícino, obtido por prensado das sementes e quentado para destruír a ricina, é un dos purgantes máis reputados, debéndose a súa acción ao ácido ricinoleico; ten o inconveniente do seu desagradábel sabor. Na actualidade encontra aplicacións na industria de tinturas e vernices, así como para a fabricación de lubrificantes e líquidos para freos.
- Química
Media da composición de ácidos graxos do óleo de rícino | ||||
---|---|---|---|---|
Nome do ácido | Rango de porcentaxes | |||
Ácido ricinoleico | 85 | fins | 95% | |
Ácido oleico | 6 | fins | 2% | |
Ácido linoleico | 5 | fins | 1% | |
Ácido linolénico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido esteárico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido palmítico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido dihidroxisteárico | 0,5 | fins | 0,3% | |
re | 0,5 | fins | 0,2% |
- Substancias nitroxenadas:
- Encima:
- Vitamina E. (ou alfatocoferol)
- Sales minerais
- Proteínas (20%)
Emprégase principalmente pola súa follaxe e penacho floral para muros de separación, sebes, pantallas e dar tons de cores nos fondos dos xardíns. As variedades que se utilizan son variacións na cor das follas e talos. Algunhas delas son:
- Cambogensis: con talos cun púrpura moi escuro (case negro)
- Gibsonii: con follas de cor encarnada escura
- Saguineus
- Zinzibarensis: con follas verdes
Taxonomía
editarRicinus communis foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1007. 1753.[4]
O nome do xénero, aplicado xa a esta planta por Plinio (15, 25) —aínda que tamén o aplicou á amora (froito dunha silveira (23, 137)— e outros autores látinos, alude á semellanza das súas sementes con certas carrachas, chamadas tamén de ricinus en latín. Mais o rícino era coñecido dende había moito antes, pois nomeábano xa autores gregos, como Teofrasto e Dioscórides, co nome de «croton» —nome que tamén usou Plinio (15, 25)— e as súas sementes apareceron en tumbas exipcias, moi anteriores.
- Sinonimia
Todos os innumerábeis táxones infra-específicos (subespecies, variedades, formas) son meros sinónimos da especie,[5] ademais das especies a seguir e os seus táxones infra-específicos:
- Cataputia major Ludw.
- Cataputia minor Ludw.
- Croton spinosus L.
- Ricinus africanus Mill.
- Ricinus angulatus Thunb.
- Ricinus armatus Andr.
- Ricinus atropurpureus Pax & K.Hoffm.
- Ricinus badiusRchb.
- Ricinus borboniensis Pax & K.Hoffm.
- Ricinus cambodgensis Benary
- Ricinus compactus Huber
- Ricinus digitatus Noronha
- Ricinus europaeus T.Nees
- Ricinus gibsonii auct.
- Ricinus giganteus Pax & K.Hoffm.
- Ricinus glaucus Hoffmanns.
- Ricinus hybridus Besser
- Ricinus inermis Mill.
- Ricinus japonicus Thunb.
- Ricinus krappaSteud.
- Ricinus laevis DC.
- Ricinus leucocarpus Bertol.
- Ricinus lividus Jacq.
- Ricinus macrocarpus Popova
- Ricinus macrophyllus Bertol.
- Ricinus medicus Forssk.
- Ricinus medius J.F.Gmel.
- Ricinus megalosperma Delile
- Ricinus megalospermus Delile
- Ricinus messeniacus Heldr.
- Ricinus metallicus Pax & K.Hoffm.
- Ricinus microcarpus Popova
- Ricinus minor Mill.
- Ricinus nanus Bald.
- Ricinus obermannii Groenl.
- Ricinus peltatus Noronha
- Ricinus perennis Steud.
- Ricinus persicus Popova
- Ricinus purpurascens Bertol.
- Ricinus ruber Miq.
- Ricinus rugosus Mill.
- Ricinus rutilans Müll.Arg.
- Ricinus sanguineus Groenl.
- Ricinus scaber Bertol. ex Moris
- Ricinus speciosus Burm.f.
- Ricinus spectabilis Blume
- Ricinus tunisensis Desf.
- Ricinus undulatus Besser
- Ricinus urens Mill.
- Ricinus viridis Willd.
- Ricinus vulgaris Mill.
- Ricinus vulgaris Garsault nom. inval.
- Ricinus zanzibarensis auct.
- Ricinus zanzibarinus Popova[5]
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Guía de plantas medicinais de Galicia, Vigo, Galaxia, 1996; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ Soto-Blanco B, Sinhorini IL, Gorniak SL, Schumaher-Henrique B. 2002. Ricinus communis cake poisoning in a dog. Vet Hum Toxicol. Jun 44(3):155-6.
- ↑ "Rícino". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Ricinus communis en The Plant List
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rícino |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rícino |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Manual de plantas de jardín. Michael Wright. Ed. Serbal. 1984.
- González Torres, Dionisio M. (2009): Catálogo De Plantas Medicinales (y Alimenticias y Útiles) Usadas En Paraguay., Editorial Servilibro, Asunción-Paraguai. ISBN 99925-859-6-X