Toxicoloxía

(Redirección desde «Tóxica»)

A toxicoloxía é a ciencia que estuda os velenos. Unha definición máis adecuada se cadra sexa aquela que considera a toxicoloxía como "a rama da ciencia que estuda os efectos nocivos das substancias químicas sobre os organismos, así como as súas interaccións cos mesmos". Segundo o concepto actual un tóxico é unha substancia que pode producir algún efecto nocivo sobre un ser vivo, alterando algún dos equilibrios dinámicos do mesmo.

Símbolo universal para recoñecer os velenos: unha caveira e dúas tibias.

Os científicos que se dedican ao estudo da toxicidade das substancias químicas e velenos son os chamados toxicólogos.

Etimoloxía

editar

Etimoloxicamente o termo procede do grego Toxikon, que fai referencia ao arco ou frecha, posiblemente en relación co emprego de velenos para a caza.

Historia

editar
 
Matheu Joseph Buenaventura Orfila.

Historicamente o home sempre estivo interesado na toxicoloxía, comezando a súa preocupación polas propiedades velenosas de animais e plantas. Ao longo da historia das distintas civilizacións os velenos foron empregados con distintos fins, desde a caza e pesca, ao asasinato de rivais políticos, ou tratamento de enfermidades.

Desde o punto de vista científico hai dous fitos na historia da toxicoloxía que deben ser resaltados: no século XVI o médico suízo Paracelso foi o primeiro en introducir o concepto de dose na toxicoloxía, e segundo as súas palabras todo é veleno, só a dose fai ó veleno, é dicir, todo pode ser veleno (ou non selo), só depende da dose na que se administre; este principio de Paracelso segue vixente na actualidade. O médico español natural de Menorca (1787-1853) Buenaventura Orfila pode ser considerado o fundador da toxicoloxía moderna, xa que foi o primeiro científico en usar de modo sistemático o test de experimentación animal e en desenvolver métodos de análise química para a identificación dos velenos nos tecidos e fluídos biolóxicos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Toxicología Fundamental M. Repeto. 3ª edición. Ed. Díaz de Santos.
  • Toxicology. Principles and Applications. R.J.M Niesink, J.de Vries e M.A.Hollinger. CRC Press. Nova York 1996.
  • Principles and Methods of Toxicology. A.Wallace Hayes. Raven Press. Nova York. 1994.

Ligazóns externas

editar