Abrir o menú principal

Paracelso

alquimista, médico e astrólogo suízo

Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,[1] ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,[2][3], nado en Zúric (Einsiedeln) o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo o 24 de setembro de 1541[4], foi un alquimista, médico e astrólogo suízo, coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso.

Paracelso
Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim
Paracelsus01.jpg
Paracelso por Quentin Matsys
Datos persoais
Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim
Nacemento10 de novembro de 1493
LugarZúric Suíza Suíza
Falecemento24 de setembro de 1541
LugarSalzburgo Austria Austria
SoterradoTomb of Paracelsus
ResidenciaSuíza Suíza
Nacionalidadesuízo/alemán
EtniaPobo suízo
Actividade
Campoalquimista, médico e astrólogo
Alma máterUniversidade de Basilea
Universidade de Viena
Universidade de Ferrara
Contribucións e premios
Coñecido porSe cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas
editar datos en Wikidata ]

Foi moi coñecido porque se cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas, e por darlle ao zinc o seu nome, chamándoo zincum[5]. O nome Paracelso (Paracelsus, en latín), que escolleu para si mesmo e polo que é xeralmente coñecido, significa "superior a Celso", un médico romano do século I.

TraxectoriaEditar

 
Memorial de Paracelso, no Parque do seu nome, en Einsiedeln (Suíza).
 
Monumento Paracelso e Beratzhausen, Baviera.
 
Gravado dunha salamántiga segundo Paracelso.

Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zúric), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguíndoos máis tarde en Viena. Doutorouse na universidade de Ferrara.

Paracelso estaba contra a idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.

As súas investigacións foron sobre todo no campo da mineraloxía. Viaxou bastante en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios ou medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.

Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.

Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades (sífilis e bocio, entre outras) e para combatelas serviuse do xofre e o mercurio.

Dise que Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.

A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouno na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital e máis querida. Fiel á concepción do home como microcosmos, puxo o firmamento no corpo do home e o designou como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático cuxo curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "Ascendente" ou horóscopo.

Atribúeselle a paternidade do termo Espaxiria.

Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico"; para el a medicina tiña catro piares:

  1. Astronomía.
  2. Ciencias naturais.
  3. Química.
  4. O amor.

Introduciu o uso do láudano.

O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).

A pesar de que ganou bastantes inimigos e tivo fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguira un camiño máis científico e se afastase das teorías dos escolásticos.

Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).

Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e os asociou aos catro sabores fundamentais.

Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe en día, na linguaxe coloquial, nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo, *dicharacheiro) e o carácter ácido pertencería ao temperamento melancólico.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Paracelso (2009). Ed. facsímile. Rodolfo Putz. Valladolid: Maxtor, ed. Botánica oculta: las plantas mágicas según Paracelso. ISBN 978-84-9761-275-3. 
  • – (2007 [2ª edición]). Edición de Jolande Jacobi, introdución de Gerhard Wehr, epílogo de C. G. Jung, tradución Carlos Fortea. El Árbol del Paraíso 24. Madrid: Ediciones Siruela, ed. Textos esenciales. ISBN 978-84-7844-567-7. 
  • – (2007). Barcelona: Ediciones Obelisco, ed. La naturaleza de las cosas. ISBN 978-84-9777-342-3. 
  • – (2004). Agotado. Barcelona: Ediciones 29, ed. Diccionario de botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-84-7175-529-2. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Los misterios de los signos del zodíaco: medicinas celestiales. Cura mágica de enfermedades con sellos grabados en metales. ISBN 978-84-7910-383-5. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. La aplicación de la magia divina: la filosofía oculta. ISBN 978-84-7910-381-1. 
  • – (2004). Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Los secretos de la alquimia: el arte oculto revelado en la naturaleza de los planetas. ISBN 978-84-7910-380-4. 
  • – (2003). Cuarta edición biligüe alemán-espanol. Barcelona: Ediciones Obelisco, ed. Libro de las ninfas, los silfos, los pigmeos, las salamandras y los demás espíritus. ISBN 978-84-9777-043-9. 
  • – (1999). Agotado. Barcelona: Editorial Humanitas, ed. Las plantas mágicas: botánica oculta. ISBN 978-84-7910-037-7. 
  • – (1997). Barcelona: MRA, ed. Manual de la Piedra Filosofal y otros textos alquímicos. ISBN 978-84-88865-28-1. 
  • – (1990). Barcelona: Edicomunicación, ed. Paracelso: Obras Completas. ISBN 978-84-7672-264-0. 
  • – (1984). Agotado. Buenos Aires: Editorial Kier, ed. Botánica oculta: las plantas mágicas. ISBN 978-950-17-0611-6. 
  • – (1977). Madrid: Luis Cárcamo editor, ed. Tres tratados esotéricos. ISBN 978-84-85316-00-7. 
  • – (1945). Contiene Estudio Preliminar sobre Paracelso; Libro de los Prólogos; Libro de las Entidades; Libro de las Paradojas. 435 págs. Buenos Aires, Argentina: Editorial Schapire, ed. Obras Completas (Opera Omnia). ISBN 978-84-86307-45-5. 
  • Agamben, Giorgio (2009). Buenos Aires: Adriana Hidalgo editora, ed. Signatura rerum: sobre el método. ISBN 978-987-1556-17-5. 
  • Jung, Carl Gustav. Madrid: Editorial Trotta, en prensa, ed. Obras completas. Volumen 13. Estudios Sobre Representaciones Alquímicas. Paracelso como fenómeno espiritual (1942). 
  • — (1999 [3ª edición 2007]). Madrid: Editorial Trotta, ed. Obras completas. Volumen 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso (1929). Paracelso como médico (1941/1942). ISBN 978-84-8164-300-8/ ISBN 978-84-8164-342-8. 
  • Puerto, Javier (2001). Tres Cantos: Nivola libros y ediciones, ed. Paracelso: el hombre en llamas. ISBN 978-84-95599-24-7. 
  • Riviere, Patrick (2001). Barcelona: Editorial De Vecchi, ed. Paracelso. ISBN 978-84-315-2642-9. 
  • Yates, F.A. (2008). Madrid: Ediciones Siruela, ed. El iluminismo rosacruz. ISBN 978-84-9841-176-6. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar