Carl Ludwig Blume

botánico alemán-neerlandés

Carl Ludwig Blume (en neerlandés Karel Lodewijk Blume), nado en Braunschweig (Alemaña) o 9 de xuño de 1796 e finado en Leiden (Países Baixos) o 3 de febreiro de 1862, foi un naturalista e botánico alemán-neerlandés.

Modelo:BiografíaCarl Ludwig Blume

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1796 Editar o valor en Wikidata
Braunschweig, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1862 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Leiden, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Cargos
Director do Rijksherbarium
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, entomólogo, micólogo, ilustrador científico, profesor universitario, pteridólogo, briólogo, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Q26203895 Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1831–1862) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBlume Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Portada de Collection des Orchidées les plus remarquables de l'archipel Indien et du Japon, de Blume

Traxectoria

editar

Estudou na Universidade de Leiden (na que tamén foi profesor) e pasou a súa vida profesional traballando nas Indias Orientais Neerlandesas, especialmente na illa de Xava, e nos Países Baixos, onde foi o director do Rijksherbarium (Herbario do Estado) en Leiden. Levou a cabo uns extenso estudos da flora do sur de Asia, particularmente da illa de Xava. Ademais de botánico, tamén foi entomólogo.[1]

O seu nome preséntase ás veces en neerlandés, como Karel Lodewijk Blume, pero a forma alemá é a máis amplamente utilizada nos textos botánicos.

Desde 1823 a 1826 Blume foi o subdirector de agricultura no xardín botánico de Bogor (en neerlandés Buitenzorg) en Xava.

En 1818 foi elixido membro da Academia alemá das Ciencias Naturais Leopoldina.[2] En 1827 foi elixido membro correspondente do Real Academia da Artes e das Ciencias dos Países Baixos.[3] E en 1855, elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca de Ciencias.

Blume planeou, xunto con Philipp Franz von Siebold, a fundación da "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw" (Real Sociedade Neerlandesa para o Avance da Horticultura), que comezou os seus traballos en 1842.[4]

Carl Ludwig Blume mantivo correspondencia durante un tempo con Charles Darwin.

Estudou e describiu numerosos xéneros de orquídeas.

  • "Catalogus van eenige der merkwaardigste zoo in- als uitheemse gewassen, te vinden in 's Lands Plantentuin te Buitenzorg" opgemaakt door C. L. Blume, M.D., Directeur van voorz. tuin. s.l. n.d. (Catálogo de algunhas plantas nativas e exóticas en Buitenzorg) Batavia 1823
  • Tabellen en Platen voor de Javaansche Orchideen. 1825
  • Bijdragen tot de flora van Nederlandsch Indië... (Contribucións á flora das Indias Neerlandesas) 1825-1827
  • Enumeratio plantarum Javae et insularum adjacentium 1827-1828
  • Flora Javae nec non insularum adjacentium... Arquivado 31 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (con J. B. Fischer) 1828-1858
  • "Rumphia, Sive Commentationes Botanicae imprimis de Plantis Indiae Orientalist, Lugdunu-Batavorum", Ámsterdam, Bruxelas e París, 1835-1848. 4 vv.
  • Museum botanicum lugduno-batavum..., 1849-1857
  • Flora Javae et insularum adjacentium nova series 1858-1859
  • "Collection des Orchides les plus remarquables de l’Archipel Indien et du Japon". Ámsterdam, 1858. Con texto e gravados fidedignos en cor.

Honores

editar

Eponimia

editar
Xéneros
Revista

Abreviatura

editar

A abreviatura Blume emprégase para recoñecer a Carl Ludwig Blume como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

  1. Eckhard K. Groll: "Blume, Karl Ludwig" en Biographies of the Entomologists of the World.
  2. Carl Ludwig von Blume Arquivado 07 de xullo de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Leopoldina.
  3. "Carl Ludwig Blume (1796 - 1862)". Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  4. IPNI: "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw".
  5. Guill. Arch. Bot. ii. 1833 514 (IK)
  6. Consp. Regn. Veg. 209 1828 (IK)
  7. Bull. Soc. Bot. France 42: 441 1895 (IK)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar