Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

Certame literario de narrativa

O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario convocado entre 2001 e 2017 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés.[1] Recupera a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.[2]

Antecedentes editar

O precedente de devandito premio é o concurso de narrativa curta "Relatos de verán" que comezou no ano 2000, podendo participar calquera persoa con relatos inéditos tanto en galego como en castelán,[3] escollendo semanalmente os lectores mediante votación por correspondencia os seus relatos preferidos.[4] Tucho Calvo tamén publicou ao longo do mes de agosto dese ano unha novela por entregas nas páxinas de La Voz de Galicia, O xabaril branco; meses máis tarde apareceu publicada pola editorial Ir Indo en forma de libro con ilustracións de Miguelanxo Prado.[2][5]

Bases do concurso editar

O premio está aberto á participación de tódalas persoas que presenten unha novela inédita en galego e que non opte a outros certames, a temática é libre e deben estar estruturadas en 31 capítulos –un por cada día de agosto– axustándose cada capítulo a 3 500 caracteres, cumprindo as características dunha narración por entregas. Unha vez aberto o prazo para a súa presentación, os orixinais poden envíanse por correo ordinario ou por correo electrónico desde a data da convocatoria até mediados do mes de xullo.[3] Un xurado designado pola organización selecciona tres finalistas candidatos ao galardón de entre tódolos textos recibidos, a novela vencedora obtén unha dotación económica e publícase no xornal durante o mes de agosto.[6]

Gañadores editar

A novela gañadora de entre as tres finalistas dáse a coñecer no transcurso dunha cea literaria, á que asisten diversas personalidades da cultura[7] e á que deben acudir os autores, especialmente os tres finalistas. O nome dos autores permanece oculto baixo o segredo da plica, que só se abre perante os asistentes desvelando publicamente o vencedor.[8] A dotación económica do premio ascendeu desde os 6 000 no ano 2001[1] até 10 000 € en 2017.[3] A obra gañadora publícase diariamente ao longo do mes de agosto[6] de forma capitular nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e mais na súa edición dixital.[3] O mesmo ano edítase a obra en formato libro, coa devindicación habitual de dereitos de autor.[1] A primeira novela gañadora foi publicada pola editorial Ir Indo, á que se sumaron nas seguintes edicións Xerais, Sotelo Blanco, Biblos Clube de Lectores, Everest e Galaxia.

Edición Ano Autor Título Editorial Ilustracións Xénero
I2001 Marilar Aleixandre Unha presa de terraIr IndoMiguelanxo PradoPolicial

O cadáver dunha muller aparece nun ascensor, ademais das pescudas policiais, unha detective privada vai investiga-lo caso.[9] 

II2002 Miguel Suárez Abel O repenique de Beatriz GondarIr IndoNorberto FernándezMisterio

Mario, un mozo estudante de historia en Santiago de Compostela, coñecerá unha enigmática muller que modificará por completo a súa vida.[7] 

III2003 Xosé Antonio Perozo Caderno de RipariaXeraisJosé MatalobosMisterio

Unha historia de amor mesturada co esoterismo na illa Riparia, nunha trama histórica de políticos que nos leva do presente ao pasado, á España de 1936.[10] 

IV2004 Ángel de la Cruz O descenso do derradeiro ocasoSotelo BlancoMisterio

Dúas reporteiras da Televisión de Galicia viaxan a unha vila da Raia, pretenden esclarecer un asasinato para presentalo nun programa de sucesos co fin de incrementar o índice de audiencia.[11] 

V2005 Carlos Freire Acio sanguentoXeraisPolicial

Un home desaparece durante nunha despedida de solteiro, a intriga aumenta cando ao día seguinte aparece morto o pai do desaparecido.[12] 

VI2006 Santiago Lopo Game OverBiblos Clube de LectoresNorberto FernándezIntriga

O mundo de Internet e dos videoxogos son un lugar fóra da realidade nos que se poden atopar certas semellanzas co País das marabillas de Alicia.[13] 

VII2007 Concha Blanco Habitación 202EverestMisterio

Un licenciado xornalista comeza a recibir visitas dun ser que parece chegar do alén, conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá.[14] 

VIII2008 Emilio Alonso Pimentel MercurioXeraisPolicial

Un expolicía exerce como criminólogo, famoso grazas á televisión.[15] 

IX2009 Alberto Ramos Con acuse de reciboBiblos Clube de LectoresJuan Carlos AbraldesIntriga

Persoas normais teñen que afrontarse á ruptura do cotián para poder continuar cara a adiante.[16] 

X2010 An Alfaya Vía secundariaXeraisJuan Carlos Abraldes

Na vía secundaria que conduce a un polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva que marcará un punto de inflexión na vida das persoas que participan no suceso.[17] 

XI2011 Diego Ameixeiras Historias de OregónXeraisPolicial

Unha moza brasileira desaparece en Oregón e posteriormente aparece morta a tres quilómetros da ponte do Bibei, a investigación céntrase nas persoas relacionadas coa vítima.[18] 

XII2012 Fran Alonso A punta de pistolaXeraisPolicial

Un delincuente de pouca monta e a súa muller acoden a ver os seus fillos baixo a tutela dos servizos sociais mais aproveitan a oportunidade para secuestralos. Paralelamente, conta a historia dunha camioneira emprendedora que conduce e escribe nun blog.[19] 

XIII2013 Francisco Castro Veloso O corazón da branca de neveGalaxiaPolicial

O inspector Hermida intenta atopar unha bebé roubada a unha rapaza emigrante. A historia trata o tema das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos.[20] 

XIV2014 María Reimóndez A dúbidaXerais

Unha muller sofre un conflito psicolóxico cando descobre que o seu marido é acusado de abusos sexuais contra un menor.[21] 

XV2015 Arantza Portabales SobrevivindoGalaxiaJuan Carlos AbraldesIntriga

Val Valdés é unha muller que se converte en gañadora dun programa de telerrealidade no ano 2000, o que a transforma nunha persoa rica que apenas ten vida privada.[22] 

XVI2016 Blanca Riestra Noire CompostelaGalaxiaJuan Carlos AbraldesPolicial

O inspector Touriñán e os axentes especializados están a investigar os delitos cibernéticos que acaban de descubrir.[23] 

XVII2017 Fran Fernández Davila A senda de salGalaxiaJuan Carlos AbraldesHistórica

Un vello mariñeiro de Vigo lévanos cos seus relatos aos tempos da segunda guerra mundial.[24] 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Máis de trinta obras compiten polo premio de novela por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22-05-2001. Consultado o 10-04-2019. 
  2. 2,0 2,1 Ponte Far, José Antonio (20-01-2001). "O xabaril branco". La Voz de Galicia. Consultado o 10-04-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "La Voz convoca o 17.º Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 14-06-2017. Consultado o 10-04-2019. 
  4. "O Concurso de Relatos de Verán de La Voz supera xa os 600 orixinais". La Voz de Galicia. 12-08-2000. Arquivado dende o orixinal o 10-04-2019. Consultado o 10-04-2019. 
  5. "La novela «O xabaril branco» podrá ser bajada de Internet desde hoy". La Voz de Galicia (en castelán). 23-10-2000. Arquivado dende o orixinal o 01-12-2017. Consultado o 10-04-2019. 
  6. 6,0 6,1 "O Premio de Novela por Entregas de La Voz xa ten finalistas". La Voz de Galicia. 04-07-2016. Consultado o 11-04-2019. 
  7. 7,0 7,1 Conde, María (11-04-2003). "Suárez Abel encomia a recuperación da novela por entregas en La Voz". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 10-04-2019. Consultado o 10-04-2019. 
  8. "O Premio de Novela por Entregas de La Voz conta con tres finalistas". La Voz de Galicia. 01-07-2004. Consultado o 11-04-2019. 
  9. Ocampo Vigo, Eva (29-10-2002). "O libro «Unha presa de terra», de Marilar Aleixandre, foi gañadora do premio de novela por enregas de La Voz". La Voz de Galicia. Consultado o 09-04-2019. 
  10. "Xosé Antonio Perozo gaña o terceiro Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-07-2003. Consultado o 11-04-2019. 
  11. "Ángel de la Cruz gaña o cuarto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22 de xullo de 2004. Consultado o 11-04-2014. 
  12. "Carlos Freire gaña o quinto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 14-05-2005. Consultado o 12-04-2019. 
  13. "Santiago Lopo gaña o sexto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 13-07-2006. Consultado o 22-05-2019. 
  14. "Concha Blanco asinou en Cee exemplares da súa última obra". La Voz de Galicia. 13-08-2008. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 13-04-2019. Consultado o 13-04-2019. 
  15. "La Voz publica a partir de mañá os Relatos de Verán e a novela por entregas". La Voz de Galicia. 31-07-2008. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2019. Consultado o 13-04-2019. 
  16. "Alberto Ramos presenta «Con acuse de recibo», novela gañadora do premio por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 19-05-2010. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2019. Consultado o 13-04-2019. 
  17. "«Vidas cruzadas», de An Alfaya, gaña o Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 21-07-2010. Consultado o 13-04-2019. 
  18. "Diego Ameixeiras gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 08-07-2015. Consultado o 13-04-2019. 
  19. "Fran Alonso gaña o XII Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 18-07-2012. Consultado o 13-04-2019. 
  20. "Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz". 12-07-2013. Consultado o 13-04-2019. 
  21. "María Reimóndez gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-08-2014. Consultado o 13-04-2019. 
  22. "Arantza Portabales gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 15-07-2015. Consultado o 13-04-2019. 
  23. "Blanca Riestra gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". Voz de Galicia. 08-07-2016. Consultado o 13-04-2019. 
  24. Lamas, Jorge (30-11-2017). "Galaxia edita «A senda de sal», premio de novela por entregas de La Voz 2017". La Voz de Galicia. Consultado o 13-04-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar