Porto de Marín

porto en Marín e Pontevedra

Coordenadas: 42°24′03″N 8°41′32″O / 42.400888888889, -8.6921666666667

O porto de Marín é un porto de interese xeral do estado situado en terreos dos concellos de Marín e Pontevedra. Está na beira sur da Ría de Pontevedra.

Porto de Marín
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeMarín, Pontevedra
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
PropietarioPortos do Estado
TipoMarítimo
PresidenteJosé Benito Suárez Costa
(desde 2009)
Estatísticas
https://www.apmarin.com/

O porto esténdese desde Punta Pesqueira no municipio de Marín ata Praceres no municipio de Pontevedra. Utilízase como porto mercante (contedores, graneis) e pesqueiro. Tamén se utiliza como porto deportivo.

Historia editar

A actividade portuaria está documentada en Pontevedra e a súa ría desde a Antigüidade, grazas ao miliario romano que se conserva no Museo de Pontevedra[1] e cuxa inscrición fai referencia á súa importancia como vía de comunicación marítima.

No século XVI, Pontevedra era a cidade máis importante de Galicia[2] e o porto de Pontevedra era o máis activo da rexión e do noroeste de España. Algúns historiadores estiman que o movemento económico xerado polo asentamento podía alcanzar os 80.000 ducados anuais.[3]

No século XVII, o porto de Pontevedra comezou a decaer pola falta de calado necesario para os barcos, cada vez máis grandes, e pola sedimentación provocada polas crecidas do río Lérez desde finais do século XVI.[4] A actividade portuaria foise trasladando paulatinamente a Marín.

A mediados do século XVIII, a ría de Pontevedra iniciou o seu desenvolvemento comercial e industrial. A súa riqueza pesqueira propiciou o establecemento de numerosas fábricas de salgaduras,[5] conservas e outras actividades relacionadas co mar. O crecemento e importancia do porto de Marín manifestouse xa no século XVIII grazas ao mosteiro de Oseira,[4] que o abriu á pesca e ao comercio exterior.

En 1861, o porto de Marín converteuse nun importante punto de partida de novas rutas cara a América. Inaugurouse un servizo directo de ida e volta a Buenos Aires e Montevideo. En 1868, Marín converteuse nun distrito marítimo de primeira clase en España e beneficiouse dos servizos de moitos consulados europeos e suramericanos debido ao importante movemento comercial e migratorio.[6]

En 1883, o Concello de Pontevedra solicitou que o porto de Marín se convertese en porto de interese xeral e o 30 de agosto de 1886 foi declarado como tal.[7] A baía a finais do século XIX dispoñía dun peirao, o Dique Vello do Leste, próximo á desembocadura do río Lameiriña onde se concentraba o núcleo de poboación mariñeiro. Foi en 1896 cando Narciso Puig de la Bellacasa terminou o primeiro proxecto para mellorar as súas instalacións.

O 5 de marzo de 1933 inaugurouse a sede da autoridade portuaria na avenida das Corvaceiras, no porto de Pontevedra. Nos anos 1940 foi cando, acabadas as obras da Escola Naval, iniciáronse os recheos da enseada para albergar as novas instalacións do porto, cuxo máximo desenvolvemento alcanzouse na década dos anos 1960 coa grande obra do porto pesqueiro. Foi cando se construíu a autovía entre Marín e Pontevedra.[6]

En 1992, coa Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, a entidade responsable do porto de Marín pasou a ser a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O 30 de xullo de 2010 inaugurouse a nova sede da Autoridade Portuaria dentro do porto, no Parque Cantodarea de Marín.[8]

Peiraos e instalacións editar

O Porto de Marín conta cun total de 1.806 metros de dársenas comerciais para o tráfico marítimo e 2.686 metros de dársenas pesqueiras destinadas ás actividades de pesca e avituallamento.[9] O porto conta con máis de 75 hectáreas de espazo portuario e máis de 9.800 hectáreas de superficie marítima.[10] O calado máximo é de 12,8 metros.

 
Guindastres no Porto de Marín

O porto conta, entre outras instalacións, cunha moderna lonxa de poxa de peixe climatizada, unha terminal cuberta, unha rede ferroviaria interna, un posto de inspección fronteirizo e dous estaleiros.

Peiraos comerciais editar

  • Peirao Comercial de Marín: Carga Xeral
  • Novo Peirao Comercial de Marín nº 0: Reparacións
  • Novo Peirao Comercial de Marín nº1: carga Xeral
  • Peirao Manuel Leirós 1: Carga seca a granel por instalación especial, carga xeral
  • Peirao Manuel Leirós 2: Graneis secos por instalación xeral, carga xeral
  • Peirao Comercial Sur: carga xeral
  • Peirao transversal Manuel Leirós: carga xeral
  • Peirao Adolfo Reboredo 1: Portacontedores, carga xeral
  • Peirao Adolfo Reboredo 2: Portacontedores, carga xeral
  • Peirao Adolfo Reboredo 3: Portacontedores, carga xeral
  • Peirao de expansión Este: carga xeral
  • Peirao Oeste: carga xeral, graneis

Peiraos pesqueiros editar

  • Peirao de pesca do norte
  • Peirao de pesca do leste
  • Peirao de pesca do sur
  • Peirao de pesca de baixura Oeste
  • Peirao de pesca de baixura Leste
  • Peirao de pesca de baixura Sur
  • Rampla de pesca de baixura
  • Peiraos flotantes
  • Peirao de Pasaxeiros de Ría
  • Peirao Illa de Ons
  • Peirao de reparación 1
  • Peirao de reparación 2

Tráfico editar

Tráfico comercial editar

En 2017, o tráfico total do porto de Marín-Pontevedra foi de 2.523.054 toneladas.[11] O tráfico de graneis supuxo 915.812 toneladas anuais. As mercadorías máis importadas son froitas, cereais, pasta de papel, peixe conxelado ou produtos siderúrxicos.[12] O porto de Marín é tamén un importante centro loxístico para a recepción, transformación e expedición de produtos do mar conxelados.[13]

O tráfico aumentou significativamente nos últimos anos, en particular grazas á terminal de contedores, que xerou un movemento de 88.938 toneladas en 2017.[14]

Conexións viarias e ferroviarias editar

Conexións internas editar

Transporte viario editar

Os peiraos están conectados por unha rede de camiños interiores de lastras de granito sobre formigón.

Transporte ferroviario editar

O porto conta cunha rede ferroviaria interna que permite o acceso ás zonas de descarga e almacéns. Esta rede ferroviaria interna conta con 7 quilómetros de vía.

Conexións externas editar

Transporte por estrada editar

O porto está conectado coa circunvalación de Pontevedra PO-10, o que permite un fácil acceso ao resto do país, incluída a autoestrada AP-9 (A Coruña-Tui).

A PO-11 é unha autovía urbana de aproximadamente 4 km que conecta a AP-9 e a PO-10 (circunvalación sur de Pontevedra) co Porto de Marín, no suroeste da cidade. Dá servizo ao porto e permite o acceso directo ao mesmo sen cruzar Pontevedra desde a AP-9. Continúa a Variante Sur (PO-10) e cruza a AP-9 ao sur de Pontevedra. A continuación bifúrcase coa Variante Oeste (PO-12) ao suroeste da cidade e segue a costa ata o Porto de Marín.

Saídas Cidades
  Pontevedra NorteSantiago de CompostelaA Coruña  

VigoTuiPortugal  
Pontevedra SurOurenseA-57 

AP-9
AP-9
PO-10
  Pontevedra OestePontevedra – Avenida de Marín PO-12
 01 Zonas industriais
 02 Porto de Pontevedra
  Só para autorizados
  Marín Centro - Marín - Avenida Marqués de Valterra

Ferrocarril editar

O ferrocarril na zona de servizo do Porto de Marín está conectado á rede nacional a través da estación de ferrocarril de Pontevedra, situada entre os barrios da Parda e do Gorgullón, permitindo o transporte de mercadorías a través de RENFE. A liña de mercadorías ao porto foi inaugurada o 10 de xullo de 2002 e ten unha lonxitude de 6,487 km desde Pontevedra a Marín.[15][16]

Galería editar

Notas editar

  1. "Un segundo miliario romano identifica a Pontevedra con Turoqua". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de novembro de 2006. 
  2. "Fortes describe la Pontevedra del siglo XVI como «abierta y divertida»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 2005. 
  3. "«A Gran Historia de Galicia» aborda el papel de Pontevedra en el siglo XVI". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2007. 
  4. 4,0 4,1 "Recordando la ciudad que fue puerto". Faro (en castelán). 25 de agosto de 2007. 
  5. "«La salazón fue la revolución industrial de Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2002. 
  6. 6,0 6,1 "Una relación histórica con el pueblo". Faro (en castelán). 5 de decembro de 2017. 
  7. "Marín, puerto de interés general desde 1886". Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de agosto de 2016. 
  8. "El Puerto se abre a Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 2010. 
  9. "Mapa do porto" (PDF). Autoridade portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (en castelán). 1 de xuño de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2023. 
  10. "El Puerto, cinco años sin un Plan de Usos adaptado a su realidad". Faro (en castelán). 20 de maio de 2021. 
  11. "Estatística do Tráfico Portuario 2017" (PDF). Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (en castelán). 31 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2023. 
  12. "Marín lidera la importación de fruta entre los puertos del norte de España". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2019. 
  13. "Los fondos de la UE refuerzan el papel del Puerto como dinamizador económico". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018. 
  14. "El tráfico anual del puerto de Marín se acerca a los 2,5 millones de toneladas". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 2017. 
  15. "El enlace ferroviario con el puerto de Marín entrará en funcionamiento a partir del 10 de julio". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 2002. 
  16. "El tren atraviesa Placeres desde hace una década". Faro (en castelán). 8 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar

Ligazóns externas editar