Abrir o menú principal
Dársena do porto de Melilla.
Dársena do Porto da Coruña.
Dársena da Estación de buses de Sete Rios, Lisboa.

Unha dársena é, nas augas navegábeis, un lugar protexido —natural ou artificialmente— nos portos, enseadas ou baías, onde os barcos poden levar a cabo as operacións de carga e descarga, ou aparellar e reparar as embarcacións.[1]

Índice

EtimoloxíaEditar

A palabra dársena deriva do árabe hispánico *ãdár aṣṣán‘a, e este de dár aṣṣiná‘a que, á súa vez, vén do árabe clásico dār aṣṣinā‘ah (de دار dār, "casa" e الصناعة aṣ-ṣinā‘ah, "a arte", "a fábrica"), é dicir, a "casa da fábrica",[2] referíndose orixinariamente a un peirao onde se fabricaban e reparaban embarcacións.

O termo dār aṣṣinā‘ah tamén deu orixe á palabra arsenal.[3]

Outros usosEditar

Tamén se chama dársena a cada unha das divisións que se acondicionan nos portos artificiais, para crear distintos peiraos como, por exemplo, nos portos deportivos.

Así mesmo, e por extensión, denomínanse dársenas ás plataformas onde se estacionan os autobuses nas estacións de autobuses.

NotasEditar

  1. dársena no dicionario da RAG.
  2. dársena no DRAE.
  3. arsenal no DRAE.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar