Ploceidae
Ploceidae Ploceidos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ploceus cucullatus macho | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A dos ploceidos (Ploceidae) é unha familia de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos e superfamilia dos paseroideos.
Porén, nas clasificacións máis recentes, o dos ploceido é un clado no que se exclúe a algunhas aves que historicamente foron situadas na familia, como algúns dos pardais, pero que inclúe a subfamilia monotípica dos Amblyospizinae. Crese que a familia orixinouse a mediados do mioceno.[1]
Todas as especies dos ploceidos son propias do Vello Mundo, e a maioría habitan na África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical e en Australia. Unhas poucas foron introducidas fóra da súa área de distribución orixinaria.[2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia dos ploceidos foi descrita en 1838 polo zoólogo sueco Carl Jakob Sundevall,[3][4] na páxina 74 do seu traballo "Ornithologiskt system",[5] publicado en Kongliga Svenska Vetenskapsakademiens Handlingar: 43–130, baixo o nome de Ploceïdes.[5]
Etimoloxía
editarO nome científico do xénero, Ploceidae, está formado, como é o usual, coa raíz do nome do seu xénero tipo, Ploceus, e o sufixo do latín científico -idae, usado para construír os nomes das familias de animais (substituíndo ao incorrecto "Ploceïdes" que lle adxudicara Sundevall).
Nota taxonómica
editarAs especies dos ploceidos, a pesar das súas semellanzas morfolóxicas, non están estreitamente relacionadas cos pardais (paséridos) nin cos emberícidos, segundo Luis Allende et al.[6][7]
Nomes vulgares
editarMoitas das súas especies deben o seu nome vulgar en castelán, tejedores (tecedores), e o o inglés de weavers (tecedores), aos seus niños entretecidos (os máis elaborados que os de ningunha outra ave). Os autores de fala inglesa dividen os xéneros da familia nos grupos de buffalo weavers (tecedores dos búfalos), sparrow weavers (tecedores pardais), typical weavers (tecedores típicos) e widow weavers (tecedores viúvas).
Xéneros
editarA maioría dos autores recoñecen na actualidade os seguintes 11 xéneros:[3]
- Amblyospiza Sundevall, 1850
- Anaplectes Reichenbach, 1863
- Brachycope Reichenow, 1900
- Bubalornis A. Smith, 1836
- Dinemellia Reichenbach, 1863
- Euplectes Swainson, 1829
- Foudia Reichenbach, 1850
- Malimbus Vieillot, 1805
- Ploceus Cuvier, 1816
- Quelea Reichenbach, 1850
- Sporopipes Cabanis, 1847
Características
editarAdoitan mostrar un gran dimorfismo sexual. Os machos de moitas especies desta familia presentan unha plumaxe de cores vivas, normalmente vermella ou amarela e negra, mentres que as fembras son de coloracións máis apagadas. Porén, algunhas especies mostran variacións de cor só na época da reprodución.[2]
Son paxaros comedores de sementes, que apañan cos seus robustos peteiros cónicos. Os niños varían en tamaño, forma, material usado e mas técnicas de construción dunha especie a outra. Os materiais usados para a súa construción inclúen fibras finas de follas, herba e ramiñas. Moitas especies tecen niños moi finos usando febras finas de follas, aínda que algunhas, como as dúas do xénero Bubalornis e a única do xénero Dinemellia, forman niños pegados desordenadamente de forma masiva nas súas colonias de cría, as cales teñen dentro varios niños esféricos tecidos.[8]
Algunhas especies africanas, como Philetairus socius, constrúen niños de apartamentos, nos que de 100 a 300 parellas teñen a súa propia cámara en forma de frasco cunha entrada tubular ao fondo.[9]
A maioría das especies tecen niños que teñen entradas estreitas, que se dirixen cara a abaixo. Os tecedores son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. Usualmente son os machos os que tecen o niño, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[2]
Distribución e hábitat
editarComo quedou dito, son paxaros do Vello Mundo, a maioría habitantes da África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical e en Australia.
As súas colonias pódense atopar frecuentemente preto de corpos de auga.
Comportamento e ecoloxía
editarAínda que os tecedores noméase así polos seus niños elaboradamente tecidos, como vimos máis arriba, algúns son notábeis polos seus hábitos de nidificación parasitos selectivos.
Relacións cos humanos
editarOs ploceidos son aidoito causantes de danos á agricultura, notoriamente a especie Quelea quelea, que ten a fama de ser a ave máis numerosa do mundo.[10][11]
Galería
editar-
Un niño nas primeiras fases de construción
-
Sporopipes adulto no seu niño esférico de céspede, colocado nun arbusto
-
Niños comunais de Philetairus en Namibia central
-
Niño de Pseudonigrita en Kenya, coa entrada debaixo
-
Niño de Ploceus benghalensis suspendido na herba, na India
-
Ploceus philippinus no seu niño inacabado, no norte da India
-
Niños dunha colonia de Ploceus philippinus suspendidos nunha palmeira, na India
-
Macho de Quelea no niño escondido nun arbusto espiñnto de Senegalia nigrescens
-
Euplectes orix construíndo un niño en canas, en Suráfrica
-
Niños dunha colonia de Ploceus sakalava, en Madagascar
-
Niños esféricos de Ploceus cucullatus suspendidos nunha palmeira, na Árica Occidental
-
Un macho de Ploceus velatus construíndo o seu niño, en Namibia
Notas
editar- ↑ De Silva, Thilina N.; Peterson, A. Townsend; Bates, John M.; Fernando, Sumudu W.; Girard, Matthew G. (abril 2017). "Phylogenetic relationships of weaverbirds (Aves: Ploceidae): A first robust phylogeny based on mitochondrial and nuclear markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 109: 21–32. Consultado o 19 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Craig, Adrian 2010, pp. 74–197.
- ↑ 3,0 3,1 Ploceidae Sundevall, 1836, no ITIS.
- ↑ Bock, Walter J. (1994). History and Nomenclature of Avian Family-Group Names. Bulletin of the American Museum of Natural History. Number 222. New York: American Museum of Natural History. pp. 157, 260.
- ↑ 5,0 5,1 Sundevall, Carl Jakob (1836). "Ornithologiskt system". Kongliga Svenska Vetenskapsakademiens Handlingar: 43–130.
- ↑ Allende, Luis M.; Rubio, Isabel; Ruíz del Valle, Valentin; Guillén, Jesús; Martínez-Laso, Jorge; Lowy, Ernesto; Varela, Pilar; Zamora, Jorge; Arnáiz-Villena, Antonio (2001). "The Old World sparrows (genus Passer) phylogeography and their relative abundance of nuclear mtDNA pseudogenes" (PDF). Journal of Molecular Evolution 53 (2): 144–154. PMID 11479685. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 se xullo de 2011.
- ↑ Arnáiz-Villena, A.; Gómez-Prieto, P.; Ruiz de Valle, V. (2009). "Phylogeography of finches and sparrows". Animal Genetics. Nova Science Publishers. ISBN 978-1-60741-844-3. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 Lewis, Dale M. (2008): "Cooperative breeding in a population of White-browed Weavers Plocepasser mahali". Ibis 124 (4): 511–522.
- ↑ ¿Sabías que el nido de ave más grande del mundo lo teje un pájaro social del tamaño de un gorrión? en Fundación Acquae.
- ↑ Fry & Keith 2004.
- ↑ BirdLife International (2018): Quelea quelea na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 19 de abril de 2019.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ploceidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ploceidae |
Bibliografía
editar- Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
- Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
- VV. AA. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Volume 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427.
- Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica. Londres, Reino Unido: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, pp. 363-373.