Ploceus

xénero de aves

Ploceus

Ploceus cucullatus macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Ploceus
Cuvier, 1816
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Pachyphantes Shelley, 1896 [1]

Ploceus é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, o xénero tipo da familia dos ploceidos.

O xénero comprende sesenta e catro especies propias da África subsahariana e da rexión Indomalaia.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico do xénero tomouno Cuvier do grego antigo πλόκευς plókeus, 'trenzador', 'entrelazador', 'tecedor', derivado do verbo πλέκω plékō, 'trenzar', 'entrelazar',[3] en alusión aos hábitos destes paxaros de construíren os seus niños tecendo febras vexetais.

Nomes vulgares editar

As especies deste xénero deben o seu nome vulgar en castelán, tejedores (tecedores), e en inglés, de weavers (tecedores), debido aos seus niños entretecidos (os máis elaborados que os de ningunha outra ave).

Especies editar

Na actualidade recoñécense neste xénero as 64 especies seguintes:[1][4][5]

Características editar

Os machos de moitas das especies desta familia teñen a plumaxe de cores brillantes, usualmente vermella ou amarela e negra. Porén, algunhas especies mostran variación no cor só na época de reprodución.[6]

Estes paxaros comen sementes que apañan cos seus robustos picos cónicos. Os niños varían en tamaño, forma, material usado e nas técnicas de construción dunha especie a outra. Os materiais usados para a súa construción inclúen fibras finas de follas, herba e ramiñas. A maioría das especies tecen niños que teñen entradas estreitas, que se dirixen cara a abaixo.[6]

Os tecedores son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. Usualmente son os machos os que tecen o niño, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[6]

Distribución e hábitat editar

Como quedou dito, son paxaros do Vello Mundo, a maioría habitantes da África subsahariana, aínda que algunhas viven en zonas da Asia tropical.

As súas colonias pódense atopar frecuentemente preto de corpos de auga.

Carácter invasor en España editar

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitat e os seus ecosistemas, todas as especies e subespecies do xénero Ploceus[7] foron incluídas no "Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras", aprobado polo Real Decreto 603/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ploceus Cuvier, 1816 no ITIS.
  2. Cuvier, Georges (1816): Le Règne animal distribué d'après son organisation: pour servir de base a l'histoire naturelle des animaux et d'introduction a l'anatomie comparée. Volume 1. Paris: Déterville, páxina 383.
  3. Ploceus no Merriam Webster Unabriged Dictionary.
  4. Ploceus en Zoonomen.
  5. Ploceus naIOC World Bird List, Versión 9.1 (2919), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  6. 6,0 6,1 6,2 Craig, Adrian 2010, pp. 74–197.
  7. Ploceus en "Estas son las 202 especies exóticas invasoras prohibidas en España en teinteresa.es Ciencia. 29-11-2014, Consultada o 19 de abril de 2019.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
  • Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
  • VV. AA. (1986): Enciclopedia Natura de los Animales. Voluma 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427.
  • Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica. Londres, Reino Unido: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, pp. 361-385.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar