Aparello (pesca)

(Redirección desde «Pesqueira (aparello de pesca)»)

Un aparello é un instrumento utilizado para a pesca.[1]

Nasas, uns dos principais aparellos de pesca.

Aínda que moitas veces se coñece como arte de pesca, cómpre distiguir ambos os termos, porque as artes verdadeiras son as redes de arrastre, de deriva ou de fondo, construídas con grandes panos.

Clases de aparellos

editar

Entre os numerosos aparellos de pesca que se untilizan en Galicia para pescar no mar e nos ríos están, entre outros:[2]

 
Unha cana e o seu carrete de fibra de vidro
(circa 1997).
Artigo principal: Cana de pescar.
  • A chumbeira, rede de pesca de forma circular e provista de chumbos arredor, que se utiliza en lugares de pouca profundidade.[8][9]
  • A corda, aparello de pesca que se emprega na captura de peixes como o congro, a dourada e os meixóns.[10]
  • As fisgas, 1. Variña metálica, cunha parte cónica nun extremo, coa que se apañan longueiróns e moluscos similares. 2. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variábel segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar. 3. Parte de determinadas artes de pesca que consiste nunha especie de embude de rede que impide a fuxida dos peixes capturados.[11] 1. Arpón de pesca composto por tres ou máis dentes, fixos pola súa base a unha variña de ferro perpendicular a eles, que leva un mango longo de madeira. 2. Parte da rede de pesca que forma unha especie de embude para non deixar saír o peixe capturado nela. 3. Arte de pesca consistente nunha variña metálica que remata nun engrosamento en forma cónica, que se emprega para coller molucos.[12]
  • A lampreeira, arte que se emprega nos ríos para pescar a lamprea e que consta dunha rede rectangular que se coloca atravesada no río e se deixa arrastrar pola corrente.[13]
  • As nasas.
Artigo principal: Nasa.
  1. aparello, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. Aparellos de pesca en rios-galegos.com.
  3. alxerife no Dicionario de galego de Ir Indo.
  4. angarallo no Dicionario de galego de Ir Indo.
  5. angarello no Dicionario da RAG.
  6. angarello no Dicionario de galego de Ir Indo.
  7. cabeceira, 6ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  8. chumbeira, 2º artigo, 1ª acep., no Dicionario da RAG.
  9. chumbeira, 1º artigo, no Dicionario de galego de Ir Indo.
  10. corda, 7ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  11. fisga no Dicionario da RAG.
  12. fisga no Dicionario de galego de Ir Indo.
  13. lampreeira, 3ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  14. pesco, 2ª acep., e pesqueira, 1ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  15. rañeta, 2ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  16. raño, 2ª acep., no Dicionario da EAG.
  17. raño, 2ª acep., no Dicionario de galego de Ir Indo.
  18. solleira no Dicionario da RAG.
  19. solleira, 1º artigo, no Dicionario de galego de Ir Indo.
  20. trallo, 1ª acep., no Dicionario da RAG.
  21. viturón no Dicionario da RAG.
  22. viturón no Dicionario de galego de Ir Indo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar