Longueirón (molusco)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Longueirón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ensis siliqua (Linnaeus, 1758) [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
|
O longueirón,[3] (Ensis siliqua) é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen siliqua.[4] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.
É comestíbel e moi apreciado gastronomicamente.
Características
editarTen unha cuncha alongada, rectangular, de até 22 cm de lonxitude, coas valvas simétricas, de cor branca azulada, co perióstraco de cor parda nas marxes.[5]
Distribución
editarVive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[5]
É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]
Tamén habita nas costas das illas da Macaronesia.[6]
Bioloxía
editarOs sexos están separados, e é unha especie ovípara.
Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión.
Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.
En Galicia
editarSegundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, sendo moi abundante.
Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ensis siliqua (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ Ficha en Marine species
- ↑ longueirón no dicionario da RAG,
- ↑ Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Rolán e Otero (1996), p. 238.
- ↑ Ardovini & Cossignani (2004).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Longueirón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Longueirón |
Bibliografía
editar- Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X.
- Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
- Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Ensis siliqua en Pesacadegalicia.com. Xunta de Galicia.