Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)

O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE[1] é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

Historia editar

As orixes do grupo parlamentario democristián do Parlamento Europeo hai que buscalas no primeiro momento da historia comunitaria, na creación da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, o 10 de setembro de 1956. Ao comezo do verán do ano seguinte xa existía un grupo parlamentario formado de xeito oficial, aínda que durante eses nove meses os deputados de centro-dereita dos seis estados asinantes cooperaran e traballaran conxuntamente.

Aínda que as formacións iniciais do PPE eran de tradición democristiá, as sucesivas ampliacións da Comunidade Económica Europea, Comunidade Europea e finalmente Unión Europea, levaron o grupo parlamentario do PPE a abrirse a outras tradicións conservadoras e de centro dereita, como as que encarnaban a formación grega de Nova Democracia ou o Partido Popular español, antes de toda a expansión comunitaria cara ao leste. Os conservadores británicos e dinamarqueses tentaron inicialmente manter un grupo parlamentario á parte, que se denominou Demócratas Europeos, pero durante a década dos noventa disolveron a entidade e incorporáronse ao grupo parlamentario do PPE (británicos) e ao grupo e mais ao propio Partido Popular Europeo os dinamarqueses. Pero mentres o grupo se ampliaba (incorporación da Forza Italia de Silvio Berlusconi, por exemplo) aparecían as primeiras fendas importantes causadas polo euroescepticismo.

Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 1999. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a Comisión que presidía Jacques Santer, acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 o Partido Conservador británico e o Partido Democrático Cívico checo abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos Conservadores e Reformistas Europeos o 22 de xuño de 2009. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da Eurocámara.

Cargos de relevancia editar

O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os italianos Alcide de Gasperi (1954) e Giuseppe Pella (1954-56); o alemán Hans Furler, que o fixo en dous períodos, de 1956 a 1958 e de 1960 a 1962, e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o francés Robert Schuman (1958-60); os belgas Jean Duvieusart e Victor Leemans, de 1964 a 1965 e dese ano a 1966, respectivamente; o francés Alain Poher (1966-69); os italianos Mario Scelba (1969-71) e Emilio Colombo (1977-79); o francés Pierre Pflimlin (1984-87); o alemán Egon Klepsch (1992-94); o español|José María Gil-Robles (1997-97); a francesa Nicole Fontaine (1999-02), o alemán Hans-Gert Pöterring (2007-09); e o polaco Jerzy Buzek do 2009 ao 2012, que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.

Ademais, tamén pertenceron ao PPE cinco presidentes da Comisión Europea: o alemán Walter Hallstein, que foi o primeiro presidente da Comisión entre 1958 e 1967, o italiano Franco Maria Malfatti de 1970 a 1972, o francés François-Xavier Ortoli, entre 1973 e 1977, o luxemburgués Jacques Santer (1995-1999), e o portugués José Manuel Durão Barroso, que estivo no posto entre 2004 e 2014 e que é o segundo presidente de máis duración no cargo por detrás do socialdemócrata Jacques Delors.

Organización editar

O PPE ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.

Os presidentes do grupo do PPE foron:

Número Presidente País Partido Desde Ata
1. Maan Sassen   Partido Popular Católico 1953 1958
2. Pierre Wigny   Partido Socialcristián 1958 1958
3. Alain Poher   Movemento Republicano Popular 1958 1966
4. Joseph Illerhaus   Unión Demócrata Cristiá (CDU) 1966 1969
5. Hans Lückerl   Unión Demócrata Cristiá (CDU) 1969 1975
6. Alfred Bertrand   Partido Popular Cristián 1975 1977
7. Egon Klepsch   Unión Demócrata Cristiá (CDU) 1977 1982
8. Paolo Barbi   Democracia Cristiá (DC) 1982 1984
9. Egon Klepsch   Unión Demócrata Cristiá (CDU) 1984 1992
10. Leo Tindemans   Partido Popular Cristián 1992 1994
11. Wilfred Martens   Partido Popular Cristián 1994 1999
12. Hans Gert Pöttering   Unión Demócrata Cristiá (CDU) 1999 2007
13. Joseph Daul   Unión por un Movemento Popular (UMP) 2007 actualidade

Parlamentarios editar

Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do EPP, logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.

País Partido 1979 1984 1989 1994 1999 2004 2009 2014 Total Total por estado
  Alemaña Unión Demócrata Cristiá de Alemaña 34 34 25 39 43 40 34 249
Unión Social Cristiá de Baviera 8 7 7 8 10 9 8 57 306
  Austria Partido Popular Austríaco 7 6 6 19 19
  Bélxica Partido Socialcristián 1 1 1 1 19
Democristiáns de Flandres 7 4 5 4 3 3 3 29
Nova Alianza Flamenga 1 1
Fronte Democrática Francófona 1 1
Centro Demócrata Humanista 3 2 2 2 1 1 1 12 43
  Bulgaria Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria 5 5
Unión de Forzas Democráticas 1 1 6
  República Checa Unión Cristiá Demócrata - Partido Popular Checo 2 2 4
Partido Democrático Cívico 9 9
Unión de Independentes - Demócratas Europeos 3 3 16
  Chipre Reagrupación Democrática 2 2 4
Partido Europeo 1 0 1 5
  Croacia Unión Democrática Croata
  Dinamarca Partido Popular Conservador 1 4 2 3 1 1 1 13
Demócratas de Centro 1 1 14
  Eslovaquia Unión Demócrata Cristiá Eslovaca - Partido Democrático 3 2 5
Movemento Cristianodemócrata 3 2 5
Coalición Húngara 2 2 4 14
  Eslovenia Partido Democrático Esloveno 2 2 4
Nova Eslovenia 2 1 3 7
  España Partido Popular 15 28 27 24 23 117
Unión Democrática de Cataluña 1 1 1 3 120
  Estonia Unión pola Patria e a Res Pública 1 1 2 2
  Finlandia Coalición Nacional 4 4 3 11
Cristianodemócratas 1 0 1 2 13
  Francia Unión pola Democracia Francesa 8 9 12 13 9 51
Centro Nacional de Independentes e Labregos 1 1
Democracia Liberal 6 6
Reagrupamento pola República 12 12
Unión por un Movemento Popular 17 24 31
Novo Centro 3 3
Esquerda Moderna 2 2 106
  Grecia Nova Democracia 9 10 9 9 11 8 56 56
  Hungría Alianza da Mocidade Demócrata (FIDESz) 12 12 24
Partido Popular Cristianodemócrata 1 1
Forum Demócrata Húngaro 1 1 26
  Irlanda Fine Gael 4 6 4 4 4 5 4 31
Independente: Dana Rosemary Scallon 1 1 32
  Italia Democracia Cristiá 29 26 26 51
Partido Popular do Tirol do Sur 1 1 1 1 1 1 1 7
Partido Popular Italiano 8 4 12
Pacto Segni 3 3
Forza Italia 22 16 38
Centro Cristián Democrático 2 2
Cristianodemócratas Unidos 2 5 7
Unión de Demócratas por Europa 1 1 1
Renovación Italiana 1 1
Partido dos Pensionistas 1 1 2
Unión de Centro 5 5 10
O Pobo da Liberdade 29 29 153
  Letonia Partido da Nova Era 2 1 3
Partido Popular 1 1
Unión Cívica 2 2 6
  Lituania Unión Patriótica - Democratacristiáns de Lituania 2 4 6 6
  Luxemburgo Partido Popular Socialcristián 3 3 3 2 2 3 3 19 19
  Malta Partido Nacionalista 2 2 4 4
  Países Baixos Chamada Demócrata Cristiá 10 10 8 10 9 7 5 59 59
  Polonia Plataforma Cívica 15 25 40
Partido Popular Polaco 4 3 7 47
  Portugal Centro Democrático Social - Partido Popular 3 2 2 7
Partido Socialdemócrata 1 9 7 8 25 32
  Reino Unido Partido Unionista do Ulster 1 1 1 1 4
Partido Conservador 18 36 27 82
  Romanía Partido Demócrata Liberal 11 11
Unión Demócrata dos Húngaros de Romanía 3 3 14
  Suecia Coalición Moderada 5 4 4 13
Democristiáns 2 1 1 4 17

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar