Democracia cristiá

(Redirección desde «Democristián»)

A democracia cristiá é unha ideoloxía política que existe desde os derradeiros anos do século XIX, cando o papa León XIII escribiu a encíclica Rerum Novarum, unha resposta ó socialismo e ós novos sindicatos na cal o Vaticano recoñeceu as privacións do traballador e se dispuxo a alivialas.

A Igrexa Católica aclarou a súa posición ó respecto na Quadragesimo Anno, unha encíclica feita polo papa Pío XI en 1931. Aínda que hai moitas formas de democracia cristiá, xeralmente están de acordo en certas materias. A súa idea do Estado non corresponde á dos liberais: debe ser descentralizado e estar composto de varios conxuntos, pero debe ter unha capacidade indiscutible. Os demócratas cristiáns cren que a sociedade debe ser responsable pola economía, pero non discuten os principios do capitalismo. A democracia cristiá seméllase máis ó socialismo cristián en que cre que o deber do Estado é coidar polos seus cidadáns.

Os democristiáns xeralmente seguen a posición do Vaticano en temas morais. Non obstante, a maioría deles aceptan o divorcio e o goberno secular.

A democracia cristiá foi máis prominente en Italia, Alemaña e Suramérica, destacando Chile, país que tivo tres presidentes desa tendencia: Eduardo Frei Montalva (1964-1970), Patricio Aylwin Azócar (1990-1994), Eduardo Frei Ruiz-Tagle (1994-2000).

O partido político que actualmente controla Turquía pódese describir como democracia musulmá.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.