Parque nacional Etosha

Coordenadas: 18°56′43″S 15°53′52″L / -18.94528, -15.89778

Parque nacional Etosha
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 1907
Superficie: 22 270 km2
Lexislación:
Datos de interese
País: Namibia Namibia
Provincias: Kunene
Concellos: {{{Concellos}}}
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque nacional Etosha, situado en Namibia, é un dos máis grandes do mundo, cunha extensión de 22 270 km². Ten forma oblonga, cunha lonxitude máxima de leste a oeste de 350 km.

Localicación do Parque nacional en Namibia

Etimoloxía editar

O termo Etosha en oshiwambo significa "o gran lugar branco", polo aspecto que lle da a esta gran planicie a cor do sal (en realidade, carbonato de calcio e magnesio) depositada na súa superficie.

 
Antidorcas marsupialis na sabana arbustiva de Etosha
 
Animais nunha depresión do parque

Ecosistemas editar

O parque está formado por dous ecosistemas principais: o bosque baixo con matogueira e a sabana, que abarcan un contorno de máis de 100 000 km², e as depresións salobres de Etosha (chamadas pan en inglés), lagoas sagadas secas, que se inundaron hai tempo pola afluencia dun río, probabelmente o Kunene, que hoxe desemboca no mar. A depresión máis importante e que dá nome ao parque é a de Etosha, situada ao nordeste do parque, cunha extensión de máis de 4 800 km²,[1] e unhas dimensións de 120 por 55 km de leste a oeste e de norte a sur, respectivamente.

Hai outras depresións no parque e fóra del que, sumadas á de Etosha, alcanzan unha superficie de case 7 000 km². O parque, composto por unha inmensa planicie, está bordeado polo sur polas montañas Ondundozonananandana, nome nativo que significa "lugar onde o muchacho perdeu ao seu rabaño", probabelmente a causa dun leopardo.

Accesos editar

O acceso ao parque pode realizarse por dúas entradas principais: a de Namutoni (Von Lindequist Gate), ao leste, e a de Okakuejo (Anderson Gate), ao sur, a 435 e 535 km respectivamente de Windhoek. O resto do parque, salvo a menos usada King Nehale Gate, ao norte, está valado. Ao redor do parque encóntranse varias reservas de caza privadas.

Fauna editar

No interior do parque contabilizáronse 114 especies de mamíferos, 340 de aves, 110 de réptiles, 16 de anfibios e unha dun peixe bastante sorprendente. Entre os grandes mamíferos contáronse 250 leóns, 300 rinocerontes, 2 000 elefantes, 2 500 xirafas e 6 000 cebras.

O máis abundante é a gacela Antidorcas marsupialis, coñecida como springbok, da cal hai máis de 20 000 exemplares.

Historia editar

O parque foi creado polo gobernador da colonia da África do Suroeste alemá (Deutsch-Südwestafrika), Friedrich von Lindequist, o 22 de marzo de 1907, e daquela contaba cunha extensión de case cen mil quilómetros cadrados, que englobaban o actual parque e gran parte de Kaokoland, co nome de Reserva de caza 2. Naquel tempo, a fauna era moito máis abundante que na actualidade, pois a rexión estaba practicamente deshabitada e era moi ácil ver rinocerontes en pleno día.

Tras a primeira guerra mundial, Namibia adquiriu o nome de África do Suroeste e pasou a ser colonia de Suráfrica até a súa independencia en 1991. En 1947 os surafricanos crearon no noroeste do país o bantustán de Kaokoland para resituar aos hereros, que vivían máis ao sur e ofrecerlle un país aos himbas, que vivían na fronteira con Angola, lonxe das riquezas das zonas habitadas polos brancos. Para iso houbo que reducir a extensión do parque, que chegaba entón até a Costa dos Esqueletos, na beira do mar, e cortaba prcticamente o país en dous.

En 1962 a Comisión Odendaal reduciu novamente a extensión do parque, cortando definitivamente a conexión de Etosha co mar e impedindo as migracións anuais dos elefantes.

Actualmente está en proceso a creación dun parque na rexión de Kunene (noroeste de Namibia), o que ampliaría Etosha cara ao oeste ao engadirllle as concesións de Palmwag (5 900 km²), Etendeka (507 km²) e Hobatere (260 km²). Entre as tres, calcúlas que conteñen uns mil elefantes do deserto, cen leóns e 150 rinocerontes negros.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar