Bantustán

Territorio destinado a habitantes negros de Suráfrica e da África do Suroeste (hoxe Namibia), como parte da política do apartheid

Bantustán é o termo que designa cada un dos vinte territorios que operaron como reservas tribais de habitantes negros en Suráfrica e África do Suroeste (actual Namibia), no marco das políticas segregacionistas impostas durante época do apartheid[1] tanto na República Surafricana como no territorio adxunto da África do Suroeste, daquela baixo a ocupación e administración surafricana.

Mapa de Suráfrica e da África do Suroeste (actual Namibia), que mostra os bantustáns creados en ambos os dous países.

Historia editar

Establecéronse, nos vinte bantustáns, dez reservas desta clase, destinadas a aloxar e concentrar no seu interior poboacións etnicamente homoxéneas.

Desde os inicios, en 1959, da implementación legal do concepto, até o seu desmantelamento final en 1994, algúns bantustanes recibiron independencia nominal (Transkei, Venda, Bofutatsuana e Ciskei, en Suráfrica, e Ovambolandia, Kavangolandia e Caprivi do Leste, en África do Suroeste. Porén, a ningún deles lle foi recoñecida internacionalmente a condición de nación soberana; só foron admitidos nestes termos pola propia Suráfrica e, reciprocamente, entre eles mesmos. Outros, como KwaZulu, Lebowa e QwaQwa, permaneceron nunha condición de relativa autonomía administrativa, pero nunca foron declarados independentes.

Etimoloxía editar

A palabra "bantustán" comezou a utilizarse en 1940. Ten a súa orixe en bantú (que significa "xente" nas linguas bantús) e no sufixo -stan ("terra de", en lingua persa, en forma similar á terminación -land de orixe xermánico).

Este era un termo usado polos críticos dos gobernos do apartheid, en oposición á expresión homelands ("patrias"), que era a promovida polo discurso oficial para designar o mesmo fenómeno.

O termo "bantustán" na actualidade editar

Na actualidade o termo "bantustán" emprégase a miúdo con intención pexorativa, cando se pretende aludir a un país ou rexión carente de lexitimidade, que emerxe produto dun proceso de gerrymandering. O termo volveu a alcanzar gran difusión, aparecendo sobre todo en forma extrapolada; por exemplo, en discursos críticos ás políticas israelís para cos territorios Palestinos da Franxa de Gaza e de Cisxordania e, particularmente, en relación á "barreira israelí de Cisxordania", chamada polos seus detractores "o muro do apartheid" ou "o muro da vergonza".

Notas editar

  1. "bantustán". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 273. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.