Inhibidor do activador do plasminóxeno 1

(Redirección desde «PAI1»)

O inhibidor do activador do plasminóxeno 1 (PAI-1), tamén chamado inhibidor do activador do plasminóxeno endotelial ou serpina E1 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene SERPINE1, situado no cromosoma 7. Ter niveis elevados de PAI-1 é un factor de risco para a trombose e a aterosclerose[1]

SERPINE1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Símbolos8583 SERPINE1, PAI, PAI-1, PAI1, PLANH1, serpina familia E membro 1
Identificadores
externos
LocusCr. 7 q22.1
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
5054 18787
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P05121 P22777
RefSeq
(ARNm)
NM_001165413 NM_008871
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000593 NP_032897
Localización (UCSC)
Cr. 7:
101.13 – 101.14 Mb
Cr. 5:
137.06 – 137.07 Mb
PubMed (Busca)
5054


18787

O PAI-1 é un inhibidor de serina proteases (serpina) que funciona como o inhibidor principal do activador do plasminóxeno tisular (tPA) e da uroquinase (uPA), que son os activadores do plasminóxeno e da fibrinólise (destrución fisiolóxica dos coágulos sanguíneos).

Existe outro PAI chamado inhibidor do activador do plasminóxeno 2 (PAI-2), que é segregado pola placenta e só se presenta en cantidades significativas durante o embarazo. Ademais, a protease nexina actúa como inhibidor do tPA e da uroquinase. Porén, o PAI-1 é o principal dos inhibidores dos activadores do plasminóxeno.

Xenética editar

O xene que codifica o PAI-1 denomínase SERPINE1 e está localizado no cromosoma 7 (7q21.3-q22). É un xene 12,2 kb de longo con 9 exóns, que presenta un polimorfismo común chamado 4G/5G na rexión promotora. O alelo 5G é lixeiramente menos activo transcricionalmente que o 4G.[2]

Función editar

A principal función do PAI-1 é a inhibición do activador do plasminóxeno uroquinase (uPA) e o activador do plasminóxeno tisular (tPA), encimas responsables da clivaxe do plasminóxeno para formar plasmina. A plasmina media a degradación da matriz extracelular por si soa ou en conxunción con metaloproteinases da matriz. Nesa situación o PAI-1 inhibe a uPA ao unirse ao seu sitio activo, impedindo formación de plasmina. Unha inhibición adicional realízaa o PAI-1 uníndose ao complexo receptor uPA/uPA, o que ten como resultado a súa posterior degradación.[3] Así, pode dicirse que o PAI inhibe as serina proteases tPA e uPA/uroquinase, e, por tanto, é un inhibidor da fibrinólise, o proceso fisiolóxico por medio o que se degradan os coágulos. Ademais, o PAI-1 inhibe a actividade de metaloproteinases da matriz, que xogan un papel crucial na invasión de células malignas pola lámina basal.

O PAI-1 prodúcese principalmente nas células do endotelio (as células que tapizan o interior dos vasos sanguíneos), pero tamén a segregan outro tipo de tecidos, como o tecido adiposo.

 
Fibrinólise (simplificada). As frechas azuis indican estimulación e as vermellas inhibición.

Papel en enfermidades editar

Na deficiencia conxénita de PAI-1 a fibrinólise non é suprimida debidamente, polo que orixina diatese hemorráxica (tendencia ás hemorraxias).

O nivel de PAI-1 está aumentado en varios estados de enfermidade (como en diversos tipos de cancro), e na obesidade e a síndrome metabólica. Foi ligdo a un aumento da aparición da trombose en pacientes con esas condicións.

En condicións inflamatorias nas que a fibrina se deposita nos tecidos, o PAI-1 parece xogar un papel significativo na progresión da fibrose (formación patolóxica de tecido conectivo). Porén, probablemente, os niveis de PAI máis baixos orixinan unha menor supresión da fibrinólise e unha degradación máis rápida da fibrina.

A anxiotensina II incrementa a síntese de PAI-1, polo que acelera o desenvolvemento de aterosclerose.

Farmacoloxía editar

Interaccións editar

O inhibidor do activador do plasminóxeno 1 interacciona con ORM1.[6]

Notas editar

  1. Vaughan DE (August 2005). "PAI-1 and atherothrombosis". Journal of Thrombosis and Haemostasis 3 (8): 1879–83. PMID 16102055. doi:10.1111/j.1538-7836.2005.01420.x. 
  2. OMIM SERPINE1
  3. Carter JC, Church FC (2009). "Obesity and breast cancer: the roles of peroxisome proliferator-activated receptor-γ and plasminogen activator inhibitor-1". PPAR Research 2009: 345320. PMC 2723729. PMID 19672469. doi:10.1155/2009/345320. 
  4. Elokdah H, Abou-Gharbia M, Hennan JK, McFarlane G, Mugford CP, Krishnamurthy G, Crandall DL (July 2004). "Tiplaxtinin, a novel, orally efficacious inhibitor of plasminogen activator inhibitor-1: design, synthesis, and preclinical characterization". Journal of Medicinal Chemistry 47 (14): 3491–4. PMID 15214776. doi:10.1021/jm049766q. 
  5. Pautus S, Alami M, Adam F, Bernadat G, Lawrence DA, De Carvalho A, Ferry G, Rupin A, Hamze A, Champy P, Bonneau N, Gloanec P, Peglion JL, Brion JD, Bianchini EP, Borgel D (2016). "Characterization of the Annonaceous acetogenin, annonacinone, a natural product inhibitor of plasminogen activator inhibitor-1". Scientific Reports 6: 36462. PMC 5120274. PMID 27876785. doi:10.1038/srep36462. 
  6. Boncela J, Papiewska I, Fijalkowska I, Walkowiak B, Cierniewski CS (September 2001). "Acute phase protein alpha 1-acid glycoprotein interacts with plasminogen activator inhibitor type 1 and stabilizes its inhibitory activity". The Journal of Biological Chemistry 276 (38): 35305–11. PMID 11418606. doi:10.1074/jbc.M104028200. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Mimuro J (May 1991). "[Type 1 plasminogen activator inhibitor: its role in biological reactions]". [Rinshō Ketsueki] the Japanese Journal of Clinical Hematology 32 (5): 487–9. PMID 1870265. 
  • Binder BR, Christ G, Gruber F, Grubic N, Hufnagl P, Krebs M, Mihaly J, Prager GW (April 2002). "Plasminogen activator inhibitor 1: physiological and pathophysiological roles". News in Physiological Sciences 17: 56–61. PMID 11909993. 
  • Eddy AA (August 2002). "Plasminogen activator inhibitor-1 and the kidney". American Journal of Physiology. Renal Physiology 283 (2): F209–20. PMID 12110504. doi:10.1152/ajprenal.00032.2002. 
  • Wang J, Li J, Liu Q (August 2005). "Association between platelet activation and fibrinolysis in acute stroke patients". Neurosci. Lett. 384 (3): 305–9. PMID 15916851. doi:10.1016/j.neulet.2005.04.090. 
  • Schroeck F, Arroyo de Prada N, Sperl S, Schmitt M, Viktor M (2003). "Interaction of plasminogen activator inhibitor type-1 (PAI-1) with vitronectin (Vn): mapping the binding sites on PAI-1 and Vn". Biological Chemistry 383 (7-8): 1143–9. PMID 12437099. doi:10.1515/BC.2002.125. 
  • Gils A, Declerck PJ (March 2004). "The structural basis for the pathophysiological relevance of PAI-I in cardiovascular diseases and the development of potential PAI-I inhibitors". Thrombosis and Haemostasis 91 (3): 425–37. PMID 14983217. doi:10.1160/TH03-12-0764. 
  • Durand MK, Bødker JS, Christensen A, Dupont DM, Hansen M, Jensen JK, Kjelgaard S, Mathiasen L, Pedersen KE, Skeldal S, Wind T, Andreasen PA (March 2004). "Plasminogen activator inhibitor-I and tumour growth, invasion, and metastasis". Thrombosis and Haemostasis 91 (3): 438–49. PMID 14983218. doi:10.1160/TH03-12-0784. 
  • Harbeck N, Kates RE, Gauger K, Willems A, Kiechle M, Magdolen V, Schmitt M (March 2004). "Urokinase-type plasminogen activator (uPA) and its inhibitor PAI-I: novel tumor-derived factors with a high prognostic and predictive impact in breast cancer". Thrombosis and Haemostasis 91 (3): 450–6. PMID 14983219. doi:10.1160/TH03-12-0798. 
  • Hertig A, Rondeau E (January 2004). "Plasminogen activator inhibitor type 1: the two faces of the same coin". Current Opinion in Nephrology and Hypertension 13 (1): 39–44. PMID 15090858. doi:10.1097/00041552-200401000-00006. 
  • Hoekstra T, Geleijnse JM, Schouten EG, Kluft C (May 2004). "Plasminogen activator inhibitor-type 1: its plasma determinants and relation with cardiovascular risk". Thrombosis and Haemostasis 91 (5): 861–72. PMID 15116245. doi:10.1160/TH03-08-0546. 
  • Lijnen HR (January 2005). "Pleiotropic functions of plasminogen activator inhibitor-1". Journal of Thrombosis and Haemostasis 3 (1): 35–45. PMID 15634264. doi:10.1111/j.1538-7836.2004.00827.x. 
  • De Taeye B, Smith LH, Vaughan DE (April 2005). "Plasminogen activator inhibitor-1: a common denominator in obesity, diabetes and cardiovascular disease". Current Opinion in Pharmacology 5 (2): 149–54. PMID 15780823. doi:10.1016/j.coph.2005.01.007. 
  • Dellas C, Loskutoff DJ (April 2005). "Historical analysis of PAI-1 from its discovery to its potential role in cell motility and disease". Thrombosis and Haemostasis 93 (4): 631–40. PMID 15841306. doi:10.1160/TH05-01-0033. 
  • Könsgen D, Mustea A, Lichtenegger W, Sehouli J (June 2005). "[Role of PAI-1 in gynaecological malignancies]". Zentralblatt für Gynäkologie 127 (3): 125–31. PMID 15915389. doi:10.1055/s-2005-836407. 
  • Hermans PW, Hazelzet JA (November 2005). "Plasminogen activator inhibitor type 1 gene polymorphism and sepsis". Clinical Infectious Diseases. 41 Suppl 7: S453–8. PMID 16237647. doi:10.1086/431996. 
  • Alessi MC, Poggi M, Juhan-Vague I (June 2007). "Plasminogen activator inhibitor-1, adipose tissue and insulin resistance". Current Opinion in Lipidology 18 (3): 240–5. PMID 17495595. doi:10.1097/MOL.0b013e32814e6d29. 

Ligazóns externas editar