Protein Data Bank
O Protein Data Bank ou PDB (Banco de Datos de Proteínas) é unha base de datos en Internet coa estrutura tridimensional das proteínas e os ácidos nucleicos, que se atopan baixo licenza de dominio público e poden ser empregados libremente.
Protein Data Bank | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | crystallographic database (en) ![]() ![]() | ||
Personalidades | |||
Operador/a | Worldwide Protein Data Bank (en) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1971 ![]() | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | wwpdb.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO PDB foi fundado no 1971 polos doutores Edgar Meyer e Walter Hamilton, do Brookhaven National Laboratory. No 1988, a xestión da base de datos foi transferida ao Research Collaboratory for Structural Bioinformatics (RCSB); actualmente a sede do proxecto se atopa na Universidade de Rutgers e está dirixido por Helen M. Berman.
Cando se fundou, o PDB contaba só con sete estruturas de proteínas. Dende entón, experimentou un crecemento exponencial[1] no seu número de estruturas, analizado por diversos estudos.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2014.