En bioloxía un locus (plural loci) é unha posición fixa nun cromosoma, como a posición dun xene. Unha variante da secuencia de ADN en determinado locus denomínase alelo. A lista ordenada de loci coñecidos para un xenoma en concreto é un mapa xenético. O mapeado xenético é o proceso de determinar o locus para un certo trazo biolóxico.

Exemplo de loci do cromosoma 22. Nótase a división en dúas partes, que constitúen o brazo curto e o brazo longo do cromosoma. O punto que divide os dous brazos constitúe o centrómero.

As células diploides e poliploides que teñen o mesmo alelo nun locus do cromosoma son homocigotos para ese xene, mentres que as que teñen diferentes alelos nese locus son heterocigotos.

Nomenclatura

editar

Os locus cromosómicos dun xene pódense escribir "6p21.3".

Compoñente Explicación
6 O número do cromosoma.
p A posición está no brazo curto do cromosoma(p de petit en Francés); q indica o brazo longo.
21.3 Os números a continuación da letra representan a posición no brazo: banda 21, sub-banda 3. As bandas son visibles no microscopio cando o cromosoma está apropiadamente tinxido. Cada banda numérase empezando polo 1 para a banda máis preto do centrómero. As sub-bandas e sub-sub-bandas vense a maior resolución

O rango de localizacións especifícase de forma similar. Por exemplo, o locus do xene OCA1 pode escribirse "11q1.4-q2.1", que indica o brazo longo do cromosoma 11, nun punto entre a sub-banda 4 da banda 1 e a sub-banda 1 da banda 2.

Os finais dos cromosomas etiquétanse como "ptel" e "qtel", e así "2qtel" refírese ó telómero do brazo longo do cromosoma 2.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar