Percy Gardner

arqueólogo e numismático inglés
(Redirección desde «P. Gardner»)


Percy Gardner, nado o 24 de novembro de 1846 en Londres e finado o 17 de xullo de 1937 en Oxford, foi un arqueólogo clásico e numismático inglés, profesor das universidades de Cambridge e de Oxford.[1]

Infotaula de personaPercy Gardner
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1846
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 1937 (90 anos)
Oxford.
Inglaterra
Disney Professor of Archaeology (en) Traducir
1879 – 1887
← Churchill Babington (pt) TraducirForrest Browne (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
RelixiónAnglicanismo
Educación Christ's College
. Universidade de Cambridge
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
OcupaciónCorredor de bolsa , profesor universitario , numismático , arqueólogo clásico , antropólogo , historiador da arte , erudito clásico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Cambridge
Museo Británico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAgnes Reid.
IrmánsErnest Arthur Gardner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
(1889): Medalla da RNS.

Traxectoria editar

Infancia e formación editar

Gardner naceu no distrito londiniense de Hackney o 24 de novembro de 1846, terceiro fillo do corredor de bolsa Thomas Gardner e a súa muller Ann Pearse.[2] Estudou na City of London School ata os 15 anos, cando se uniu ao seu pai nos negocios bolsísticos.[3]

En 1865 matriculouse no Christ's College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1869 en Estudos Clásicos e Ciencias Morais.[3] En 1870 foi beneficiario da bolsa Whewell, da mesma universidade, en dereito internacional.[2]

Carreira académica editar

En 1871 ingresou como axudante no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou ata 1887. Nese período colaborou na redacción dos primeiros catálogos das coleccións de moeda grega do museo, xunto con R. S. Poole e Barclay V. Head, e tamén se ocupou da dirección editorial da revista The Journal of Hellenic Studies (1879-1895).[3]

En 1872 comezou a docencia no Christ's College, de Cambridge.[2] Alí accedeu ao posto de profesor titular de Arqueoloxía en 1879, que abandonou en 1886 para se trasladar á Universidade de Oxford, como profesor titular de arqueoloxía Clásica, entre 1897 e o seu retiro en 1925.[3] Ao longo de todo o seu período académico dedicouse moi intensamente ao estudo da arte antiga, sinaladamente a grega.[4]

Nesta última etapa, tamén se converteu nun estudoso relevante da temática bíblica, sobre a que deixou numerosas publicacións.[4]

Entre outras entidades de carácter académico, Gardner foi elixido membro da Academia Británica en 1903[5] e membro honorífico estranxeiro do Archaeological Institute of America.[6] En 1905, Gardner foi o representante británico no Congreso Arqueolóxico de Atenas e, ata 1911, foi o presidente da Sociedade para a Promoción dos Estudos Helénicos, de Londres. En 1914 foi nomeado membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.[7]

Vida familiar editar

Gardner estivo casado con Agnes Reid ata a ruptura do seu matrimonio en 1874.[3]

A súa irmá, Alice Gardner, foi historiadora e o seu irmán, Ernest Arthur Gardner, dedicouse coma el á arqueoloxía.[4][8]

Percy Gardner faleceu en Oxford o 17 de xullo de 1937.[3]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Sobre numismática editar

Sobre arte e historia antigas editar

Sobre relixión editar

Notas editar

  1. Venn, J. A. (1947).
  2. 2,0 2,1 2,2 Toynbee, J. M. C.; Major, H. D. A. (2004).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Gardner, Percy". Dictionary of Art Historians.
  4. 4,0 4,1 4,2 Chisholm, H. (1911).
  5. "GARDNER, Professor". British Academy Fellows.
  6. "Foreign Honorary Members, Archaeological Institute of American". American Journal of Archaeology. 7: 50-162. 1903.
  7. Picard, C. (1939). Páxina 291.
  8. Sutherland, G. (2004). "Gardner, Alice (1854-1927)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
  9. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  10. Oman, C. W. C. (1883). "Review of Types of Greek Coins by Percy Gardner". The Academy. 23 (577): 371–372.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar