Abrir o menú principal

Otón de Habsburgo-Lorena

(Redirixido desde "Otón de Habsburgo")

Otón de Habsburgo-Lorena e Borbón-Parma (en alemán: Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma), nado en Villa Warholz, Reichenau an der Rax, Baixa Austria o 20 de novembro de 1912 e finado en Pöcking, Baviera, Alemaña o 4 de xullo de 2011),[1] foi o fillo maior de Carlos I de Austria e IV de Hungría, último emperador de Austria e rei de Hungría, e da súa esposa Zita de Borbón-Parma.

Otón de Habsburgo-Lorena
Oliver Mark - Otto Habsburg-Lothringen, Pöcking 2006.jpg
Nome completoFranz Joseph Otto Robert Maria Anton Karl Max Heinrich Sixtus Xaver Felix Renatus Ludwig Gaetan Pius Ignatius Habsburg-Lothringen
Nacemento20 de novembro de 1912
 Reichenau an der Rax
Falecemento4 de xullo de 2011
 Pöcking
SoterradoCripta Imperial de Viena
NacionalidadeAlemaña, Hungría e Austria
Relixióncatolicismo
Alma máterBenedictine High School of Pannonhalma e Old University of Leuven
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos I de Austria
NaiZita de Bourbon-Parma
CónxuxePrincess Regina of Saxe-Meiningen
FillosAndréa, Condessa Herdeira de Neipperg, Mônica, Duquesa de Santángelo, Michaela de Habsburgo-Lorena, Gabriela da Áustria, Valburga, Condessa Douglas, Carlos de Habsburgo-Lorena e Georg von Habsburg
IrmánsArchduchess Elisabeth of Austria, Archduchess Charlotte of Austria, Roberto da Áustria-Este, Archduke Rudolf of Austria, Archduke Carl Ludwig of Austria, Archduke Felix of Austria e Adelaide da Áustria (1914–1971)
Premioscabaleiro da gran cruz da orde de san Gregorio, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Bavarian Order of Merit, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Justos entre as nações, Order of Saint Hubert, Escudo Silesiano, Knight Grand Cross of the Order of St. Sylvester, Order of the Three Stars, 3rd Class, Broquette-Gonin prize, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Order of the Cross of Terra Mariana, 1st Class, Gran cruz da Lexión de Honor, Order of the Gold Lion of the House of Nassau, Commander of the Order of the Grand Duke Gediminas, Honorary citizen of Gyula, sen etiquetar e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Otto von Habsburg Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Otón de Habsburgo-Lorena en 2004.

Liderou durante 85 anos (de 1922 a 2007) a dinastía Habsburgo e foi o titular de todas as sús pretensións. Renunciou aos seus dereitos o 1 de xaneiro de 2007 a favor de seu fillo o arquiduque Carlos. Dinasticamente foi sobriño bisneto de Francisco Xosé I, emperador de Austria-Hungría, de Maximiliano I de México e do arquiduque Luís Vitor de Austria.

Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real Francisco Xosé Otón Roberto María Antonio Carlos Maximiliano Henrique Sixto Xavier Félix Renato Luís Caetano Pío Ignacio, Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde 1919 (confirmado en 1959) en Austria foi oficialmente o Dr. Otto Habsburg-Lothringen.

Político, periodista e escritor, foi durante vinte anos (1979-1999), membro do Parlamento Europeo polo partido Unión Social Cristiá de Baviera (CSU) e presidente da Unión Internacional Paneuropea. Tivo as cidadanías austríaca, húngara, alemá e croata.

AntepasadosEditar

Predecesor:
Arquiduque Carlos de Austria-Este, Duque Títular de Módena
Herdeiro ao trono austrohúngaro
1916 - 1918
Sucesor:
Predecesor:
Emperador Carlos I de Austria
Pretendente ao trono austrohúngaro
1922 - 2007
Sucesor:
Arquiduque Carlos de Austria

NotasEditar

  1. Fallece Otto von Hasburg Diario El Muindo (España), 4-7-2011.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.