O Castro de Morgade, Carballedo, Carballedo
Coordenadas: 42°30′18.7″N 7°51′17.7″O / 42.505194, -7.854917
O Castro de Morgade é un lugar da parroquia de Santa María de Carballedo, no concello lugués de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 8 habitantes, 4 mulleres e 4 homes.
O Castro de Morgade | |
---|---|
Parroquia | Carballedo |
Concello | Carballedo |
Poboación | (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
ToponimiaEditar
O topónimo deriva do latín castrum, fortaleza + un nome relativo ao antropónimo maurecatus[1].
PatrimonioEditar
O castro dá nome ao lugar e nel durante as labras agrícolas levantáronse pedras de muíños e algunha outra pedra labrada parecida a unha cola de cabalo cunha inscrición. Presenta na parte N-NO monte baixo moi mesto e pódese apreciar, aínda que con dificultades un foso de 1m de fondo por 1,5 de ancho, aproximadamente. Existen lendas sobre mouros e unha delas fai referencia á existencia neste lugar dun gran tesouro, gardado por un xigante.[2]
NotasEditar
- ↑ "Toponimia do concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 21/09/2017.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico". Concello de Carballedo. Consultado o 22/09/2017.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CarballedoEditar
Lugares da parroquia de Carballedo no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Alence | O Alto de Bustelo | Bustelo de Abaixo | Bustelo de Arriba | Carballedo | Casares | O Castro de Morgade | Ceides | O Curuxeiro | Frameán | Lamas | Morgade | Outeiro | A Pontepedriña | San Pedro | O Veredo | Vila |